Persoa: José Rodríguez “Vázquez de Calo”

Persoa: José Rodríguez “Vázquez de Calo” [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1953-04-01
Carta de Piñeiro a Seoane. 1953
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Piñeiro a Seoane. 1953 en 01/04/1953

Compostela, 1º de abril do 1953

Meu querido amigo:
O domingo viñeron o del Riego e máis Evelina a pasar dous dias eiquí en Santiago. O Paco aproveitou a ocasión pra me decir que tiña recibido carta tua e que estabas estranado do meu persistente silenzo. Ó mesmo tempo, o bó do Paco reprochábame isa aititude, sobre todo –alegaba il– porque non se corresponde co-a realidade da miña viva estimanza por todo o que tí fas. Tiven que acrararlle ben as cousas pra que se convencese de que non había o máis lixeiro motivo de reproche. Agora quero tamén acrararchas a tí, pois d-ise xeito quedo eu máis tranquío.
Teño que comezar por che decir que eu escribinche a tí en dúas ocasións distintas –a pirmeira, por Perfecto López, a segunda, o vran pasado por correo aéreo– i-endexamáis tiven resposta. Tamén che mandei unha separata do meu ensaio Siñificado metafísico da saudade adicada e non tiven noticia de que a recibises. Sei que o Abraira traguía unha carta tua pra mín, pro isa carta perdeuse no Atlántico e non chegou ás miñas mans. Con todo, eu escribinche no vran pasado unha carta ben espresiva da que tampouco tiven resposta. Tanto ista carta como anteriormente a separata adicada do meu ensaio, mandeichas ás señas da revista Galicia, pois eu non conocía outras. A pirmeira cousa tua que recibín foi Paradojas de la Torre de Marfil, que ma entregou Vázquez da Xesta no mes de Noviembre, e dispois chegoume por correo Fardel de eisilado. Retraseime algo en escribirche porque cando Vázquez me entregou o pirmeiro libro, eu acababa de me casar e poucos dias despois morreu a nai da miña muller, acontecemento que nos obrigou a ausentarnos novamente de Galicia. Entre ambas ausencias, prodúxose un considerabel trastorno na regularidade da miña correspondenza. Cando restablecín a normalidade nas miñas aitividás epistolares, escribinche decontado, ista vez ás señas que veñen manuscritas en Fardel de eisilado. Teño a espranza de que a recibises.
Douche todos istes detalles pra que vexas que pol-a miña parte non houbo reserva ningunha, nin podía habela, pois o certo é que non hai motivo algún pra ter reserva persoal. O único motivo que eu podía ter era talmente o teu silencio, o non recibir resposta tua nunca. Ten presente que o Vázquez entregoume en Noviembre o pirmeiro libro que recibín teu. Con todo, a través do Paco e máis do Maside sempre fun sabendo de tí, non soio de tí persoalmente, senón da tua obra, porque me prestaban os exemprares que iles teñen. E aínda che podo decir que me teño por un dos máis entusiastas propagadores das tuas cousas entre a xente moza, pois heiche de confesar que, pra a miña maneira de ver, a tua obra é unha das poucas cousas que verdadeiramente merecen estima. N-ila refréxase unha visión apasionada de Galicia, unha visión nobremente apasionada, pois sempre é nobre a pasión que nace da sinceridade; unha visión co-a que se podería ou non coincidir si se tratase de valorar ouxetivamente os feitos, mais co-a que non cabe discrepancia algunha en canto que é unha interpretación artística dictada pol-a sinceridade humanísima de un artista de gran corazón. Así é como eu a vexo. E mesmamente por iso é pol-o que penso que debe de ser conocida i-estimada entre nós.
Moito me alegraría de que ista carta servise pra levar ó teu ánimo o convencemento de que a miña aititude non foi nunca reservada, ou seña, non foi estúpida. Tan incomprensibel como lle resultaba ó Paco isa suposta reserva, resultaríame a mín mesmo se tratase de a imaxinar. Ten presente que eu, cando teño motivos de discrepancia ou de discusión con algún amigo, non reparo pouco nin moito en manifestarllo abertamente. Isto xa che indica que non cultivo a “reserva” como forma normal de relación persoal. Tan soio a utilizo no plano político.
Apresureime a escribirche en canto se marcharon Paco e mais Evelina porque quedo máis satisfeito acrarando canto antes iste asunto. Estou seguro de que, dispois de leres ista carta, trocarás de opinión no tocante ó meu comportamento, pois eu estou certo de que foi sempre plena e sinceramente amistoso.
Unha forte aperta do teu decote amigo
Ramón Piñeiro


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacFernández del Riego, FranciscoVarela, LorenzoGarcía-Sabell, DomingoDieste, RafaelPicasso, PabloHervella, EvelinaArias “Mimina”, CarmenLaxeiro, Maside, CarlosPiñeiro, RamónScheimberg, SimónPaz-Andrade, ValentínDíaz, XoséCuadrado, ArturoFalcini, LuísCastelao, Ledo, XohánSofovich, BernardoBurd, LipaGerstein, MarikaAlberti, RafaelZegrí, ArmandoOtero Pedrayo, RamónColmeiro, ManuelBurd, EstherBaudizzone, LuísGoya, Francisco deTormo, ElenaDíaz Dorado, DiegoNúñez Búa, XoséBlanco Amor, EduardoLifschitz, RafaelPayró, JulioNegri, Tomás AlvaDíaz Arias de Castro, CamiloMiró, JoanDónega, MarinoValle-Inclán, Ramón MaríaNegri, NélidaMuñoz Manzano, CarmenGil Varela, ÁlvaroWhitelow, GuillermoFole, ÁnxelFrontini, NorbertoDíaz Arias de Castro, RosendoTorrallardona, CarlosGerstein, Noemí Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. espazos artísticosautores/asliteraturaasuntos particularesmigraciónsemigraciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoanemedios de comunicaciónpolíticaA nova Sargadelosprensa escritaGalería Boninohistoriaradioartes escénicasExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967Fábrica de Porcelanas La MagdalenaExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963Libro de TapaspremioscineBestiario, de A. GirriExposición de Luís Seoane. Münster. 1967Martín FierroExposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery InternationalHomaxe a un paxaroExposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970Homenaje a VeneciaBienal de VeneciaEl Toro JúbiloHomenaje a la Torre de HérculesÁlbum de GaliciaO Meco, de SeoaneXosé EiroaLuís Seoane. GravadosRetratos FurtivosInsectarioImágenes de GaliciaImaxens celtas [álbum]LonxeBienal de São PauloExposición de Luís Seoane. Madrid. 1975Fondo Nacional de las Artesexilio

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0