Persoa: Edgardo Kleinman

Persoa: Edgardo Kleinman [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1961-11-21
Carta de Piñeiro a Seoane. 1961
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Piñeiro a Seoane. 1961 en 21/11/1961


Compostela, 21-XI-61

Sr. D. Luis Seoane
B. Aires

Benquerido Luis:

Os teus amigos Susana i-Edgardo Kleinman estiveron por eiquí recentemente. Pararon pouco –dia e medio– en Compostela. Adiqueilles todo o tempo que puiden e presenteilles xente nova. Coido que marcharon ledos. Lémbrome que, mentres viñamos subindo do Sar, iles comentaron as impresións eiquí recollidas no senso de que confirmaran o que tí lles tiñas anunciado. As preocupacións diles xa as conoces de sobra, así que nada preciso decirche. Agora andarán polos medios cinematográficos de Madrí.
Haberá cousa dun mes, conocín persoalmente a Rafael Dieste. Parolamos longamente e paseamos de noite polas rúas e plazas de Compostela. É home simpático, intelixente e cordial, tres cualidás que poucas veces se dan xuntas no mesmo grado. Está en Rianxo, polo que se bota de ver, bastante feliz de estar alí. Tamén a sua dona é moi simpática. Alegreime de os conocer.
Eiquí os estudantes pediron a través do SEU a creación dunha cátedra de língoa galega. Sumáronse os de todalas Facultás.
Xa sabes que elexiron recentemente a Ánxel Fole académico numerario da Galega. Está moi ledo. Recibiu moitas felicitacións i en Lugo foi acollida a eleición con viva simpatía.
Moitos saúdos nosos a Maruxa e de Isabel pra tí. Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Agra Romero, María Xosé;  Cabanas, Constantino;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández Albor, Gerardo;  Barreiro Rivas, Xosé Luís;  Castelao, ;  Blanco Campaña, Xose Luís;  García-Sabell, Domingo;  Fraga Iribarne, Manuel;  Cañas, Pilar;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Perón, Juan Domingo;  Scheimberg, Simón;  Paz-Andrade, Valentín;  Rosón, Antonio;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Piñeiro López, Ramón;  Murguía, Manuel;  Sofovich, Bernardo;  Fernández Lores, Miguel Anxo;  Picasso, Pablo;  Falcini, Luís;  Pita, Luis;  González Laxe, Fernando;  Montero Díaz, Santiago;  Dónega, Marino;  Fernández del Riego, Francisco;  Peña, Marina de la;  Rajoy, Mariano;  Laxeiro, ;  Cabeza de León, Salvador;  Arias “Mimina”, Carmen;  Quiroga Suárez, José;  Gerstein, Marika;  Lifschitz, Rafael;  Alberti, Rafael;  Tobío Fernández, Lois;  Cuiña, Xose;  Shand, William;  Lanusse, Alejandro Agustín;  Rama, Carlos M.;  Beiras, Xosé Manuel;  González Mariñas, Pablo;  Díaz Dorado, Diego;  Gómez Román, Manuel;  Faraldo, Antolín;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  entrevista;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  xustiza;  ensino;  feminismo;  filosofía;  Mulleres;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  nacionalismo;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  historia;  acción política;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  prensa escrita;  autores/as;  migracións;  economía;  emigración;  organizacións;  medios de comunicación;  Parlamento de Galicia;  Procesos electorais;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  nacionalismo galego;  educación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  galeguismo;  industria;  eleccións;  exilio;  A nova Sargadelos;  ensaio;  peronismo;  arquitectura;  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  cultura;  sindicalismo;  Transición;  Eleccións ao Parlamento de Galicia. 1981;  socioloxía;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  cine;  reconversión naval;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0