Persoa: Rafael Pérez y Pérez

Persoa: Rafael Pérez y Pérez [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1974-07-07
Carta de Seoane a Dónega. 1974
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Dónega. 1974 en 07/07/1974




Buenos Aires, 7 de Xulio de 1974

Sr. D. Marino Dónega Rozas
A Coruña

Benqueridos amigos:

Recibimos a vosa carta do 24/VI que agradecemos moito polas boas novas que transmite e pola extensión que nos adicáchedes. Por Isaac sei moitas noticias do pleito que ten do Castro e moitas menos do referente ó Museo, mais sei por el mesmo que está todo en camiño de se rematar no que se refire ó aspecto legal. Penso que temos que agradecerche moito deste traballo. Eu en todo esto non podo facer nada. Mais penso que en dous anos mais pode sere unha institución galega modelo onde teñan cabida moitas actividades intelectuales en relación coas artes, Galicia e o mundo. Intentaremos ter contacto directamente co extranxeiro a través das Embaixadas, non somentes para conquerir películas de arte, senón pra levar xente a Galicia e pra ir formando un gran centro artístico e intelectual, o que foi en algún aspecto e noutra época o Círculo de Artesanos. O que comenzaba a ser cando Isaac doulle por montar institucións pra actuar en elas en cadea e que poida orientar soio él, ou onde actúe con xentes que a todo digan amén. É un home valioso en moitos aspectos, mais a xente equivócase con respecto ó seu carácter. Todos esos reglamentos, sociedades, artigos aclaratorios, etc., nascen penso eu, da súa traxedia de rapaz, son defensas que vai argallando de sí mesmo. Persígueo un fantasma que él non pode concretar en figura, nin siquer darse conta de que o persigue, mais sinte a necesidade de se defender. Él vai facendo pra se atrincherar un balado de documentos, cartas, etc. Todo detrás dunha gran ternura que efectivamente posée e do ar de miña xoia que o caracteriza físicamente. Cecáis unha representación do que vos digo sexan os ollos brocos, desorbitados das suas figuras pintadas. Son ollos de xente espantada.
Ben, xa escribín moito acerca de Isaac, un home a quen lle está debendo moito Galicia e temos o deber de esplicárenos os seus erros. Dende logo non merece o pleito que agora o desespera. Eiquí pasamos tres días de dó pola morte do Presidente. Foi o pobo enteiro o que sofríu e todolos partidos da oposición estiveron presentes. Xa falaremos disto con calma. O pobo probóu estar ben politizado e non houbo nengún incidente que luxase os funerales. Houbo en 24 horas 17.800 atendidos nos postos de auxilio, esmaiados, ou descompostos pola falla de alimentos quentes, por ter pasados cuasi dous días ó frío e á choiva torrencial que caía, cuasi sin comer, doencias emotivas, crónicas, etc.
Púxonos moi ledos o saber que o noso pleito rematóuse como unha novela de Pérez e Pérez. Debémosche o carácter rosa do asunto, e debémosche todalas molestias que ocasionóu.
Supoño que escribirá Maruja duas verbas. Mais recibides os tres unha grande aperta do voso amigo:


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Agra Romero, María Xosé;  Cabanas, Constantino;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández Albor, Gerardo;  Barreiro Rivas, Xosé Luís;  Castelao, ;  García-Sabell, Domingo;  Fraga Iribarne, Manuel;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Cañas, Pilar;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Perón, Juan Domingo;  Scheimberg, Simón;  Paz-Andrade, Valentín;  Rosón, Antonio;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Piñeiro López, Ramón;  Murguía, Manuel;  Sofovich, Bernardo;  Fernández Lores, Miguel Anxo;  Picasso, Pablo;  Falcini, Luís;  González Laxe, Fernando;  Pita, Luis;  Montero Díaz, Santiago;  Dónega, Marino;  Fernández del Riego, Francisco;  Peña, Marina de la;  Laxeiro, ;  Rajoy, Mariano;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cabeza de León, Salvador;  Gerstein, Marika;  Quiroga Suárez, José;  Tobío Fernández, Lois;  Lifschitz, Rafael;  Alberti, Rafael;  Lanusse, Alejandro Agustín;  Shand, William;  Rama, Carlos M.;  Beiras, Xosé Manuel;  González Mariñas, Pablo;  Cuiña, Xose;  Díaz Dorado, Diego;  Gómez Román, Manuel;  Faraldo, Antolín;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  entrevista;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  xustiza;  ensino;  feminismo;  filosofía;  Mulleres;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  nacionalismo;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  historia;  acción política;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  prensa escrita;  autores/as;  migracións;  economía;  emigración;  organizacións;  medios de comunicación;  Parlamento de Galicia;  Procesos electorais;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  nacionalismo galego;  educación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  galeguismo;  industria;  eleccións;  exilio;  A nova Sargadelos;  ensaio;  peronismo;  arquitectura;  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  cultura;  sindicalismo;  Transición;  Eleccións ao Parlamento de Galicia. 1981;  socioloxía;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  cine;  reconversión naval;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0