Persoa: Martín Baudizzone

Persoa: Martín Baudizzone [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-02-08
Carta de Seoane a Dónega. 1978
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Dónega. 1978 en 08/02/1978

Buenos Aires, 8 de Febreiro de 1978


Sr. D. Marino Dónega Rozas
A Coruña

Querido Dónega:

Fai uns días escribínche unhas letras de presentación de un médico mozo, Martín Baudizzone, para que ourentases no seu paso por A Coruña e o levásedes, si podíades, a Sobrado. Cecáis constituía esta petición un abuso meu, mais non sei a quen recurrir nestes casos que teña o (sic) teñan a vosa simpatía e amabilidade.

Chegamos eiquí o día 2 de xaneiro, eu con unha gripe moi forte collida en Madride, é esta unha cidade que me enferma, e pasei bastantes días con ela en Buenos Aires. Por agora estou pasando o período de adaptación previo ao meu traballo, aínda que fun facendo algunhas cousas, moi poucas. O vrau decorre como sempre nesta cidade, calor, baixa presión, fresco, choiva, trebóns, alagamentos, grandes ventos, todo alternando ás vegadas nun soio día. Cheguei a tempo para a inauguración de unha mostra de coarenta e cinco grabados meus no Museo de Arte Contemporáneo, propiedade do Museo. Esto é todo no que se refire a este mes que pasou. En canto á casa atopámola como a deixamos, con unha chea de cartas sobor da taboa, e, entre elas, unha do mes de marzal de 1977 de un Museo de Milán, invitándome a unha exposición. Contéstoa estos días non aceptando, agradecéndoa, síntome canso e pensamos continuar dividindo, mentras poidamos, os nosos anos entre esta cidade e Galicia. Cecáis algún día teñamos que decidir.

Recibín unha carta moi eloxiosa de Peregrín Otero con motivo do tomo Obra poética que lle remitín xuntamente cos álbumes que fixen nesa. Agradézolla moito. Non sei nada da preautonomía en Galicia, nin quen constituie a Xunta. Gostaríame me contases algo de todo esto. Unha carta leva menos tempo que un escrito, escríbeme.

Remato con unha aperta moi forte de Maruja e miña para vos os catro, incluio a Milagro e Fernando:


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Agra Romero, María Xosé;  Cabanas, Constantino;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández Albor, Gerardo;  Barreiro Rivas, Xosé Luís;  Castelao, ;  García-Sabell, Domingo;  Fraga Iribarne, Manuel;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Cañas, Pilar;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Perón, Juan Domingo;  Scheimberg, Simón;  Paz-Andrade, Valentín;  Rosón, Antonio;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Piñeiro López, Ramón;  Sofovich, Bernardo;  Fernández Lores, Miguel Anxo;  Murguía, Manuel;  Picasso, Pablo;  Falcini, Luís;  González Laxe, Fernando;  Pita, Luis;  Montero Díaz, Santiago;  Dónega, Marino;  Fernández del Riego, Francisco;  Peña, Marina de la;  Laxeiro, ;  Rajoy, Mariano;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cabeza de León, Salvador;  Gerstein, Marika;  Quiroga Suárez, José;  Tobío Fernández, Lois;  Lifschitz, Rafael;  Alberti, Rafael;  Lanusse, Alejandro Agustín;  Shand, William;  Rama, Carlos M.;  Beiras, Xosé Manuel;  González Mariñas, Pablo;  Cuiña, Xose;  Díaz Dorado, Diego;  Gómez Román, Manuel;  Faraldo, Antolín;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  entrevista;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  xustiza;  ensino;  feminismo;  filosofía;  Mulleres;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  nacionalismo;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  historia;  acción política;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  prensa escrita;  autores/as;  migracións;  economía;  emigración;  organizacións;  medios de comunicación;  Parlamento de Galicia;  Procesos electorais;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  nacionalismo galego;  educación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  galeguismo;  industria;  eleccións;  exilio;  A nova Sargadelos;  ensaio;  peronismo;  arquitectura;  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  cultura;  sindicalismo;  Transición;  Eleccións ao Parlamento de Galicia. 1981;  socioloxía;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  cine;  reconversión naval;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0