Persoa: Xosé Filgueira Valverde

Persoa: Xosé Filgueira Valverde [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1977-01-19
Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. 1977
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Filgueira Valverde a Paz Andrade. 1977 en 19/01/1977

Pontevedra 19-I-77


Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Benquerido Valentín:

Renóvoche a miña embora polo diálogo radiofónico. Gustou moito. Sorprendeume a xente que escoita a esas horas.
Xa sabes que Sánchez Cantón ordeou que a sua correspondencia estivera pechada cinco anos. Cumpridos xa, envíoche esta «carta entreaberta» que leva a data do 16 de xullo do 36 e a que me escribiu a min o 17 pra que cha mandara. É un «índice de utopías galegas» cheo de fondura.
Pasei unha tempada moi triste con doenza e a morte dunha irmá de María Teresa que viñera pasar eiquí as festas.
Ponme aos pes da tua muller. Lembranzas a todos.

[Manuscrito:] Apertas de



Fdo. Xosé Filgueira Valverde




[Manuscrito:]


Carta entraberta


Madrid, no día do Carmen, 1936

Sr. D. Valentín Paz Andrade


Meu querido amigo:

Penso que os que non fixemos nin soupemos cousa do Estatuto, o mellor servizo que hoxe comprimos con Galicia é calar, deixando moer ôs que arelaban andar no muiño; alá eles se no pan de mañá mestúranse os farelos coa fariña.
E cô dito abondaría, se non fose que na tua chamada escoito berros que famne esquecer memorias acedas, e crebando a liña proposta parrafearei un anaco de tempo respeito o rego que Galicia ten de abrir no agro artístico.
Eu non vexo, non podo ver a Galicia, dende o outeiro do Arte, mais que como un-a cidade espallada. Non-a vexo, non podo vela, como enxame de vilas no cortizo teórico de un-a nación. Fai anos que roe en min un verme teimoso, que de cote se afonda e me di: «contra o nacionalismo -narcótico prós nugallans que ensonan un mañá que non chega-, cidadanía –choio de un hoxe fecundo que non finda». ¡Galicia, un-a vila; i-os galegos, seus cives, sempre a traballar; e nosos probremas desfaríanse como a brétema ô sol.
En Arte, como no resto. Mais, n-un-a carta non se fan prans, nin se ditan regras, fálase, mellor... parólase. ¿Leria? ¿Ensonos?... ¿Quén o sabe? Parolemos, logo.
E... vai de sono...
Vexo â nosa Matria –máis doce que Patria- forte e leda, e que o xogo do Arte brinca por riba da terra nosa...
... Un rapaz naceu e criouse n-un-a casiña branca e limpa –o chan, branco do xabón, ou dourado pol-a cera; as paredes caleadas e con estampiñas feitas en buxo, do Apostol, da Pelengrina, do Santo Cristo de Ourense; fiestras e portas de azul, ou de verde: o redor da casa, naval e horta sen valados, pois a cerca é unha sebe con silvas e roseiras, recortadiño, froleado e con amoras; no naval, chícharos, pementos, cebolas e repolos; na horta, pexegueiros, cerdeiras e maceiras que nas suas tempías énchense de mazás, cereixas e pexegos.
Os ollos do rapaz reloucaban ô ver as liñas eispresivas das estampas, os recortes das follas, as coroas das froles i-as coores das froitas. No inverno degoirábase en valeira as memorias do outono farto debuxando cereixas e ácios no papel, ou nas paredes cos sinxelos meios que tiña a carón.
Na escola o mestre insinoulle o camiño e levouno a certo «taller» onde un artista –pago por Galicia- deprendía ôs rapaces afeizoados; pois, xa non había xiadas Escolas de craustro i-escalafón –nin esta verba tiña son na fala nosa. Os rapaces ían d-uns mestres n-outros, cando podíase trocar. Nos talleres, demáis dos traballos «d-encarga», facíase un-a laboura para Galicia –a reixa d-un-a eirexa, a pintura pra un-a escola, o teito pra un concello...- na que todos poñían man; deprendían facendo.
Rexía os talleres un-a «Xunta de .... poucos», que ditara regras craras i-abertas. Nos outonos os «talleres» corrían a terra –mosteiros, castelos e pazos- escadaban castros; de sol nado a solpôr enchían seus foles de canto Galicia amostraba –leiras e vías, portos e facendas, soutos e fábricas-. Ollos e mans fadigábanse de mirar e de acugular pra, no inverno, facer.
Ô gromar dos albres serodios, i-o quentar a raxeira tiñas os Talleres exposta a seara anal. E ía vela a Xunta de .... «poucos»: escollía cadros e tallas, forros e tecidos; e falaba côs rapaces –lonxe do eisamen-; i-os máis doados dáballes consellos e conqués para viaxaren pol-o Mundo. Cheos da terra, donos do seu oficio, ían aproveitar o que outros povos fixeran.
Ô tornar Galicia púñalles «talleres» pra que novos gromos agoirasen flores e farta colleita. Deste xeito sinxelo ninguén restaba sen poderse formar artista; ninguén saía da terra sen coñecela; o esforzo non se perdía, pois os que non chegaban a cume espallaban o deprendido o seu redor porque deprenderanllo sen mágoas nin rixideces, xogando ledos.
I-o Arte non era en Galicia segredo fechado de xente sabida, senón lume aceso en todal-as lareiras.
Por riba desta maneira de «facer artistas», e pra axudala, abríranse en Galicia outras fontes de estudo e arte: Museos, moitos Museos...
Non eran almacéns, nin panteóns; certo esprito animábaos e facíaos bulir; a ideia que aquela «Xunta», da que falamos, eispresou na sua primeira sentada:
«En Galicia, máis que un-a Historia e un Arte, temos hoxe un-a forte vôntade de facelos».
E nos Museos traduciuse esta arela de porvir. Recollíase neles o pasado, trouxérase de fora canto poidérase mercar, ou ter por troques; mail-o desinio non era revivir tempos idos, senón camiñar cara tempos por nacer. Non temos un Rubens nin un Velázquez pra adourar. E mestre Mateo... está tan lonxe de nos.
Porque é de ben nados, hase estudar o que fixeron os abós, i-hase gardar «mirando, non imitando» como decían os vellos eisemplarios; e aínda compre mesura e siso no profundar no pasado: a vellez non sempre dá «beleza».
I-este desinio conformábase nos Museos da nosa terra: no arqueolóxico, como no do mar; no románico como no do agro; no dos vellos oficios como no moderno, no barroco como ...
Íase o Sono e, xa na porta, inda tivo forzas pra me pintar outros cadros da política do Arte -¡non do arte da Política!- na Galicia.... autónoma; máis que cadros, estampiñas sinxelas, que custa poucos cartos levalas a termo e realidade, se nos alonxamos dos pedantismos de bule-bules e fura-furas, e se mercamos aquel siso e aquela praítica de «cidadanía» nas que vexo as dúas rodas do carro no que Galicia pode camiñar, chea de arelas, pol-a estrada do Tempo por vir.
Teu bô amigo

F.J. Sánchez Cantón



1991-10-28
RETRANSMISION DEL ACTO DE PRESENTACION DEL LIBRO "CUNQUEIRO EN LA RADIO"
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaVarela, LorenzoLombao, ManuelRaimúndez, AlexandreFernández del Riego, FranciscoHervella, EvelinaGerstein, MarikaDieste, RafaelDíaz Pardo, IsaacPeña, Marina de laBlanco Campaña, Xose LuísGarcía-Sabell, DomingoLaxeiro, Cabanas, ConstantinoLedo, XohánPiñeiro, RamónCancio, MiguelPicasso, PabloOtero Pedrayo, RamónGarcía Lorca, FedericoPaz-Andrade, ValentínUnamuno, Miguel deBarral, CandidoPrado, EmilioRivera, PacoBaltar Domínguez, AntonioAngel De La Viuda, LuisBlanco Santiago, CarlosLuaces, AntónMuñoz Manzano, CarmenNeira Vilas, XoséGoya, Francisco deRevillo, MaginFernández, ValentínMiranda, AnisiaCastelao, Cunqueiro, ÁlvaroVázquez, FranciscoCuadrado, ArturoCalviño, JoseSouto, ArturoCastro, Rosalía deRodríguez de Prada, PilarDíaz Dorado, DiegoFernandez Martin, TomasGómez-Reino Carnota, EnriqueOcampo, VictoriaLongo, BiagioErnst, Max Temáticas: medios de comunicación Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. Fondos de Radio Nacional de España en Galiciaartesxornalismoartes visuaisemigraciónliteraturamigraciónsÁlbum de Galiciaautores/asexilio galegoespazos artísticosasuntos particularespolíticaentrevistaHora 11Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneGalegoLlanto por la muerte de Sánchez MejíaspremiosA nova SargadelosGalería Boninoartes escénicasExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963Fábrica de Porcelanas La MagdalenaA soldadeira Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1961Miguel de Unamuno. Cancionero. Diario poéticoAcademia Nacional de Bellas Artes [Arxentina]prensa escritaBienal de São PauloinformalismoteatroAs cicatricesExposición de Luís Seoane. Nova York. 1961El Toro JúbiloThéâtre national populaireComunicacións mesturadascinebiografíaEl PaísMonografía de SeoaneFigurando recuerdosexilioLa insepulta de PaitaComisión de Cultura del Centro Gallego de Bos AiresPremio PalanzaHomenaje a VeneciaEdiciós do Castro

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0