Persoa: Susana Kleinman

Persoa: Susana Kleinman [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1961-12-11
Carta de Seoane a Piñeiro. 1961
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Piñeiro. 1961 en 11/12/1961



Buenos Aires, 11 de Diciembre de 1961

Sr. D.
Ramón Piñeiro
Santiago

Meu querido amigo:

Recibín fai poucos días a tua carta na que me falas do paso de Susana i Edgardo Kleinnman por Compostela. Agradecémoste moito as tuas atenciós. Eu xa tiña sabido pol-os seus familiares que tiñan estado contigo, que os encantaches, e que Galicia foi pra eles unha sorpresa. Son xentes novas e aínda en formación e que tiñan pensado facer en España o itinerario de Barcelona, Madrid, Andalucía, que eu fixen o posibre por trocalo pedíndolles que atravesasen Santander, Asturias, Galicia e León. Galicia fíxolles unha profunda impresión pol-o paisaxe, e as xentes que coñeceron.
Tiven noticias de Dieste que tamén me fixo gabanzas tuas, gustaríame que vós tratásedes o máis posible. A mín parésceme unha das máis outas persoalidades de Galicia e das mais puras. Eisixente consigo mesmo como casi non coñecín a ninguén da sua fecundidade inteleitual, aínda que teña pubricado pouco, e do seu talento, e de unha dignidade persoal que non é, entre os seus moitos méritos, dos menos recoñecibres. Sei que está agora gozoso de Rianxo e das suas xentes e que estivo moi contento entre vos.
A noticia que me envías dos estudantes sobor do idioma comenteina por radio. E unha grande noticia pol-o significado tamén de quenes piden. Soupen do nombramento de Fole de académico numerario da galega, e leveime, como podes maxinar, unha gran alegría. E un dos meus compañeiros do meu comezo con outros benqueridos que tamén xa son académicos. Eu continúo traballando. Fixen duas novas eisposiciós con éisito, unha de grabados en madeira en New York e outra de pintura eiquí, e pra Editorial Losada remato de facer os grabados en madeira pra Llanto por la muerte de Sánchez Mejías de Lorca, e Del diario político de Miguel de Unamuno, ediciós feitas en homaxe deles co gallo de cumplirse o 25 aniversario de suas mortes.
Moitos saúdos de Maruja e meus pra Isabel e pra tí, desexándovos que pasedes unhas felices Navidades, e pra tí un abrazo de teu amigo:


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Lombao, Manuel;  Fernández, Juan;  Fernández del Riego, Francisco;  Hervella Nieto, Evelina;  Gerstein, Marika;  Dieste, Rafael;  Díaz Pardo, Isaac;  Peña, Marina de la;  García-Sabell, Domingo;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Laxeiro, ;  Ledo, Xohán;  Cabanas, Constantino;  Piñeiro López, Ramón;  Cancio, Miguel;  Picasso, Pablo;  Otero Pedrayo, Ramón;  García Lorca, Federico;  Paz-Andrade, Valentín;  Rivera, Paco;  Unamuno, Miguel de;  Barral, Candido;  Prado, Emilio;  Neira Vilas, Xosé;  Muñoz Manzano, Carmen;  Goya, Francisco de;  Baltar Domínguez, Antonio;  Angel De La Viuda, Luis;  Blanco Santiago, Carlos;  Luaces, Antón;  Souto, Arturo;  Castro, Rosalía de;  Revillo, Magin;  Fernández, Valentín;  Miranda, Anisia;  Castelao, ;  Cunqueiro, Álvaro;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Cuadrado, Arturo;  Calviño, Jose;  Núñez Búa, Xosé;  Arregui, Iñaki;  Pardo Bustillo, Fernando;  Baudizzone, Luís;  Vallejo, Antonio;  Méndez Ferrín, Xosé Luís;  Cañas, Pilar;  Temáticas: medios de comunicación;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  artes;  xornalismo;  artes visuais;  emigración;  literatura;  migracións;  Álbum de Galicia;  autores/as;  exilio galego;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  política;  entrevista;  Hora 11;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Galego;  Llanto por la muerte de Sánchez Mejías;  premios;  A nova Sargadelos;  Galería Bonino;  artes escénicas;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  A soldadeira ;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1961;  Miguel de Unamuno. Cancionero. Diario poético;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  prensa escrita;  Bienal de São Paulo;  informalismo;  teatro;  As cicatrices;  Exposición de Luís Seoane. Nova York. 1961;  El Toro Júbilo;  Théâtre national populaire;  Comunicacións mesturadas;  cine;  biografía;  El País;  Monografía de Seoane;  Figurando recuerdos;  exilio;  La insepulta de Paita;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  Premio Palanza;  Homenaje a Venecia;  Ediciós do Castro; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0