Persoa: Leónidas Barletta

Persoa: Leónidas Barletta [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1960-04-24
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1960
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] José Neira Vilas.

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Seoane. 1960 en 24/04/1960

Buenos Aires, 24 de avril do 1960

Sr. D.
Luis Seoane
Madrid

Querido amigo:

Recibín antonte a súa moi grata, datada en Venecia. E co-ela o dibuxo prá tapa do meu livro. É magnífico! Axeitadísimo! E nises cores –azul e laranxa– vai quedar precioso. Mañán entrégame a proba o grabador. Francamente, non sei como xuntei audacia para irlle co-ista nova canga... Pero xunteina, e vostede, xeneroso e traballador, atendeu coa habitual xentileza a miña teima. Estoulle outamente agradescido.
Logo da primeira carta, da que vostede mencioa, escribinlle outra (tamén a Basilea, naturalmente), porque aquela, despois de pórlle franqueo de certificada, guindeina distraído no buzón. Si é que lle chega, pois, non faga caso dela. Ten data 13 de avril.
Eiquí lembrámolos arreo. Inda hoxe, Anisia e mais eu, logo de escoitar Galicia emigrante parolamos sobor das utilísimas e inéditas ouservacións súas por Europa en relación con Galicia (o museo de Basilea, o de Lisboa, algunhas fachadas de Suíza, o livro de Tavares Rodrigues –que eu non coñezo–, etc.) Ogallá vostede se decida cando volte a escribir e pubricar un libro que recolla todas isas agudas esperencias.
Chegouse a Peña cultural gallega Rosalía Castro, en Rosario. Asistín á súa fundación e pronunciei unha confrenza sobor A cultura galega na hora aitual. Son cuase todos arxentinos de orixen galego. Están ben ourentados. Teñen un periódico mensual (Aquí Galicia) do que vai saír xa o 2º número.
Onte estivemos Anisia, eu e o e embaixador de Cuba no Teatro del Pueblo. Falando de vostede con Barletta, da súa obra diversa, díxome que non perdía o mentes de poder levar a escea La soldadera. Quedei en levarlle mañán El irlandés...
E por hoxe, non lle dou máis lata.

Nosas garimosas lembranzas prá señora Maruxa e vostede reciba unha forte aperta do seu invariábel amigo:

José Neira Vilas


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Lombao, Manuel;  Fernández, Juan;  Fernández del Riego, Francisco;  Hervella Nieto, Evelina;  Gerstein, Marika;  Dieste, Rafael;  Díaz Pardo, Isaac;  Peña, Marina de la;  Blanco Campaña, Xose Luís;  García-Sabell, Domingo;  Laxeiro, ;  Cabanas, Constantino;  Ledo, Xohán;  Picasso, Pablo;  Otero Pedrayo, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Cancio, Miguel;  García Lorca, Federico;  Paz-Andrade, Valentín;  Unamuno, Miguel de;  Barral, Candido;  Prado, Emilio;  Rivera, Paco;  Luaces, Antón;  Neira Vilas, Xosé;  Muñoz Manzano, Carmen;  Goya, Francisco de;  Baltar Domínguez, Antonio;  Angel De La Viuda, Luis;  Blanco Santiago, Carlos;  Fernández, Valentín;  Miranda, Anisia;  Castelao, ;  Cunqueiro, Álvaro;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Cuadrado, Arturo;  Calviño, Jose;  Castro, Rosalía de;  Souto, Arturo;  Revillo, Magin;  Longo, Biagio;  Vázquez-Monxardín, Afonso;  Ernst, Max;  Fole, Ánxel;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Arias “Mimina”, Carmen;  Maside, Carlos;  Temáticas: medios de comunicación;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  artes;  xornalismo;  artes visuais;  emigración;  literatura;  migracións;  Álbum de Galicia;  autores/as;  exilio galego;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  política;  entrevista;  Hora 11;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Galego;  Llanto por la muerte de Sánchez Mejías;  premios;  A nova Sargadelos;  Galería Bonino;  artes escénicas;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  A soldadeira ;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1961;  Miguel de Unamuno. Cancionero. Diario poético;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  prensa escrita;  Bienal de São Paulo;  informalismo;  teatro;  As cicatrices;  Exposición de Luís Seoane. Nova York. 1961;  El Toro Júbilo;  Théâtre national populaire;  Comunicacións mesturadas;  cine;  biografía;  El País;  Monografía de Seoane;  Figurando recuerdos;  exilio;  La insepulta de Paita;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  Premio Palanza;  Homenaje a Venecia;  Ediciós do Castro; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0