Temática: Mulleres

Temática: Mulleres [46]

Data Material Ver
Data Material Ver
Filmografía de María Casares
María Casares nos comezos da súa carreira
María Casares con Albert Camus
Retrato de María Casares
Artigo de Sabela Hermida na revista Madrigal
Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)
Ver

Transcripción da Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)

María Isaura Vázquez Blanco, máis coñecida como Maruxa Villanueva, naceu na Barrela e iniciouse no canto da man da súa nai. En 1926, con tan só vinte anos, cruza o charco cara a Arxentina seguindo a dous irmáns que se anticiparan na aventura migratoria. En Bos Aires desenvolvería o seu talento como cantante e actriz, non sen antes traballar como dependenta nun comercio téxtil, como o facía calquera outra muller emigrante galega da época. O desenvolvemento da súa carreira artística foi impulsado da man dun matrimonio formado polo pianista vasco Juan Gueresta e a súa muller, a cantante galega Esperanza Blanco. En 1936 deixa o seu traballo no sector do comercio debido ao éxito alcanzado, sobre todo entre a colectividade galega residente en Bos Aires. Maruxa colaborou de maneira activa nas actividades desenvolvidas a favor da República española levadas a cabo pola colectividade emigrante na cidade. Nese tempo coñece ao dramaturgo estradense Daniel Varela Buxán, que a convidou a cantar na estrea da obra Se o sei… non volvo á casa, que tivo lugar no famoso Teatro Maravillas. Casou con Daniel pero non sería un matrimonio estable. Formaron a Compañía de Teatro denominada Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que se estreou "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao. Ademais deste último, Maruxa Villanueva tiña amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco-Amor e Fernando Iglesias “Tacholas”, entre outras figuras destacadas da cultura galega alén mar. O seu retorno a Galicia foi intermitente, regresa en 1949 pero, ao fallar os seus plans de traballo, volve a Bos Aires en 1958, para retornar definitivamente en 1962. Esta vez desempeñaría un importante labor na Casa Museo Rosalía de Castro, da man do Dr. Agustín Sixto Seco, presidente do Padroado Rosalía de Castro. Converteuse nunha especialista no mundo rosaliano e coidadora da dita Casa Museo. Recibiu numerosas distincións polo seu labor activo na difusión da cultura galega fóra e dentro de Galicia. Finou en Santiago de Compostela aos noventa e dous anos de idade, o 24 de novembro de 1998.


A Maison Maria Casarès en Alloue é tamén arquivo da memoria e da xenerosidade da actriz
Retrato de María Casares
Especial de Radio France no Centenario María Casares
Mabel Rivera no soportal audiovisual galego (AVG)
Mabel Rivera no portal da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Mabel Rivera na wikipedia
Filmografía de Mabel Rivera na Movie Database (IMDB)
Film Affinity achega estas referencias de películas e series de televisión nas que traballou Mabel Rivera
Mabel Rivera en SensaCine
Mabel Rivera en Fórmula TV
Mabel Rivera en galeg@s
Mabel Rivera en Alter Ego Talent House
Entrevista a Mabel Rivera no web da Academia Galega do Audiovisual
1931-00-00
María Casares coa súa familia e partidarios de Casares Quiroga. Foto Cancelo, 1931
1934-00-00
Fotografía de María Casares aos 12 anos. 1934
1940-00-00
María Casares aos 18 anos. 1940
1940-00-00
Tarxeta postal co retrato de María Casares. Ca.1940
1944-00-00
Salvoconducto de 1944 de María Casares, a súa tarxeta de identidade en Francia
1945-00-00
María Casares na portada da revista Mon Film. 1945
1947-00-00
María Casares na rodaxe de La Chartreuse de Parme. 1947
1950-00-00
Fotograma da película Orphée de Jean Cocteau. 1950
1957-00-00
María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957
Ver

Transcripción da María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957 en 00/00/1957

Filla de Santiago Casares Quiroga, último presidente do Goberno da República, con 14 anos tivo que fuxir a Francia coa súa nai. Alí viviu o seu exilio, tal como relata na súa biografía, Residente privilegiada, na que fai alusión ao permiso de residencia que lles outorgou o Goberno francés.
Estudou interpretación e chegou a converterse nunha das grandes damas do teatro francés. No cume da súa brillante carreira, viaxou a Arxentina coa compañía do Teatro Nacional Popular, dirixida por Jean Vilar. Para todos os galegos emigrados e exiliados a súa presenza e actuacións teatrais supuxeron momentos de afirmación colectiva e de orgullo. María Casares, ademais dunha actriz de gran sona, era unha muller que defendía nas súas declaracións as súas ideas republicanas e democráticas. E, como non, amosábase orgullosa da súa condición de galega, como podemos ler nunha entrevista realizada nesta viaxe por Víctor Luis Molinari, a quen lle afirma: «En este futuro yo me veo en Galicia, por los caminos de Galicia, representando para mi pueblo y dándole a él lo mejor de mi espíritu».
Nesta visita a Bos Aires participou en varios eventos coa colectividade: fixo unha ofrenda floral á estatua de Rosalía de Castro no Centro Galego e recibiu diversas homenaxes de varias entidades como o Centro Lucense, AGUEA ou o Consello de Galiza, con cuxos membros aparece retratada.
O Consello da Cultura Galega ten publicado un libro de María Lopo no que podemos coñecer máis en profundidade a súa vinculación coa súa terra natal baixo o título de O tempo das mareas. María Casares e Galicia.


1957-00-00
En 1957 María Casares fai unha xira co TNP por Brasil, Uruguai, Arxentina, Chile e Perú. Na foto, con Eduardo Blanco Amor, Virxina Pereira e o actor Tacholas
1957-08-10
Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957)
Ver

Transcripción da Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957) en 10/08/1957

A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) homenaxeou a esta actriz galega durante a súa visita a Arxentina, como integrante da compañía Théâtre National Populaire. En Bos Aires representou varias obras no Teatro Colón con grande éxito. Para os emigrados galegos e do exilio a súa presenza supuxo unha fonda afirmación colectiva de defensa dos ideais republicanos e galeguistas e provocou diversas homenaxes á súa persoa.
Na fotografía aparece María Casares falándolles aos asistentes nun acto celebrado no restaurante Lar Gallego do Centro Lucense. De esquerda a dereita: Mariví Villaverde, Antonio Baltar, Rafael Dieste, María Casares, Eduardo Blanco-Amor, o Dr. Blanco e a súa esposa.


1958-00-00
Con Gérard Philipe e Jean Vilar na xira do TNP por EUA e Canadá. Foto de Jean Rouvet, 1958
1963-00-00
Ensaios de Yerma, en 1963 en Bos Aires, con Margarita Xirgu e Alfredo Alcón nunha foto de prensa
1969-00-00
Entrevista a María Casares no Correo de Galicia de Bos Aires
1972-00-00
Fotograma de Les deux memoires, documental de 1972 realizado por outro exiliado en Francia: Jorge Semprún.
1975-00-00
María Casares debuxada por Luís Seoane. O artista fixo os apuntes do debuxo cando coñeceu á actriz en Arxentina en 1957; o debuxo será publicado en febreiro de 1974 en La Voz de Galicia, como parte da serie «Figuracións» que entre 1971 e 1974 Seoane desenvolve no xornal
1976-00-00
A revista Triunfo publica unha reportaxe sobre a obra de teatro El Adefesio. 1976
1991-00-00
Capítulo dedicado a María Casares no libro Mulleres de Ursula Heinze
2000-07-25
Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000
Ver

Transcripción da Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 en 25/07/2000

Mª Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, foi a voz por excelencia dos e das galegas na sociedade arxentina. Filla de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1916. Cun profundo amor pola terra dos seus pais, desde moi nova participou nos festivais e recitais organizados polas asociacións galegas, nos que se intentaba preservar e defender a identidade cultural e lingüística de noso. Con 17 anos comezou a traballar na radio coa actriz Maruxa Villanueva e en 1941 participou na estrea mundial de Os vellos non deben de namorarse, que supuxo un fito para a nosa cultura.
Foi unha das fundadoras do programa de radio Recordando a Galicia. Este espazo semanal, creado en 1945 para defender e valorizar a imaxe da colectividade galega emigrada na sociedade arxentina, estivo en antena ata 1984. Por el pasaron as principais figuras da cultura do exilio e da emigración. Maruxa Boga converteuse nun símbolo da identidade de miles de emigrantes galegos e galegas que poñían a radio todas as semanas para escoitala.
Nesta imaxe está acompañada por Clotilde Iglesias, filla de Fernando Iglesias “Tacholas”, o seu compañeiro de tantos proxectos culturais e co que chegou a montar unha compañía teatral galega.


2004-00-00
Mar Adentro (2004)
2006-12-03
Mabel Rivera fala da súa participación en Goya's Ghosts, Mar Adentro e Rumbo ao Kalapattar na entrevista do programa Miraxes da Televisión de Galicia
2017-00-00
Retrato de María Casares, de Laura Novas Ribeiro. IES Salvador de Madariaga
2018-12-05
Mabel Rivera fala da realidade das actrices maiores
2019-00-00
Conversa con Mabel Rivera - FICBUEU 2019
2022-00-00
José Luís Méndez Romeu aborda unha das facianas das relacións de María Casares con España.
2022-05-05
Biografía de María Casares na DB-e da Real Academia de la Historia
2023-02-20
Web oficial de Mabel Rivera
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Pernas Cora, GustavoOlveira “Pico”, Xosé ManuelChao, ErnestoCasares, MaríaGarcía, RubénMagán, AgustínCejudo, XoánRivera, MabelAbalo, Ánxela G.Prosperi, FilippoSalvat i Ferré, RicardSeoane, Luísde Claramonte, AndrésPorto, JositoCruz, MelaniaZearreta, SergioDurán “Morris”, AntonioAlonso Montero, XesúsAsorey, TitoCastelao, Díaz Pardo, IsaacCadaval, QuicoÁlvarez, RosaRubia Barcia, JoséCunqueiro, ÁlvaroTosar, LuísGonzález Herrán, José ManuelXirgú, MargaritaBouzas, MariaLago, XulioLourenzo, ManuelReixa, AntónFernán Vello, Miguel AnxoViz, TinoArias, TonoDieste, RafaelMerina, VicenteSynge, John MillingtonLosada, AntónGarcía Barbón, JoséVillanueva, MaruxaConstenla, BelénGas, MarioVidal Bolaño, RobertoPernas, MiguelCasanova, XepeRuiz "Arcipreste de Hita", JuanVelasco, ConchaVicente, AuroraVázquez Montalbán, Manuel Temáticas: Álbum de GaliciaMullerescineFondos de Radio Nacional de España en Galicialiteraturaexilio galegoMulleres no Álbum de Galicia“cartografías” do Álbum de mulleresentrevistaÁlbum de GaliciafotografíauniversidadeOs vellos non deben namorarse Colección: Luís Seoane e Ricard SalvatHistorias de ida e voltaetnografíaensinoA Lindona de GaliciaemigraciónentroidofestastradiciónFausto, de Goethe Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. biografíaradioA camisaartes visuaisdocenciapolíticaCastelao artistaartes escénicasMemoria e voces femininas da diáspora galegaO indiano José García Barbón e a súa acción filantrópicaliteratura galega do s. XXsocioloxíaguerraremesasarquitecturatelevisiónmúsicafestivalasuntos particulares Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalconferenciasmediateca/extrasrelixiónfolclorePremio Arlequín de TeatroPremio Rafael Dieste de Teatro

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0