Temática: Historias de ida e volta

Temática: Historias de ida e volta [6]

Data Material Ver
Data Material Ver
Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)
Ver

Transcripción da Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)

María Isaura Vázquez Blanco, máis coñecida como Maruxa Villanueva, naceu na Barrela e iniciouse no canto da man da súa nai. En 1926, con tan só vinte anos, cruza o charco cara a Arxentina seguindo a dous irmáns que se anticiparan na aventura migratoria. En Bos Aires desenvolvería o seu talento como cantante e actriz, non sen antes traballar como dependenta nun comercio téxtil, como o facía calquera outra muller emigrante galega da época. O desenvolvemento da súa carreira artística foi impulsado da man dun matrimonio formado polo pianista vasco Juan Gueresta e a súa muller, a cantante galega Esperanza Blanco. En 1936 deixa o seu traballo no sector do comercio debido ao éxito alcanzado, sobre todo entre a colectividade galega residente en Bos Aires. Maruxa colaborou de maneira activa nas actividades desenvolvidas a favor da República española levadas a cabo pola colectividade emigrante na cidade. Nese tempo coñece ao dramaturgo estradense Daniel Varela Buxán, que a convidou a cantar na estrea da obra Se o sei… non volvo á casa, que tivo lugar no famoso Teatro Maravillas. Casou con Daniel pero non sería un matrimonio estable. Formaron a Compañía de Teatro denominada Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que se estreou "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao. Ademais deste último, Maruxa Villanueva tiña amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco-Amor e Fernando Iglesias “Tacholas”, entre outras figuras destacadas da cultura galega alén mar. O seu retorno a Galicia foi intermitente, regresa en 1949 pero, ao fallar os seus plans de traballo, volve a Bos Aires en 1958, para retornar definitivamente en 1962. Esta vez desempeñaría un importante labor na Casa Museo Rosalía de Castro, da man do Dr. Agustín Sixto Seco, presidente do Padroado Rosalía de Castro. Converteuse nunha especialista no mundo rosaliano e coidadora da dita Casa Museo. Recibiu numerosas distincións polo seu labor activo na difusión da cultura galega fóra e dentro de Galicia. Finou en Santiago de Compostela aos noventa e dous anos de idade, o 24 de novembro de 1998.


1910-00-00
Incendio do antigo Teatro Rosalía de Castro de Vigo, 1910
Ver

Transcripción da Incendio do antigo Teatro Rosalía de Castro de Vigo, 1910 en 00/00/1910

Este teatro fora ideado en 1880 por un grupo de empresarios vigueses, como José Elduayen, Antonio Sanjurjo Badía, Antonio López de Neira, Estanislao Durán ou Benigno Barreras, entre outros, coa intención de crear un gran teatro para a cidade, seguindo o exemplo doutras cidades europeas. Apoiados polo Concello, encargáronlle o proxecto ao arquitecto Alejandro Sesmero, que se inspirou nun teatro á italiana, moi popular naqueles tempos. Tras numerosas vicisitudes de tipo económico, foi inaugurado o 15 de setembro de 1900 coa estrea da ópera Aída. Pero a súa xestión sempre tivo problemas de liquidez e poucos anos despois tivo que pechar.
En 1904 o edificio foi vendido á casa comercial Viuda e Hijos de Simeón García, que o quería converter nos seus almacéns. Coñecedor do feito, García Barbón decidiu mercalo e investir parte do seu patrimonio para que os habitantes da cidade de Vigo puidesen continuar gozando do seu teatro. Revitalizado pola xestión do filántropo, converteuse nun lugar emblemático da cidade.
Un ano despois da morte de García Barbón, durante o entroido, produciuse un grande incendio que destruíu o edificio.


1957-00-00
María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957
Ver

Transcripción da María Casares, símbolo e referente do exilio galego, en 1957 en 00/00/1957

Filla de Santiago Casares Quiroga, último presidente do Goberno da República, con 14 anos tivo que fuxir a Francia coa súa nai. Alí viviu o seu exilio, tal como relata na súa biografía, Residente privilegiada, na que fai alusión ao permiso de residencia que lles outorgou o Goberno francés.
Estudou interpretación e chegou a converterse nunha das grandes damas do teatro francés. No cume da súa brillante carreira, viaxou a Arxentina coa compañía do Teatro Nacional Popular, dirixida por Jean Vilar. Para todos os galegos emigrados e exiliados a súa presenza e actuacións teatrais supuxeron momentos de afirmación colectiva e de orgullo. María Casares, ademais dunha actriz de gran sona, era unha muller que defendía nas súas declaracións as súas ideas republicanas e democráticas. E, como non, amosábase orgullosa da súa condición de galega, como podemos ler nunha entrevista realizada nesta viaxe por Víctor Luis Molinari, a quen lle afirma: «En este futuro yo me veo en Galicia, por los caminos de Galicia, representando para mi pueblo y dándole a él lo mejor de mi espíritu».
Nesta visita a Bos Aires participou en varios eventos coa colectividade: fixo unha ofrenda floral á estatua de Rosalía de Castro no Centro Galego e recibiu diversas homenaxes de varias entidades como o Centro Lucense, AGUEA ou o Consello de Galiza, con cuxos membros aparece retratada.
O Consello da Cultura Galega ten publicado un libro de María Lopo no que podemos coñecer máis en profundidade a súa vinculación coa súa terra natal baixo o título de O tempo das mareas. María Casares e Galicia.


1957-08-10
Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957)
Ver

Transcripción da Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957) en 10/08/1957

A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) homenaxeou a esta actriz galega durante a súa visita a Arxentina, como integrante da compañía Théâtre National Populaire. En Bos Aires representou varias obras no Teatro Colón con grande éxito. Para os emigrados galegos e do exilio a súa presenza supuxo unha fonda afirmación colectiva de defensa dos ideais republicanos e galeguistas e provocou diversas homenaxes á súa persoa.
Na fotografía aparece María Casares falándolles aos asistentes nun acto celebrado no restaurante Lar Gallego do Centro Lucense. De esquerda a dereita: Mariví Villaverde, Antonio Baltar, Rafael Dieste, María Casares, Eduardo Blanco-Amor, o Dr. Blanco e a súa esposa.


1997-00-00
O Teatro García Barbón, un gran edificio para unha cidade moderna e de progreso, 1997
Ver

Transcripción da O Teatro García Barbón, un gran edificio para unha cidade moderna e de progreso, 1997 en 00/00/1997

O mantemento do Teatro Rosalía de Castro fora un dos legados máis queridos do filántropo. Sabedoras do agarimo que o seu tío lle tiña ao proxecto, as súas sobriñas e herdeiras decidiron recuperalo e encargar un novo edificio como homenaxe póstuma á súa figura. O encargado do seu deseño foi o coñecido arquitecto Antonio Palacios. Este magnífico edificio é un dos exemplos máis relevantes do seu talento.
De estilo neobarroco, dentro da corrente modernista de principios do século XX, estaba inspirado na Ópera de París e no Teatro Arriaga de Bilbao. Foi pensado para ter diversas funcións culturais: o propio teatro, destinado a grandes representacións de ópera e obras teatrais, zarzuela, comedia, concertos de música clásica etc. Contaba tamén cun auditorio, a “Sala Rosalía de Castro”, no que se proxectaban películas e pequenas actuacións de teatro e bailes populares; tamén tiña varios salóns destinados a casino e restaurante. Dispón dunha gran cristaleira para iluminar o vestíbulo e unha grandiosa escaleira que conecta as diferentes estancias do edificio, feito todo cos mellores materiais construtivos. Tras a súa inauguración en 1927, axiña se converteu no epicentro da vida cultural de Vigo.


2000-07-25
Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000
Ver

Transcripción da Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 en 25/07/2000

Mª Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, foi a voz por excelencia dos e das galegas na sociedade arxentina. Filla de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1916. Cun profundo amor pola terra dos seus pais, desde moi nova participou nos festivais e recitais organizados polas asociacións galegas, nos que se intentaba preservar e defender a identidade cultural e lingüística de noso. Con 17 anos comezou a traballar na radio coa actriz Maruxa Villanueva e en 1941 participou na estrea mundial de Os vellos non deben de namorarse, que supuxo un fito para a nosa cultura.
Foi unha das fundadoras do programa de radio Recordando a Galicia. Este espazo semanal, creado en 1945 para defender e valorizar a imaxe da colectividade galega emigrada na sociedade arxentina, estivo en antena ata 1984. Por el pasaron as principais figuras da cultura do exilio e da emigración. Maruxa Boga converteuse nun símbolo da identidade de miles de emigrantes galegos e galegas que poñían a radio todas as semanas para escoitala.
Nesta imaxe está acompañada por Clotilde Iglesias, filla de Fernando Iglesias “Tacholas”, o seu compañeiro de tantos proxectos culturais e co que chegou a montar unha compañía teatral galega.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Pernas Cora, GustavoOlveira “Pico”, Xosé ManuelChao, ErnestoCasares, MaríaGarcía, RubénMagán, AgustínCejudo, XoánRivera, MabelAbalo, Ánxela G.Prosperi, FilippoSalvat i Ferré, RicardSeoane, Luísde Claramonte, AndrésPorto, JositoCruz, MelaniaZearreta, SergioDurán “Morris”, AntonioAlonso Montero, XesúsAsorey, TitoCastelao, González Herrán, José ManuelDíaz Pardo, IsaacCadaval, QuicoÁlvarez, RosaRubia Barcia, JoséCunqueiro, ÁlvaroTosar, LuísXirgú, MargaritaBouzas, MariaLago, XulioLourenzo, ManuelReixa, AntónFernán Vello, Miguel AnxoViz, TinoArias, TonoDieste, RafaelMerina, VicenteSynge, John MillingtonLosada, AntónGarcía Barbón, JoséVillanueva, MaruxaConstenla, BelénGas, MarioVidal Bolaño, RobertoPernas, MiguelCasanova, XepeLosada, BasilioMorgan, LinaMeijide, CarlosMolto, María Fernanda Temáticas: Álbum de GaliciaMullerescineFondos de Radio Nacional de España en Galicialiteraturaexilio galegoMulleres no Álbum de Galicia“cartografías” do Álbum de mulleresentrevistaÁlbum de GaliciafotografíauniversidadeOs vellos non deben namorarse Colección: Luís Seoane e Ricard SalvatHistorias de ida e voltaetnografíaensinoA Lindona de GaliciaemigraciónentroidofestastradiciónFausto, de Goethe Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. biografíaradioA camisaartes visuaisdocenciapolíticaCastelao artistaartes escénicasMemoria e voces femininas da diáspora galegaO indiano José García Barbón e a súa acción filantrópicaliteratura galega do s. XXsocioloxíaguerraremesasarquitecturatelevisiónmúsicafestivalasuntos particulares Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalconferenciasmediateca/extrasrelixiónfolclorePremio Arlequín de TeatroPremio Rafael Dieste de Teatro

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0