Temática: hotentote

Temática: hotentote [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1961-06-06
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1961
Ver [Carta manuscrita co membrete:] SOUTH AFRICAN AIRWAYS / SUID-AFRIKAANSE LUGDIENS

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Seoane. 1961 en 06/06/1961


6/6/61

Querido Luís:

Ainda que non ô sospeites estóu n-este intre voando, con Pilar, sobre o Congo. Acabamos de pasar uns dias en Mozambique –Lourenço Marques– e a Unión SudAfricana –Johanesburg e Cape Town–. A razón do viaxe é puramente persoal. Responde a un convite de Manuel Boullosa, o galego-portugués que tenta fundar a refineria en Vigo. Acaba de inaugurar outra na capital da Africa Oriental Portuguesa. Foi feita en menos de un ano i-é das mais modernas do mundo.
Lembramonos moito de tí ao longo da nosa xeira african. Maormente como intérprete do home e como artista sintonizado enteiramente co-a su[a] hora. Africa ten unha forza bioloxica que cecais os continentes civilizados aínda non teñen unidades de medición pra calcular. Un pensa que tampouco as institucións xestadas pol-a cultura greco-roman, poden servir par-o home do Congo, de Kenia, de Rhodesia, de Ghana... Pr-o que ainda é enxebremente etrópico, bantú, hotentote...
En contraste, o capitalismo europeu eiquí fixo miragres. Sud-Africa é un. Ten cibdades maravillosas –como Cap[e] Town– ou imponentes coma Johanesburgo. Non teño visión completa de Salisbury –Rhodesia– ou Nairoby –Kenia–, mais de noite e dende o ar, son impresionantes. Teño referencias de que Nairoby é de gran beleza. Chegaremos ao aeroporto axiña, pra seguir a Atenas, onde demoraremos un ou dous días.
Tanto en Lourenço Marqués coma en Cape Town hai moitos murales, alguns exteriores, e moitos feitos con pequenas pedras de coores, sobre fondos de distintos tonos. Tamen os hai de mosaico. En Cape Town, ademais, as casas de decoración e mobilia son depuradisimas. Supoño que serán de europeos e con artigos importados, mais sorprende que eixista mercado, a precios que queiman, de artigos que solo n-algunhas capitales de Europa ou America se pagaban ben.
O arte indixena coasi non se atopa, ainda que a mixtificación e a falsificación enchen moitos bazares. O que hai son pezas chinas, modernas, mais belas, maormente na beira do Indico (Mozambique).
Teu amigo –e xa meu– Dr. Ruiz supoño que estará pra chegar a sua terra. Vai contento da sua curta estada antre nos. Por il sei que tes o pensamento de voltar, o que moito nos alegra.
Como sabes, ainda non rematamos a loita da refinería. Se acabara con ben, moitos outros problemas ficarian resoltos, ou con seguridade de sel-o axiña. Tamen andamos a por en proba outra aventura industrial: os barcos conxeladores de Pescanova, S.A. O primeiro –Lemos– sai en xulio. O segundo coidamos que en setembro. Se non van a Africa do Sul, irán a America do Sul. Temos moita fé en como as cousas se fan, mais o risco e grande. Ben te decatas que por algún tempo –coido que non moito– vivo coutado por estas responsabilidades, que mais a Galiza que a min importan. Mais non esquezo canto falamos e penso que co-a tua axuda pode ser unha grande obra.
Non tuven nova algunha de Lorenzo Varela. ¿Volve ou non? E Dieste, e Baltar..? Lembranzas pra todos –con Mimina, Isaac e Pepe Nuñez– e moitos cariños pra tua doce Maruxa, d-estes dous navegantes aereos pol-o mundo negro.

Apertas cordiaes de

Valentín

Con Maruja un feixe de abrazos.

Mª Pilar


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Agra Romero, María Xosé;  Cabanas, Constantino;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández Albor, Gerardo;  Barreiro Rivas, Xosé Luís;  Castelao, ;  Fraga Iribarne, Manuel;  García-Sabell, Domingo;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Cañas, Pilar;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Perón, Juan Domingo;  Scheimberg, Simón;  Paz-Andrade, Valentín;  Rosón, Antonio;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Piñeiro López, Ramón;  Murguía, Manuel;  Sofovich, Bernardo;  Fernández Lores, Miguel Anxo;  Picasso, Pablo;  Falcini, Luís;  González Laxe, Fernando;  Pita, Luis;  Montero Díaz, Santiago;  Dónega, Marino;  Peña, Marina de la;  Fernández del Riego, Francisco;  Laxeiro, ;  Rajoy, Mariano;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cabeza de León, Salvador;  Gerstein, Marika;  Quiroga Suárez, José;  Tobío Fernández, Lois;  Lifschitz, Rafael;  Alberti, Rafael;  Lanusse, Alejandro Agustín;  Shand, William;  Rama, Carlos M.;  Beiras, Xosé Manuel;  González Mariñas, Pablo;  Cuiña, Xose;  Díaz Dorado, Diego;  Gómez Román, Manuel;  Faraldo, Antolín;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  entrevista;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  xustiza;  ensino;  feminismo;  filosofía;  Mulleres;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  nacionalismo;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  historia;  acción política;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  prensa escrita;  autores/as;  migracións;  economía;  emigración;  organizacións;  medios de comunicación;  Parlamento de Galicia;  Procesos electorais;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  nacionalismo galego;  educación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  galeguismo;  industria;  eleccións;  exilio;  A nova Sargadelos;  ensaio;  peronismo;  arquitectura;  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  cultura;  sindicalismo;  Transición;  Eleccións ao Parlamento de Galicia. 1981;  socioloxía;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  cine;  reconversión naval;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0