Temática: Ares en Cuba: unha emigración mariñeira

Temática: Ares en Cuba: unha emigración mariñeira [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
2008-00-00
O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008
Ver

Transcripción da O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 en 00/00/2008

Este magnífico edificio é o mellor símbolo para lembrar a todos os seus emigrantes e todo o ben que estes fixeron para o progreso e modernización dos seus veciños e veciñas. A edificación ten unha clara inspiración indiana, cunha rica decoración que lle proporciona uniformidade ao conxunto pese a ter varias fases na súa construción. Tal como podemos ler na memoria social da Alianza Aresana de 1908, decídese «construir el aula de los niños, la más urgente para trasladar a ella a los alumnos que se encuentran ya escolarizados, en la segunda el aula de las niñas y en la tercera el módulo de unión entre ambas. Esta subdivisión del proyecto se debe a que la disponibilidad económica actual no permite abordar el total de la obra. [...] El importe de la obra realizada asciende a 7773 pesetas, en las que se incluye mobiliario y material escolar».
As escolas Alianza Aresana foron inauguradas o 15 de novembro de 1908 como centro de ensino primario para os nenos da vila. Hoxe en día os aresáns e aresás poden gozar do edificio que funciona como centro sociocultural que leva como homenaxe o nome dos seus promotores.


2020-00-00
Unha das casas indianas que se conservan na vila mariñeira de Ares, 2020
Ver

Transcripción da Unha das casas indianas que se conservan na vila mariñeira de Ares, 2020 en 00/00/2020

Esta fermosa casa foi construída a finais dos anos 20 do pasado século sobre a antiga casa familiar dos Ramos Bugallo, situada nunha das principais rúas de Ares. Foi herdada polas irmás Josefa e Sara, casadas cos emigrantes aresáns en Cuba Arturo Fuentes Rodríguez e Emilio Fernández López, que ao regresar decidiron instalarse na súa vila natal. En realidade estamos a falar de dúas vivendas separadas por unha medianeira e cuxas fachadas teñen un esquema compositivo moi similar que lles aporta unidade. Destacan as grandes galerías de estilo modernista con vidros de cores e molduras decorativas, obra do recoñecido carpinteiro aresán Ángel García. Tamén hai que salientar as cornixas e os ornamentos de forxa de clara inspiración modernista.
Este é un exemplo das moitas casas que os emigrantes da zona levantaron para vivir ou para pasar tempadas tras o seu regreso de Cuba. Estas casas eran o soño de todo emigrante cando regresaba, como símbolo do seu ascenso social e económico.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Gómez Román, Manuel;  Campos de Michelena, Pascuala;  Candeira, Constantino;  Peña, Marina de la;  Cañas, Pilar;  Lopez-Chaves, Jose Manuel;  Casabella López, Xosé Manuel;  Llano Cabado, Pedro de;  Rey Hombre, María del Milagro;  García Martín, Manuel;  González, Flor;  Rico Verea, Manuel;  Blanco Santiago, Carlos;  Estevez, Jose Ramon;  Codesal Vidal, Angel;  Gonzalez Crespo, Salvador;  Losada, Xavier;  de Abel Vilela, Adolfo;  Iglesias Veiga, Xosé María Ramón;  Castelo Agra, Miguel;  Tena, José Luis de;  Dalda Escudero, Juan Luis;  Pellejero Fernandez-Roel, Enrique;  García Barbón, José;  Peña, Felipe;  Gonzalez Prior, Victoriano;  Fraguas Fraguas, Antonio;  Míguez Liz, María Paz;  Fernández Martínez, Carla;  Novo Freire, Jose;  Lorenzo Fernández, Xaquín;  Maside, Carlos;  Andrade, Camilo;  Torres Carbajo, Fernando;  Couto Pulido, Carlos;  Fernández-Albalat Lois, Andrés;  Veiga Valiño, Arturo;  Palacios Ramilo, Antonio;  Salgado, Gerardo;  Chamoso Lamas, Manuel;  Méndez Romeu, José Luis;  Caruncho, Luís;  Trapero Pardo, José;  Sánchez García, Jesús A.;  Gómez González, José;  Blanco «Fosco», Alfonso;  Otero Pedrayo, Ramón;  Portilla, Pedro de la;  Díaz, José María;  Bragado Rodríguez, Manuel;  Temáticas: Álbum de Galicia;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  política;  nacionalismo;  entrevista;  Historias de ida e volta;  remesas;  relixión;  emigración;  Mulleres;  historia;  A pegada indiana na Mariña lucense;  pazos;  urbanismo;  escultura;  emigrantes;  etnografía;  artes;  Catedral de Ourense;  teatro;  O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica;  educación;  fotografía;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  patrimonio;  Palestras Maxistrais;  mediateca/extras;  CCG 40;  agricultura;  xeografía;  gandaría;  flora;  Terras de Muras;  patrimonio artístico;  Torre de Hércules;  autobiografía;  tradición;  hórreos;  pintura galega do s. XX;  Mosteiro de Samos;  Catedral de Lugo;  Muralla de Lugo;  Catedral de Santiago de Compostela;  interiorismo;  Camiño de Santiago;  prensa escrita;  Galego;  vídeo;  Proxector; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0