Temática: A pegada indiana na Mariña lucense [4]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915Este palacete modernista, considerado como a obra arquitectónica cosmopolita máis destacada de Ribadeo, non falta en ningunha guía turística de Galicia. Foi promovido cara a 1915 polos irmáns Pedro María e Juan Moreno Ulloa, naturais da vila de Ribadeo e emigrantes de éxito na Arxentina. Dedicábanse á explotación do campo en terras da Pampa e coméntase que fundaron un poboado con moeda propia, utilizado fundamentalmente como residencia dos traballadores contratados por eles.
|
|
Carlos Couto Pulido e a súa Villa Modesta, 1911 |
Ver
Transcripción da Carlos Couto Pulido e a súa Villa Modesta, 1911Carlos Couto Pulido, natural de San Xoán de Vilaronte (Foz), estivo emigrado na illa de Cuba, da que volta a principios do século XX. En 1903 casa con Modesta Couto Samaniego, filla do seu irmán Francisco Lois, que era un adiñeirado tabaqueiro na Habana. A cerimonia celébrase tras o seu retorno a Galicia, na parroquia de San Martiño de Mondoñedo. Non se sabe moito sobre a vida deste indiano focego. O matrimonio tivo dous fillos, Carmen e Ramón. Fontes oficiais mostran que foi suplente do xuíz e do fiscal no primeiro terzo do século XX (en 1915 e 1920), o que demostra que a súa formación académica se orientou cara á rama das ciencias xurídicas. Carlos faleceu en Foz o 25 de novembro de 1932. Nesta imaxe presentamos esta fermosa vivenda, que obedece ao perfil de casas indianas da zona da Mariña lucense. Foi coñecida como Villa Modesta, o que nos fai pensar que a súa construción se realizou en honor á súa muller.
|
|
| 2011-00-00 | La Argentina, residencia do indiano José Álvarez Fernández na súa aldea natal de Vilaestrofe (Cervo), 2015 |
Ver
Transcripción da La Argentina, residencia do indiano José Álvarez Fernández na súa aldea natal de Vilaestrofe (Cervo), 2015 en 00/00/2011Pódese dicir que esta vila é o prototipo arquitectónico dunha casa indiana autóctona. O seu promotor foi un emigrante na Arxentina que acadou éxito económico e social. Emigrou a Bos Aires en 1884 e traballou nunha fábrica de tabacos, da que co tempo pasou a ser propietario. Casado cunha muller arxentina, converteuse nun home moi rico e retornou á súa aldea natal preto de 1910. Alí mandou construír unha casa grande, situada na actual estrada que une Sargadelos e San Román de Vilaestrofe. Para levar a cabo este proxecto decidiu contribuír cos seus cartos á construción desta estrada. Os seus veciños e veciñas recoñecerán cun monumento conmemorativo e unha placa o seu labor filantrópico a prol do progreso da comarca.
|
| 2022-00-00 | A Casa do Señorón, en Ourol, típica casa indiana da Mariña, 2022 |
Ver
Transcripción da A Casa do Señorón, en Ourol, típica casa indiana da Mariña, 2022 en 00/00/2022Esta casa indiana é tamén coñecida como a Casa das Palmeiras polos fermosos exemplares que a custodian e que se trouxeron expresamente de Cuba. Foi mandada construír nos anos 30 polo emigrante retornado José García Rodríguez, alcumado O Señorón, quizais pola fachenda e riqueza coa que volveu da Arxentina, país onde fixo fortuna. Con esta casa o indiano, como tantos outros, quería testemuñar a súa elevada posición económica, conseguida na emigración.
|


