Temática: emigrantes [2]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Bar restaurante El Escorial, A Habana |
Ver
Transcripción da Bar restaurante El Escorial, A HabanaJosé Torrente López (ca. 1855) era betanceiro de nacemento de pai aresán e residiu en Ares desde meniño. Entrado xa o último terzo do século XIX e apenas sendo un adolescente, emigrou á illa de Cuba. Como moitos galegos asentados na Habana, José conseguiu desenvolverse no sector hostaleiro. Pertenceu a esa clase de emigrantes que non se limitaron a buscar o éxito individual, senón que trasladaron esforzos que repercutiron positivamente na súa comunidade de orixe.
|
|
| 1901-04-14 | A familia en Galicia sempre no pensamento, Regla 1901 |
Ver
Transcripción da A familia en Galicia sempre no pensamento, Regla 1901 en 14/04/1901José Louro, emigrante devesán na illa de Cuba, envía a Galicia esta fotografía dedicada á súa nai. Os irmáns José e Luciano Louro emigraron á Habana no último terzo do século XIX e tras moitos traballos chegaron a ser propietarios de varias tendas no sector téxtil. José rexenta unha xastraría e tenda de teas na cidade de Regla, en cuxo interior posa cos seus empregados e algúns clientes e amigos, como o señor sentado nun lugar destacado, con sombreiro e bastón. Todos coas súas melloras galas e amosando a súa bonanza económica.
|


