Temática: Mulleres

Temática: Mulleres [137]

Data Material Ver
Data Material Ver
Fotografía familiar de Sesé Mateo
Fotografía de Sesé Mateo sentada nunha randeeira
Retrato de Sesé Mateo
Retrato de Sesé Mateo
Sesé somos todas, pola vida e a memoria. Reportaxe realizada ao grupo de apoio á familia de Sesé Mateo, na que participan amigas e compañeiros de loitas e de vida.
Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006)
Ver

Transcripción da Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006)

O seu nome completo era Carmen Pura Vázquez Iglesias. Naceu en Ourense en 1918. Como acontecía en moitas familias da época, Pura pertencía a unha familia numerosa. A nai era ama de casa e o pai empregado de Correos. A Coruña foi o lugar que acolleu a toda a familia e lle brindou unha mellora das condicións económicas. Quen ía dicir que aquela nena tan delicada de saúde chegaría a romper moldes a través da súa produción literaria en lingua galega e das súas ensinanzas como mestra. Transcorrendo xa a súa adolescencia e de volta no seu Ourense natal, Pura manifesta unha preferencia polas letras que a fai gozar da lectura e escritura, moitas veces creada por ela mesma. Recibe apoio do seu pai, quen, ante o entusiasmo que Pura manifesta, lle regala a súa primeira máquina de escribir. Comezou con trece ou catorce anos publicando na revista La Zarpa. Estes primeiros traballos foron orientados por Otero Pedrayo.
Co estalido da Guerra Civil, o pai de Pura, socialista, pasará tres anos en prisión e o seu mozo Sindo perderá a vida na Batalla do Ebro. Serían tempos difíciles nos que a familia se sostiña co soldo de mestra que percibía a súa irmá Dora. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Mestres da Coruña. Dedicarase á docencia no seu destino de Segovia e o seu traballo de mestra non interrompería a súa produción literaria. Debido a certos problemas de saúde, autorizan o seu traslado a Madrid. Na capital coñecería a moitos escritores e intelectuais de renome. Pura atopouse inmersa nun ambiente propicio para publicar os seus escritos nas revistas poéticas españolas de vangarda, e comeza a desenvolver o seu talento no eido da literatura infantil e xuvenil. En 1955 apuntouse á aventura migratoria como unha emigrante galega máis. O seu destino foi Venezuela. A capital caraqueña converteuse nun lugar onde Pura exerceu a docencia aos máis pequenos, entre outros traballos que puido desenvolver. Alí bríndaselle a oportunidade de ampliar o seu círculo de amizades coa intelectualidade galega residente no país e publicará tamén parte da súa obra literaria. As súas colaboracións transcenden as publicacións españolas, xa que as editoriais venezolanas tamén lle fixeron un oco. En Caracas ten varias ocupacións, como a de secretaria na Aseguradora Nacional ou arquiveira no Instituto de Cooperación Educativa. A súa permanencia en Caracas foi intermitente pois veu a Galicia e a Madrid en varias ocasións, pero o retorno definitivo a España tivo lugar en 1969. Casa con Manuel Batanero Almazán, mestre de profesión, o 16 de febreiro de 1975. Dez anos máis tarde o seu home morre a causa dunha grave enfermidade. Este acontecemento fai que Pura decida pouco tempo despois establecerse en Galicia definitivamente. Logo dun tempo de inactividade, volve escribir e publicar artigos en xornais e o seu labor literario continúa ata case o seu falecemento, producido en Ourense o 25 de xullo de 2006. Entre a súa prolífica produción literaria atópanse obras como: Trece poemas a mi sombra (1959), A saudade e outros poemas (1963), Os Aldán foron a América (1996) e Terra matria dos soños (1999).


Mariví Villaverde, memoria do exilio galego, ca. 1979
Ver

Transcripción da Mariví Villaverde, memoria do exilio galego, ca. 1979

A experiencia vital de María Victoria Villaverde Otero estivo marcada polo exilio. Filla de Elpidio Villaverde, o último alcalde republicano de Vilagarcía de Arousa e deputado nas Cortes da República, tivo que exiliarse coa súa familia en Francia. Alí coñeceu a Ramón de Valenzuela. A II Guerra Mundial obrigou a familia a buscar un novo país de acollida e marchou cara a Arxentina. Ata 1944 non volve reunirse co seu mozo, que estaba no cárcere como preso político. Tras a súa voda en Vilagarcía e debido á represión franquista, deciden en 1949 marchar para Bos Aires. Alí traballa nas representacións de teatro galego da Federación de Sociedades Gallegas e dirixe xunto con Arturo Cuadrado o xornal Galicia, onde publica algúns artigos co pseudónimo de “Mª V. Arealonga”. Hai que destacar tamén as numerosas iniciativas que realizou a prol da defensa da muller emigrante na colectividade.
En 1962 a editorial Alborada de Luís Seoane publica a súa obra máis coñecida, Tres tiempos y la esperanza, na que dá testemuño do que foi a República e o exilio para tantos e tantas galegas. En 1966 retorna coa súa familia definitivamente a España e instálase en Madrid pero con Galicia sempre presente.


Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega
Ver

Transcripción da Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega

Nélida Cuíñas Piñón naceu en Río de Xaneiro no ano 1937. É descendente de galegos polos catro costados. De pai galego e nai carioca, filla de galegos. Daniel Cuíñas Cuíñas, emigrante de Cotobade, era o seu avó materno e foi un referente extraordinario para esta recoñecida escritora. O coñecemento do “mundo galego”, como ela mesma sinala, deulle a oportunidade de afondar na súa pertenza a dúas culturas, a consolidar unha identidade híbrida que tanto enriquece a alma. Na súa nenez Nélida viaxa a Galicia cos seus avós maternos e cos seus pais, onde permanece durante case dous anos. A escritora cualifica este ciclo como o máis feliz da súa vida, cheo de aprendizaxes, doutras linguas e paisaxes. Desfrutou da vida no agro dun xeito intenso e conserva aínda na súa memoria todas esas experiencias tan frutuosas. O seu anhelo sempre foi ser escritora e aquela experiencia en Galicia marcaría parcialmente a súa obra literaria. Un fiel exemplo atopámolo no seu libro La república de los sueños (1984), no que recrea o fenómeno da emigración galega e todo o que representa como tal.
En 1957 obtén o título de Licenciada en Xornalismo pola Pontificia Universidade Católica do Rio de Janeiro. Desde entón a súa carreira profesional non fixo máis que subir chanzos cara ao éxito absoluto e transcendente. Comeza o seu labor como correspondente na revista Mundo Nuevo e a súa colaboración na revista Cadernos Brasileiros. No mundo literario iníciase coa súa novela Guía-mapa de Gabriel Arcanjo, publicada en 1961, e segue con publicacións como Tempo das frutas (1966), Sala de armas (1973), Fundador (1969) ou A casa da paixão (1972). Por outra banda, Nélida asume a responsabilidade de dirixir varias institucións, como o Laboratório de Criação Literária da Universidade Federal do Rio de Janeiro (1970) ou a Divisão Cultural do Departamento de Cultura de Estado do Rio de Janeiro, entre outras. Ademais foi membro e profesora de diferentes institucións de carácter internacional. Tal é o caso de Phi Beta Delta Honor Society (1993, Universidade de Miami), o Conselho Nacional dos Direitos da Mulher do Rio de Janeiro ou a Academia de Filosofía de Brasil (2006).
En 1996 é nomeada presidenta da Academia Brasileira de Letras. Recibiu numerosos galardóns durante a súa longa carreira profesional, entre os que se pode destacar: o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2003) e o Premio Príncipe de Asturias das Letras (2005). Ten publicados case unha trintena de libros e na actualidade aínda continúa coa súa produción literaria.


Retrato de Emilia Pardo Bazán
Páxina web dedicada a Aurora Vidal
Biobibliografía de Aurora Vidal Martínez na Galipedia
Aurora Vidal Martínez na páxina web do colectivo Do gris ao violeta
Unidade didáctica sobre Aurora Vidal, elaborada por Míriam Ferradáns
Capa da unidade didáctica A Pontevedra de Aurora Vidal, unha achega de Míriam Ferradáns. A ilustración é de Luz Beloso
Retrato fotográfico de Aurora Vidal Martínez tomado da páxina web de homenaxe do seu marido Marcial Pantín Folgar
Retrato de Aurora Vidal Martínez
Cuberta da adaptación teatral de Camino de Belén, de Aurora Vidal
Entrada biobibliográfica de Aurora Vidal Martínez na Enciclopedia Galega
Foto de grupo durante a sesión en Pontevedra de poetas participantes no III Congreso Internacional de Poesía. Na fotografía aparecen, entre outros, Aurora Vidal Martínez, Herminia Fariña, Sabino Torres, Xosé Filgueira Valverde, Xosé María Álvarez Blázquez, Dora Vázquez, etc.
Ver Poetas e escritores que asistiron o día 24 de agosto de 1954 a Pontevedra dentro dos actos do III Congreso Internacional de Poesía. O grupo sitúase diante da fachada de San Francisco e nel distínguese os seguintes poetas: na terceira fila, sentados: Dionisio Gamallo Fierros e Walter Starkie; enriba, de pé e de esquerda a dereita: Emilio Álvarez Negreira (o segundo), Alberto Cambronero, Aurora Vidal Martínez, Sabino Torres, Pura Vázquez e Herminia Fariña; enriba, de esquerda a dereita: Manuel Cuña Novás, Ramón González Alegre, Xosé María Álvarez Blázquez, Cándido Viñas Calvo, Carles Riba e Quique Blein; debaixo e á dereita o último é Francisco Javier Sánchez Cantón e na escaleira inferior, tamén á dereita: Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Transcripción da Foto de grupo durante a sesión en Pontevedra de poetas participantes no III Congreso Internacional de Poesía. Na fotografía aparecen, entre outros, Aurora Vidal Martínez, Herminia Fariña, Sabino Torres, Xosé Filgueira Valverde, Xosé María Álvarez Blázquez, Dora Vázquez, etc.

Poetas e escritores que asistiron o día 24 de agosto de 1954 a Pontevedra dentro dos actos do III Congreso Internacional de Poesía. O grupo sitúase diante da fachada de San Francisco e nel distínguese os seguintes poetas: na terceira fila, sentados: Dionisio Gamallo Fierros e Walter Starkie; enriba, de pé e de esquerda a dereita: Emilio Álvarez Negreira (o segundo), Alberto Cambronero, Aurora Vidal Martínez, Sabino Torres, Pura Vázquez e Herminia Fariña; enriba, de esquerda a dereita: Manuel Cuña Novás, Ramón González Alegre, Xosé María Álvarez Blázquez, Cándido Viñas Calvo, Carles Riba e Quique Blein; debaixo e á dereita o último é Francisco Javier Sánchez Cantón e na escaleira inferior, tamén á dereita: Xosé Fernando Filgueira Valverde.


Entrada biográfica de Mariví Villaverde na Galipedia
Artigo de Xosé Enrique Acuña sobre o fotógrafo José Luis Abalo
Mariví Villaverde debuxada por Luís Seoane
Resumo de Tres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde, traducido para o francés
1002-07-00
Cuberta de Tres tempos e a esperanza de Mariví Villaverde, na colección Muleres d'A Nosa Terra
1900-00-00
Fotografía de Curros Enríquez atribuída a Cándida Otero. Sen data
1901-07-08
Artigo de Pardo Bazán sobre Elisa Sánchez Loriga
1909-00-00
Sofía Casanova, unha escritora de gran sona no seu tempo
Ver

Transcripción da Sofía Casanova, unha escritora de gran sona no seu tempo en 00/00/1909

Sofía Casanova naceu na Coruña en 1862 e moi nova trasladouse coa súa nai e irmáns a Madrid para que puidesen estudar. Con 15 anos xa asistía a reunións dos círculos intelectuais da capital e será nun destes faladoiros onde coñeza ao seu marido, o profesor e filósofo polaco Vicente Lutoslaswki, co que marchará vivir a Polonia. A actividade diplomática do seu home fai que viaxe a miúdo polas principais capitais europeas e viva os principais cambios históricos de finais do século XIX e primeira metade do XX. Convértese, así, nunha destacada xornalista ao escribir sobre todos os acontecementos que se estaban a producir: o sufraxismo, as loitas sindicais, a formación do Partido Comunista, a revolución rusa e as dúas guerras mundiais. Foi das primeiras periodistas correspondentes de guerra. Nos seus escritos podemos ver que se trataba dunha muller comprometida cos cambios sociais da súa época cunha clara postura pacifista e antibélica. Esta actividade como xornalista será o seu apoio económico tras o repudio do seu home. Tamén escribiu novelas, poesía e obras de teatro.
Ao longo da súa vida, pese a residir por toda Europa, non esqueceu a súa terra galega e pasou tempadas aquí gozando da paisaxe e dos amigos. En 1906, acabada de crear a Real Academia Galega, foi nomeada membro correspondente e en 1952 será declarada por unanimidade académica de honra, o que nos acredita a súa importancia como muller de letras.


1929-00-00
Chita Lamas Barreiro co seu pai Farruco Lamas Salgado na Granxa Ceres. 1929
1929-00-00
Chita Lamas e Farruco Lamas Salgado. 1929
1929-00-00
Chita Lamas cunhas amigas en Mar del Plata. Sentada, a súa irma Vicenta
1929-00-00
Chita Lamas en Mar del Plata. 1929
1930-00-00
De esquerda a dereita: Francisco Pérez y Pérez, Vicenta Lamas, Chita e Ramiro Isla. 1930
1932-00-00
Retrato fotográfico de Chita Lamas. Madrid, 1932
1934-00-00
Chita Lamas co seu sogro Fidel Isla Araújo polas rúas de Vigo. 1934
1935-00-00
Chita e Vicenta Lamas na delegación do Seminario de Estudos Galegos durante a Semana Cultural Galega en Porto. 31 de marzo a 7 de abril de 1935
1935-08-10
Primeira colaboración de Aurora Vidal Martínez en Vida gallega
1940-00-00
Chita Lamas vestida de festa. Ca. 1940
1943-00-00
Última foto conservada de Chita. Ca. 1943
1943-00-00
Poema de Chita Lamas no Cancioneiro da Loita Galega
1943-07-00
Poema de Chita Lamas publicado na sección Poetas novos da revista Saudade. 1943
1946-00-00
Cuberta da obra de Aurora Vidal Camino de Belén, ilustrada polo pintor Manuel Torres
1946-10-14
Poema «Navegante solitario» de Aurora Vidal Martínez na revista pontevedresa Ciudad
1946-12-00
Crítica de Camino de Belén, de Aurora Vidal, na revista Spes
1946-12-16
Crítica do libro Camino de Belén, de Aurora Vidal, na revista pontevedresa Camino
1947-02-10
Camino de Belén, de Aurora Vidal, en La noche
1947-06-23
Poema de Aurora Vidal Martínez publicado en La Noche
1950-01-12
Nova sobre a representación no Teatro Principal de Santiago de Compostela do poema Camino de Belén de Aurora Vidal
1952-00-00
Mensaje de otoño, de Aurora Vidal, foi publicado en Santa Cruz de Tenerife en 1952
1952-05-06
Noticia en El Correo Gallego do nomemento, entre outras persoas, de Aurora Vidal Martínez omo correspondente da RAG
1954-00-00
III Congreso Internacional de Poesía. 1954
1956-11-19
Artigo de Modesto Bará sobre Aurora Vidal Martínez en La Noche
1962-08-31
Artigo de María Teresa León sobre Tres tiempos y la esperanza de Mariví Villaverde
1974-00-00
Ilustración da edición de Insolación e Morriña realizada en 1976 polo Círculo de Amigos de la Historia
1974-00-00
Couceiro Freijomil inclúe á escritora Aurora Vidal no seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores
1976-00-00
Emilia Pardo Bazán nunha ilustración da edición realizada en 1976 polo Círculo de Amigos de la Historia de Insolación e Morriña
1976-00-00
A revista Triunfo publica unha reportaxe sobre a obra de teatro El Adefesio. 1976
1979-09-01
Casa da familia Castelao, en Rianxo, con imaxes de Teresa Castelao e Emma Tojo. 1 de setembro de 1979
1981-00-00
María Xosé Porteiro presentadora do I Festival de Poesía do Condado (Mondariz Balneario, 1981)
1982-00-00
María Xosé Porteriro, terceira pola esquerda na fileira de abaixo, xunto con amizades fundadoras dos Premios da Crítica no día da entrega do Premio Blancoamor a Víctor Freixanes, cuarto pola esquerda, pola súa obra O triángulo inscrito na circunferencia (1982).
1982-03-04
Porteiro, María Xosé: «Conversa con María Xosé Queizán. A muller e a cultura en Galicia»
1983-00-00
Sabela Mouriz, María Xosé Queizán e María Xosé Porteiro celebran a presentación da Festa da Palabra Silenciada (Santiafo de Compostela, 1983)
1995-00-00
Entrevistas de María Xosé Porteiro en «Corte e confección»
1999-11-01
Sesé Mateo na praia de Barro. Inverno de 1999
2000-00-00
Edición do ano 2000 do libro de Aurora Vidal Poemas de nenos e paxariños
2002-11-07
Mariví Villaverde en Revista das Letras. 7 de novembro de 2002
2003-00-00
Os exilios de Mariví Villaverde
2003-00-00
Materiais de cursos impartidos por María Xosé Porteiro
2003-00-00
Porteiro, María Xosé: «Aproximación a algunhas das preocupacións compartidas con Virginia Woolf arredor das mulleres e a literatura»
2003-00-00
Porteiro, María Xosé: «A selva de asfalto»
2004-00-00
Credencial de Deputada
2004-11-26
Conferencia de María Xosé Porteiro en torno ao 25N
2005-05-11
Nova sobre o falecemento da mestra e escritora Aurora Vidal
2005-05-12
Despedida da escritora Aurora Vidal en La Voz de Galicia. 12 de maio de 2005
2005-10-00
Mariví Villaverde, entrevistada por Marga Romero e Henrique Albor para Terra e tempo. 2005
2006-04-04
Mariví Villaverde nunha charla no IES Bouza Brey. 4 de abril de 2006
2006-08-18
Mariví Villaverde homenaxeada no Ano da Memoria. Faro de Vigo, 2006
2007-03-00
A escritora e mestra pontevedresa Aurora Vidal en Dicionario de mulleres galegas de Aurora Marco
2009-03-28
Mariví Villaverde homenaxeada pola AELG como Boa e Xenerosa. Vieiros, 28 de marzo de 2009
2010-00-00
Cuberta do libro Poemas de nenos e paxariños, de Aurora Vidal
2011-05-13
Historias de Vida: Mariví Villaverde. 13 de maio de 2011
2012-00-00
Porteiro, María Xosé: «Prólogo»
2012-00-00
Tamara Montero entrevista a María Xosé Porteiro
2012-01-23
Fernando Franco entrevista a Mariví Villaverde en Faro de Vigo. 2012
2012-04-11
Entrevista a Mariví Villaverde en Praza pública. 2012
2015-00-00
Porteiro, María Xosé: «Era sabido»
2016-00-00
Artigos de opinión de María Xosé Porteiro, no diario dixital Nueva Tribuna, (febreiro de 2016-febreiro de 2018).
2016-01-12
Porteiro, María Xosé: «No 66 cabodano de Castelao»
2017-00-00
Necrolóxica de Mariví Villaverde na revista Madrygal
2017-00-00
Porteiro, María Xosé; Perozo, Xosé Antonio: «Qué poden ler os rapaces de 15 ou 16 anos?: conversa con Carlos Casares (1980)»
2017-00-00
Porteiro, María Xosé: «Coma se fose un prólogo»
2017-00-00
Porteiro, María Xosé: «Millet, Amorós, Agra, Queizán: si!»
2017-01-01
Un dos últimos poemas de Sesé. 2017
2017-04-24
Noticia do falecemento de Mariví Villaverde en Faro de Vigo. 2017
2017-04-24
Mariví Villaverde no Diario Cultural da Radio Galega.
2017-04-26
Entrevista de Carme Vidal a Mariví Villaverde en Nós Diario. 2017
2017-06-22
Galegas nas letras. Xohana Torres
2018-00-00
Artigos de opinión de María Xosé Porteiro, «Quinto elemento», na revista Luzes, (febreiro de 2018-abril de 2019)
2018-00-00
María Xosé Porteiro con Fran Alonso e Ramón Nicolás na Feira do libro de Vigo nun momento da presentación de Lapis na noite, de Ramón Nicolás (2018)
2019-00-00
Porteiro, María Xosé: «Metáfora do mar»
2019-00-00
Recensión de Carme Adán sobre a novela Sándalo, de María Xosé Porteiro.
2019-00-00
María Xosé Porteiro é unha das autoras incluídas no Informe de literatura 2019 do Centro Ramón Piñeiro.
2019-01-01
Poemas de Sesé escritos na época de emigrada en Venezuela. 1987
2019-01-01
Poema manuscrito de Sesé Mateo. Sen datar
2019-02-20
Cuberta do poemario No camiño do vento, de Sesé Mateo
2019-03-03
Artigo de Manuel Jabois en El país sobre Sesé Mateo
2019-03-06
No camiño do vento, de Sesé Mateo, en palabras de Ramón Nicolás
2019-03-10
Artigo da xornalista Montse Dopico para praza.gal (10 de marzo de 2019)
2019-04-25
Emisión del programa Tolerancia cero titulado «O camiño do vento: el legado de Sesé Mateo». 25 de abril de 2019
2019-05-30
Artigo sobre a presentación da novela Sándalo, de María Xosé Porteiro, en Vigo.
2019-07-05
Nova sobre a publicación da novela Sándalo, de María Xosé Porteiro.
2019-09-00
Débora Campos entrevista a María Xosé Porteiro sobre a novela Sándalo recentemente publicada.
2020-00-00
No roteiro Os ollos abertos das mulleres, Míriam Ferradáns guíanos pola cidade de Pontevedra da man de Aurora Vidal Martínez
2020-00-00
Porteiro, María Xosé: «Limiar. Migratoria, a poesía que nos devolve o cerne»
2020-06-12
Xohana Torres
2020-11-26
Entrevista a Joshua Alonso Mateo, fillo de Sesé Mateo, en pontevedraviva.com
2021-00-00
O legado de Castelao no Museo de Pontevedra
2021-00-00
Porteiro, María Xosé: «Andreia Costas. Un gromo de alelí»
2021-00-00
Porteiro, María Xosé: «Bibiana Candia, escritora: Azucre é unha ficción para contar unha verdade»
2021-00-00
Porteiro, María Xosé: «Novelas para Xulia»
2021-06-17
Información no espazo web metropolitano.gal sobre a mural de homenaxe a Sesé Mateo feito polo IES de Chapela
2021-10-26
«Silencio» de Sesé Mateo, con voz e música de Marina Vidal Míguez. III Xornada en Violencia Contra la Mujer organizado polo concello e o Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón. 26 de outubro de 2021
2021-11-18
O proxecto No camiño do vento en facebook
2021-11-18
O proxecto No camiño do vento en twitter
2021-12-08
Nova sobre a presentación da novela Cobardes, de María Xosé Porteiro, en Lugo.
2022-00-00
Porteiro, María Xosé: «Soñar»
2022-00-00
Artigo de Dolores Vilavedra sobre o tratamento da emigración na literatura galega e no que María Xosé Porteiro ten o seu lugar.
2022-05-13
Entrada de Francisco Lamas Barreiro, irmán de Chita Lamas, no Álbum de Galicia
2022-05-13
Biobibliografía de Ramiro Isla Couto no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega
2022-05-13
Edición facsimilar do Cancioneiro da loita galega realizada polo Consello da Cultura Galega co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Florecio Delgado Gurriarán
2023-00-00
Día das Rosalías. Xohana Torres
2023-00-00
Artigo de María Jesús Fariña Busto sobre as novelas de Concha Castroviejo Los que se fueron e Víspera del odio
2023-04-23
Lourdes Varela entrevista a María Xosé Porteiro para Faro de Vigo
2023-10-00
Porteiro, María Xosé: Ficción compartida
2024-00-00
Porteiro, María Xosé: «Morales Monterríos, poeta chileno, Premio Évame Oroza»
2024-00-00
Porteiro, María Xosé: «Francisca Herrera Garrido»
2025-00-00
Maria Xosé Porteiro entrevista a Celso Emilio Ferreiro
2025-00-00
María Xosé Porteiro entrevista a María Xosé Queizán
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoOtero Pedrayo, RamónCarballo Calero, RicardoDíaz Pardo, IsaacDieste, RafaelGarcía-Sabell, DomingoVarela, LorenzoPiñeiro, RamónPaz-Andrade, ValentínHervella, EvelinaCela, Camilo JoséMaside, CarlosCunqueiro, ÁlvaroCastelao, Cuadrado, ArturoFerreiro, Celso EmilioColmeiro, ManuelLaxeiro, Fole, ÁnxelMurguía, ManuelCabanillas, RamónLedo, XohánBlanco Amor, EduardoLapa, Manuel RodriguesMartínez López, RamónBouza Brey, FermínIglesia Alvariño, AquilinoDelgado Gurriarán, FlorencioValle-Inclán, Ramón MaríaMagariños Negreira, XuliánPicasso, PabloArias “Mimina”, CarmenCastro, Rosalía deCabana, Darío XohánPrada, RodolfoÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaRei, LuísNeira Vilas, XoséPorteiro García, María XoséValcárcel, MarcosCampos, Xesús “Chichi”Núñez Búa, XoséScheimberg, SimónFariña Cobián, HerminiaRónai Pal, PauloPondal, EduardoDónega, MarinoCarro García, Xesús Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. Álbum de Galiciaartes visuaisasuntos particularesmigraciónsemigraciónautores/asmedios de comunicaciónhistoriapolítica Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero prensa escritaespazos artísticosMulleresFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Celaexilio galegoColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoaneaxentes culturaislinguaA nova Sargadelospoesía Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalFondos de Radio Nacional de España en GaliciaÁlbum Nósexilioradio“cartografías” do Álbum de mulleresdereitoLingua. LiteraturanacionalismoMulleres no Álbum de GaliciaColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeensinoHistoria da Literatura Galega ContemporáneamúsicapremiosColección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón PiñeiroetnografíaFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolLibro de TapasFardel d’eisiladosociedadeGalería Boninoteatroartes escénicasentrevistanovelapatrimonioviolencia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0