Transcripción da «BIEITO ALCALDE» en 28/05/1995
Adhesivo eleitoral, editado polo BNG de Maceda co gallo das eleccións municipais de 1995, apoiando ao seu candidato á alcaldía, Bieito Seara Formoso, que acadaría a alcaldía, até que unha moción de censura en 1996 levou a alcaldía a Xulio Aldemira, candidato socialista co apoio dos cinco concelleiros do PP. Finalmente o alcalde socialista resultaría expulso do PSdeG-PSOE.