Temática: Mulleres [3]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006) |
Ver
Transcripción da Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006)O seu nome completo era Carmen Pura Vázquez Iglesias. Naceu en Ourense en 1918. Como acontecía en moitas familias da época, Pura pertencía a unha familia numerosa. A nai era ama de casa e o pai empregado de Correos. A Coruña foi o lugar que acolleu a toda a familia e lle brindou unha mellora das condicións económicas. Quen ía dicir que aquela nena tan delicada de saúde chegaría a romper moldes a través da súa produción literaria en lingua galega e das súas ensinanzas como mestra. Transcorrendo xa a súa adolescencia e de volta no seu Ourense natal, Pura manifesta unha preferencia polas letras que a fai gozar da lectura e escritura, moitas veces creada por ela mesma. Recibe apoio do seu pai, quen, ante o entusiasmo que Pura manifesta, lle regala a súa primeira máquina de escribir. Comezou con trece ou catorce anos publicando na revista La Zarpa. Estes primeiros traballos foron orientados por Otero Pedrayo.
|
|
Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega |
Ver
Transcripción da Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galegaNélida Cuíñas Piñón naceu en Río de Xaneiro no ano 1937. É descendente de galegos polos catro costados. De pai galego e nai carioca, filla de galegos. Daniel Cuíñas Cuíñas, emigrante de Cotobade, era o seu avó materno e foi un referente extraordinario para esta recoñecida escritora. O coñecemento do “mundo galego”, como ela mesma sinala, deulle a oportunidade de afondar na súa pertenza a dúas culturas, a consolidar unha identidade híbrida que tanto enriquece a alma. Na súa nenez Nélida viaxa a Galicia cos seus avós maternos e cos seus pais, onde permanece durante case dous anos. A escritora cualifica este ciclo como o máis feliz da súa vida, cheo de aprendizaxes, doutras linguas e paisaxes. Desfrutou da vida no agro dun xeito intenso e conserva aínda na súa memoria todas esas experiencias tan frutuosas. O seu anhelo sempre foi ser escritora e aquela experiencia en Galicia marcaría parcialmente a súa obra literaria. Un fiel exemplo atopámolo no seu libro La república de los sueños (1984), no que recrea o fenómeno da emigración galega e todo o que representa como tal.
|
|
| 1909-00-00 | Sofía Casanova, unha escritora de gran sona no seu tempo |
Ver
Transcripción da Sofía Casanova, unha escritora de gran sona no seu tempo en 00/00/1909Sofía Casanova naceu na Coruña en 1862 e moi nova trasladouse coa súa nai e irmáns a Madrid para que puidesen estudar. Con 15 anos xa asistía a reunións dos círculos intelectuais da capital e será nun destes faladoiros onde coñeza ao seu marido, o profesor e filósofo polaco Vicente Lutoslaswki, co que marchará vivir a Polonia. A actividade diplomática do seu home fai que viaxe a miúdo polas principais capitais europeas e viva os principais cambios históricos de finais do século XIX e primeira metade do XX. Convértese, así, nunha destacada xornalista ao escribir sobre todos os acontecementos que se estaban a producir: o sufraxismo, as loitas sindicais, a formación do Partido Comunista, a revolución rusa e as dúas guerras mundiais. Foi das primeiras periodistas correspondentes de guerra. Nos seus escritos podemos ver que se trataba dunha muller comprometida cos cambios sociais da súa época cunha clara postura pacifista e antibélica. Esta actividade como xornalista será o seu apoio económico tras o repudio do seu home. Tamén escribiu novelas, poesía e obras de teatro. |


