Temática: emigración [3]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920O 15 de agosto de 1908 constituíuse esta sociedade de emigrantes do concello pontevedrés de Silleda residentes en Arxentina. O seu principal obxectivo foi o mantemento dos vínculos de amizade e veciñanza dos seus socios «haciendo revivir los sentimientos de fraternidad nacidos en la infancia». Nos primeiros estatutos prevaleceu a proposta de Antonio Alonso Ríos, un dos seus promotores, quen impuxo a súa finalidade instrutiva, coa creación de escolas nas distintas parroquias como un medio de progreso para os seus veciños e veciñas. A esta asociación deben os silledenses a creación e o mantemento de tres escolas que contribuíron á súa formación educativa. Nelas impartíase un plan educativo redactado por Alonso Ríos, seguindo os postulados didácticos do país de acollida. Desde Arxentina chegaban indicacións para priorizar a calidade da ensinanza, pero tamén para que os edificios dispuxesen de todas as comodidades e medidas hixiénicas máis modernas, ademais de dotar o alumnado de todo o material escolar necesario.
|
|
| 1940-00-00 | Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40 |
Ver
Transcripción da Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40 en 00/00/1940Esta entidade, fundada en 1927, axiña pasou a formar parte da Federación de Sociedades Gallegas, coa que compartía ideario republicano e agrarista. Foi creada como unha institución recreativa e un centro de cultura e protección para os seus asociados. Para eles era primordial a unión e sociabilidade dos seus membros, tal como acreditaba o seu lema «unidad y confraternidad».
|
| 1946-00-00 | «Reinado de la Simpatía» Nova York, 1946 |
Ver
Transcripción da «Reinado de la Simpatía» Nova York, 1946 en 00/00/1946No ano 1924 o xornal New York Times describía nunha das súas columnas varias características da colectividade española residente na cidade, destacando o papel das distintas sociedades de emigrantes en función da súa procedencia e resaltando que cada grupo tiña o seu propio centro, onde se organizaban comidas tradicionais, bailes e representacións teatrais. Un dos eventos máis esperados polos socios e socias da Casa de Galicia de Unidad Gallega sempre foi a elección da Raíña das Flores e as súas damas de honor. As tres mozas elixidas representaban a «glorificación» da xuventude feminina na colonia galega residente en Nova York.
|


