Artigo comunicado

Antonio Benito Fandiño | 1812
Biografía

Contexto

Os liberais eran moi conscientes de que para atraer o apoio popular non abondaba con entronizar a Constitución de 1812 e que polo tanto ía ser necesario tomar medidas económicas. Neste artigo de propaganda denúncianse tres situacións que afectaban negativamente o campesiñado galego: a necesidade de casca para as fábricas de curtidos, que arruinaba os bosques; os baldíos ou bens comúns, que sempre se cedían aos poderosos, e o alugamento dos beneficios eclesiásticos, que provocaba subas incontroladas das rendas que tiñan que pagar os campesiños. Este artigo puido ser escrito por Antonio Benito Fandiño, xa que para el valen tamén os argumentos que na entrada 10 presentamos como a e c. Ademais, nesta carta de Xan de Mingucho incídese de novo na gran desigualdade das condicións de vida de pobres e señores e nos abusos que estes cometían contra aqueles. Tamén cómpre tomar en consideración que aquel que na Gazeta Marcial de 13 de xullo de 1813 asinou co pseudónimo de El Payo de Carabanchel unha forte invectiva contra Manuel Freire Castrillón recomendoulle ao absolutista converso exactamente o mesmo que Xan de Mingucho propón nesta peza de 1812 (ls. 21-22): “me parece debieras ocuparte todo en el cuidado de los bienes que Dios te ha concedido sin merecerlos, fomentando el cultivo del Zumaque para substituir á la corteza de roble que se gasta en tu fabrica de curtidos con detrimento notable del público que por ello paga la leña á subido precio”. Quen se escondía baixo ese pseudónimo de El Payo de Carabanchel? Inclinámonos a pensar que Fandiño, xa que no texto que aquí presentamos co número 19, que é del, se burla de Freire tanto polo feito de usar unha perruca ridícula como pola súa baixa estatura, é dicir, por cousas que tamén menciona El Payo. En todo caso, como estes insultos e bromas contra Freire circularon moito na prensa daquel momento, e seguramente tamén se usaron con frecuencia nas conversas do día a día na Compostela daqueles anos, presentamos esta proposta de atribución con algunhas reservas.

Texto

Artigo comunicado

<859> ARTÍCULO COMUNICADO.

 

            Sr. D. Redautor da Gazeta Marcial.= Muy señor mio é grande amigo: Ó moito cariño que lle tomei po los seus escritos, faime ter á gana ó menos de velo, xâ que po la vergonza non podo ir á vila á falalo. Eu solle Xân de Mingucho, que vivo no lugar dos Abruños, é escríbolle ésta po lo que levo dito, á mais porque oín decer que moitos levan correspondenza con bustede sin verse. Eu, aunque son borrico sin poderme expricar como quixêra, por non ter á sabenza estrutiva, no me faltan os sentidos pra difrenciar é conocer as cousas. Elle tanto ó que lle me alegra oir os seus discurrimentos da Gazeta, que con licencea de Dios é de sua mercé, teño mexâdo nos gregescos algunhas veces, por ver tantas craridades como dice, que sin carantoña podemos dicir agora, é sin medo. Si bustede soupera como lle saben á certos lagartos arnales, é que cara lle poñen, tamen se habia de rir; eles rabéan coa gazeta, pero ó mesmo tempo estoupan por vela. Moito tiña que decerlle sobre desto é outras cousas; pero oxê non podo, porque estou de mal xâcer, porque nesta noite pasada unhas malas almas me esfolaron seis carballos que tiña moy estimados, como ó están facendo á outros moitos, solo por vender á casca ós coireiros das frábecas. Sobre désto podia vusté falar moito, porque ademais déstos gatos que ha rouban, outros moitos polo intrés que lle da, todos os carballos que teñen, van esfolando, de sorte que <860> logo, logo chega ó tempo que os da vila tomarán á leña por libras como ó pan, amais así no na haberá. Os coireiros ben pudian curtir con zumaque, como fan os ingreses é outros moitos, é se non queren, que deixên ó trato amais á subela, que non faltará quen traga á sól, é tamen mais barata que eles ha dan. Os donos dos carballos esfolados por cada un queselle encontre esfolado debe impoñérselles á pena de prantar seis por cada un quelles rouben á casca, ou eles lla saquen, para que todos velemos en que non axâ trampas. Donde prantar non falta, para ó que se debe mandar partir os valdíos ou montes comús, pois os señores que teñen caseiros, son os disfrutadores deles facéndollos cabar é estibadar, mamándolles ó tercio nunhas partes, é noutras á mitade do sudor do seu rostro. Outra cousa tamen me lembra sobre do ano abundante conque Dios nos regalou, que poucos se viron coma él. Pero ¿que importa si os probes  nunca sacaremos á albarda de debaixô da barriga coa caristía tan grande que nun tempo coma este sufrimos é vemos nos frutos? ¿é esto de que nace? calquera ó conoce; é da infamia consentida dos arrendos das sincuras. Si os da vila puxêran un barril de pólvra debaixô das mesas donde se poñen é puxân, é lle puxêran fogo, para que fosen de unha vés á parar os infernos, no nos viriamos neste estado. Algun veciño meu conozo quelle saleu ó ferrado á trinta reás; daquí sale á nosa desdicha é á ruina dos mais que se vician nesta engañifa. É á vista desto, cencea é consentimento dos nosos ecresiásticos ¡que bó espello! ¡que exêmpro! ¿é logo non queren que...? Por Dios diga bustede sobre de todos estus asuntiños, que piden pronto remedio en favor da Patria, ó que he preciso con viveza é enerxîa, xâ que Dios lle deu talento é craridad. Eu si vexô fai caso das miñas advertenceas ireille dicindo ó que alcance é sepa; pero si vexô me desprecea non falarei mais; pero non calarei hasta que dé á entender os puntos quelle cito: facendóo así será seu apasionado é amigo Q.B.S.M.= Xân de Mingucho.

Compartir

Fonte orixinal

Loc: Real Academia Galega

n: [RG 29/6]

🔗 Ligazón externa

Buscar no texto