Carta de Xan d'Aldea
Antonio Benito Fandiño | 1813Contexto
Trátase dunha carta dun suposto Xan d’Aldea, “fillo de probe”, en que se fai unha enérxica defensa das Cortes de Cádiz e da Constitución de 1812, poñendo o acento nas melloras que para as vidas dos labregos se derivarían da execución das medidas e das leis que se estaban a aprobar daquela na cidade andaluza. A mensaxe agrarista que aquí se propala pódese parangonar coa que o mesmo Diario emitira o 1 de marzo anterior co Entremesiño do Antroido pr’os rapaces. Esta concomitancia, sumada a argumentos doutra natureza, entre eles os lingüísticos, inclínanos a atribuír esta carta a Antonio Benito Fandiño. Esta atribución explicámola en Ramón Mariño Paz / Damián Suárez Vázquez (2021): “Antonio Benito Fandiño e o Entremesiño do Antroido pr’os rapaces (1813)”, en Xosé Manuel Sánchez Rei (ed.): Estudos sobre gramática e sociolingüística galego-portuguesas. Monografía 13 da Revista Galega de Filoloxía. A Coruña: Universidade da Coruña, 191-204.Texto
Carta de Xan d'Aldea
<p. 763>Os cristianos[,] honrados, pacíficos e laboriosos Labradores gallegos.
Meus amiguiños: vosoutros que sodes a forza do Estado, e sua mais nobre porcion, deberades tamen ocupar o promeiro lugar nos papeles prúbicos, s’estuvesedes afeitos a lelos coma n’outras partes. A vosoutros deberán dirixirse as voces d’os escritores prá darbos noticias das sábias e protectoras providencias que en voso favor, e de todos os probes asoballados, fixeron as Córtes extraordinarias da nacion, as que alguns malvados vos pintan con negros colores, faltando d’este modo á verdade con grande ofensa de Dios, e en perxuicio da patria, porque así lles acomoda millor, prá facer o seu contiño e terbos enganados e escrabiños coma d’antes.
Eu pois, tan católico, e apostólico, romano com’o promeiro, anque pecador coma cada fillo de probe, porque os ricos non pecan, segun eles din, quixera darbos una crara idéa d’o que fixeron as Córtes extraordinarias co’a mira de aliviar en canto sea posibre as vosas mágoas, e sacar de encima da labranza tantas cadeas queâ tiñan presa, coma se non forades fillos de Dios, e coma si pudese manterse sin o voso traballo nin o rey, nin os cabaleiros, nin os cregos, nin os frades, nin todos os demais vergalleiros, que quixeran verbos sempre arrastrados po’lo chao a maneira de cobregas e sapos, non contentos con saber que todo ô ano estades sudando prá eles e facendo pinitencea metidos en casarellos, e dormindo sobre catro pallas cubertos c’unha manta vella, se á hay, que <p. 764>non todos a tendes, e sobre esto nada vos digo, porque ben o sabedes vosoutros. ¡Lástima que os que vos desprecian non estibesen no voso sitio alguns anos!
Debedes pois saber, que desde que o Demo de Napoleon meteu na España a guerra, e que vosoutros lles quentáchedes o lombo os ladrós dos seus soldados, e mandáchedes os exércetos os vosos filliños, parecia regular que alguns larpeiros que estiberon co’a perna o largo, comendo, roendo e bebendo, pensasen premear as vosas fatigas, tratándobos con caridade; perdonándobos as deudas e aloumiñándobos de mil maneiras; pro non coidaron n’eso, se eu non me ingano, e se non decedeo vosoutros, que eu calarei e quedarei por mintireiro.
As Córtes conocendo que s’elas non vos favorecian habian de seguir as engañifas d’antes, sacaron o feudalismo, que ainda non caeu de todo, mentras non vos enteiredes de todas as cousas en que consistia; pois non he xusto que paguedes o que non debedes, nin que faltedes o que non hay remedio senon pagar, e sobre esto debedes poñer coidado, e perguntar os que non teñan interes en engañarbos.
Tamen sacaron o voto de Santiago que habia moitas disputas si era certo, e a min non me toca abrigualo; pro diz que non era mais que unha oferta d’un rey hay moitos sigros, e que a nacion podia sacalo pro voso alivio, pois anque non fose mais que medio ferrado tendes prá comer un dia, e escusades de ir a pedir prestado n’el. Fixeron a Costitucion que chamades as leis novas, e nono son, porque todas elas rexian n’outros tempos, hasta que o demo anduvo na danza e foi revolvendo todo pra que alguns medrasen e outros fosen tratados com’as bestas dos arrieiros: a Costitucion favorece o mismo o probe que o rico, porque todos son fillos de Dios, todos iguales diante da ley, e o que fai un delito debe ser castigado sea probe ou sea rico, que así o ordenou noso Señor tanto pra este mundo coma pró outro, e nesto consiste a igualdade civil, que alguns burros ou mal intencionados dicen non pode habela, e chamanlle hirixía, porque estaban afeitos a que o probe fose a xarpela e que fixesen bulra del por calquera cousa, e esto non era xus-<p. 765>to; lede pois a Costitucion, facedebos ben cargo d’ela, e si algun vos dice que non he boa, tendeo por un gran bribon que vos quer levar a beber o rio e terbos sempre debaixo: todos temos obrigacion de obedecer as leis, pro non he regular que pra uns axa unhas e pra outros outras; o que a faga que a pague; mais o que vive como Dios manda non se deixe asoballar de ningun lampantin, d’eses que estan afeitos as malas mañas e a despreciar os probes; e se algun mete borra sin motivo, dar conta a xusticia, e se esta non favorece os probes, acudir arriba e os papeles prúbicos prá que se sepa a inxusticia: si vos dicen que a libertade da emprenta he mala, respondedelle que ela he o freno dos tiranos, amais o canal das luces pra todos; que Napoleon nin outros com’a el no’na queren porque non lles conven pra as suas maldades; e que hay un reglamento moi sábeo, que calquera que falte a el deben ser castigados, despois de xustificado po’la xunta de Censura que hay na Cruña: creede que as Córtes non faltan en nada a fe, e que solamente pensan que se cumpran os Cánones da Igrexa, vivan os cregos e frades como deben e manda Jesucristo a mai’los santos fundadores, sendo caritativos e exempro de virtudes como foron aqueles, pois solo as boas obras son as que salvan, porque as palabras levas o vento. Cando eu sepa que ledes este papel, dareibos regras prá o voso proveito e noticia do moito que fan as Córtes en favor dos labradores, e na mentras penso que he unha toleirada o falarbos, e xuro os cravos do carro que se o facedes non perderedes o tempo, pois vos dirá moitas cousas o voso amígo=Xan d’Aldea.


