Resposta a T. C. M. B.

Antonio Benito Fandiño | 1820
Biografía

Contexto

Tomás Canabal Mariño (agochado baixo as siglas T. C. M. B.) publicou no Observador Constitucional, un xornal publicado en Santiago do que era redactor, un artigo en que dicía que, se repicaran as campás da catedral con motivo dunha festa liberal, non fora por mandato do cabido, senón porque algúns soldados decidiran subir á torre e tocalas. Acusaba a Fandiño de atribuírlles aos cóengos a decisión de tocar as campás, coma se, repentinamente, os cóengos se fixesen liberais. Contra aquel intranscendente artigo reaccionou Fandiño do xeito que aparece neste texto. As relacións entre Canabal (liberal, fundador da Sociedade Patriótica de Santiago en 1820 e redactor de varios xornais liberais) e Fandiño nunca foron boas, como se pode ver en El Heráclito Español y Demócrito Gallego.

Texto

Resposta a T. C. M. B.

Interrogatio et responsio, eodem casu gaudent.

            ¡Ou ti quen queira que seas Vargas de xûdas que tan estreyto es de moelles é que tantísimo urgas! ¡Intencion de concodrilo, ollos de bacilisco, lengoa de vívora, é pruma de serpe! ¿Porque à tomas conmigo, malino, é te atreves à chamarme embusteiro, solo por oir campanas? ¿Dixên eu mais de que as mandara tocar ó Ilustrisimo Cabildo? ¿Por ventura asegurei que asi me constaba? ¿Ti nin eu subimos á torre, ou sacamos certificazon do campaneiro? Non por certo. ¿E logo porque minto alma negra? Ai que foron os soldados. Eu non estou obr[i]gado á creerte: próbame ó dato este, é estonces falaremos: é probar do demo remedio tés ou quedar muy porcamente, porque che é de dereito, é texto muy expreso del actori incumbit probatio, en latin é todo. Vay lendo, que antes que me convenzas inda has de dar catro voltas, é tes que escribir; porque ó Aràcreto nunca mente de voluntade. Mandame noutra cousa, pró pardios desmentir non me desmintas que non cho ei de aguantar. Averdà verdegue, é doutro modo, tarrura torrado. Queda agardandote.=Fandiño.=


Compartir

Fonte orixinal

Loc: Real Academia Galega

n: [RG 39/2]

🔗 Ligazón externa

Buscar no texto