Arriba Chatolas

Antonio Benito Fandiño | 1813
Biografía

Contexto

A Estafeta de Santiago que se menciona no texto introdutorio foi un periódico bisemanal absolutista que se publicou na cidade apostólica do 21 de abril de 1813 ao 2 de setembro de 1814. A composición poética que segue diríxese a Manuel Freire Castrillón, adversario ideolóxico dos liberais do Diario Cívico-Patriótico, editor da devandita Estafeta de Santiago, comerciante de quincalla en Compostela e autor de La Piligrina (1787) e da Segunda parte de La Peligrina, ó los Praceres, ás que se alude no verso final do texto. Nestes versos Freire é ridiculizado por ser pequenote (“chatolas”, “xigante”) e por usar unha perruca. Canto á súa atribución a Antonio Benito Fandiño, véxase o que dicimos en Ramón Mariño Paz / Damián Suárez Vázquez (2021): “Antonio Benito Fandiño e o Entremesiño do Antroido pr’os rapaces (1813)”, en Xosé Manuel Sánchez Rei (ed.): Estudos sobre gramática e sociolingüística galego-portuguesas. Monografía 13 da Revista Galega de Filoloxía. A Coruña: Universidade da Coruña, 191-204.

Texto

Arriba Chatolas

Sobre de un gran pliego que se cayó sin duda al echarlo por el boqueron de la estafeta de Santiago, y cuyo contenido se darà à luz.

Arriba chatolas

Abaixo mantiña,

Vay vender quincalla

A Caramoniña:

Pon, xigante, o gorro,

Saca a peluquiña,

E fai unha xacara

Com’a piligrina.

Compartir

Fonte orixinal

Loc: Biblioteca Nacional de España

n: [R/60313]

🔗 Ligazón externa

Buscar no texto