Meu señor santo Tomé

Antonio Benito Fandiño | 1820
Biografía

Contexto

Un anónimo escríbelle a Fandiño dicíndolle que o estilo literario de El Heráclito Español y Demócrito Gallego era “pésimo y antiguo”. Fandiño responde dicindo que comprende que no seu xornal haxa faltas porque todo o escribe el e engade que agora, aos seus anos, o seu estilo xa non ten remedio. Pero despois monta en cólera e recrimínalle ao seu anónimo censor, que se debía de chamar Tomé, que mandase a carta sen franquear e que el tivese que pagar “cinco cuartos”, cantidade que lle daría para comprar unha candea para escribir toda unha noite ou para beber un cuartillo de viño. Feita esta reconvención, conclúe con estes versos.

Texto

Meu señor santo Tomé

Meu señor santo Tomé,

tendes dous nomes nun só,

sodes castrón polo mé,

é sodes cán polo tó.

 

Compartir

Fonte orixinal

Loc: Real Academia Galega

n: [RG 39/2]

🔗 Ligazón externa

Buscar no texto