Tanto teño de ir e vir

Antonio Benito Fandiño | 1814
Biografía

Contexto

Fandiño di que estaba soñando cando por diante da súa fiestra pasou un grupo de xente que regresaba dalgunha festa ou romaría e viña cantado as estrofas que aquí recolle. Dá a sensación de que se trata de cancións populares.

Texto

Tanto teño de ir e vir

  Tanto teño d'ir é vir

meniña ó teu lugar,

tanto teño d'ir é vir,

que d'unha te hey de levar.

 

  Non por que sempre trunfases

maldito que me pós medo;

para un valente hay un guapo,

é para un can hay un perro.

 

  O acabar á ninguen,

sobre maldá, he burrada;

solo aventura quen tén,

que ó outro, leve Dios nada.

 

  Asnos d'ir á nosa festa,

asnos, non has de faltar,

tocarásnos, cantarásnos,

sacarásnos á bailar.

Compartir

Fonte orixinal

Loc: Real Academia Galega

n: [286]

🔗 Ligazón externa

Buscar no texto