1983
Pegatina editada, seguramente, pola Asociación de Veciños Castelo de Moeche, entidade organizadora do IV Festival Irmandiño que naquela se publicita, e que tivo lugar no citado municipio corués en agosto de 1983. Incluíu, entre outras cuestións, exposicións de cerámica e escultura, así como mostras literarias e espectáculos musicais.