O Consello da Cultura Galega organiza mañá a xornada “Os currícula escolares nos novos plans de estudo: música e artes escénicas”, unha cita de actualidade porque pon sobre a mesa unha realidade que afecta a preto de 8600 alumnos de toda Galicia. No vindeiro curso académico 2015-2016, entran en vigor os novos plans da ESO e do bacharelato fixados pola LOMCE, que buscan favorecer eses alumnos que tamén cursan ensinanzas reguladas de música e danza. Neste encontro, que se pode seguir en directo desde o web da institución, preténdese dar a coñecer a situación así como a especificidade das ensinanzas artísticas. O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas, Maximino Zumalave, e o membro da sección Rodrigo Porral son os encargados da inauguración desta sesión.
Ler máis
Amosando noticias 2521 a 2540 de 3793


