Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 1701 a 1720 de 3759

O ciclo “Diálogos confinados” centra o foco na situación actual do deseño gráfico

O deseño ten un valor estratéxico que serve para facilitar a vida da cidadanía. Esta foi unha das ideas que centrou o debate entre Irene García e Uqui Permui, dúas creadoras que suman décadas de experiencia no mundo do deseño. Estiveron moderadas por Ramón Rozas, crítico de arte, comisario e membro da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega. Todos eles protagonizaron a oitava entrega do ciclo “Diálogos confinados”, que puxo sobre a mesa a situación do deseño gráfico, das eivas actuais e dos retos de futuro.

Ler máis

Nunha sexta entrega do proxecto "Os quixotes da Terra" percorremos os 273 quilómetros que separaran o Barco de Valdeorras de Lugo a partir da figura de Feixóo.

Nunha sexta entrega do proxecto

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recupera a figura de Lois Tobío no día do seu nacemento

Lois Tobío Fernández (1906-2003) pertence a unha xeración de galeguistas que deambulou pola diplomacia, pola investigación histórica, pola tradución poética ou ensaística e polo xornalismo e que, ao mesmo tempo, mantivo vencellos estables co nacemento e fortalecemento de numerosas institucións culturais. O Consello da Cultura Galega (CCG) recupera a figura deste intelectual no día do seu nacemento cunha publicación e coa incorporación da súa entrada no Álbum de Galicia.

Ler máis

Novas gravacións de Toxos e Froles e de Manuel Dopazo na décima entrega do proxecto Lousas

Da man da discográfica Victor e rexistrada en Camden (New Jersey) chega unha lousa cos temas “Alalá de Bergantiños” e “Foliada de Comba” do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. Canda esta podemos escoitar a Manuel Dopazo, o gran gaiteiro da emigración arxentina, que interpreta dúas melodías tradicionais vascas. Son dúas pezas destacadas da décima entrega da colección de lousas do fondo do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

Ciclo: Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 (1/4)". "A transformación dixital" é o cuarto e último vídeo no que diferentes especialistas analizan o mundo dixital en clave de oportunidade.

Ciclo: Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 (1/4)

Ler máis

Como cada xoves #repensamos. Hoxe facémolo con Anthony Pagden cun relatorio que nos fala do imaxinario político na creación do mundo iberoamericano.

Como cada xoves #repensamos. Hoxe facémolo con Anthony Pagden cun relatorio que nos fala do imaxinario político na creación do mundo iberoamericano.

Ler máis

Ciclo: Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 (3/4). Hoxe falamos de novos formatos con axentes do ámbito público, privado e da comunicación cultural.

Ciclo: Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 (3/4). Hoxe falamos de novos formatos con axentes do ámbito público, privado e da comunicación cultural.

Ler máis

Colección especial Movemento Feminista Organizado en Galicia

A colección especial MFOG é un conxunto arquivístico e documental resultado de liñas de traballo activas no CCG desde mediados do ano 2005 na procura dunha reunificación parcial, conservación, posta en valor e difusión da produción de activistas e activismos feministas. Presta particular atención a grupos e colectivos que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade en Galicia a partir da década dos sesenta do século XX de xeito independente ou como parte doutras estruturas organizativas.

Ler máis

Colección especial LGTBIQ+

Os traballos que están a dar forma á colección LGTBIQ+ inicianse a finais de 2019. Ponse en marcha un proceso de recuperación, reunificación parcial, conservación, posta en valor e difusión da documentación e materiais xerados por grupos e colectivos de lésbicas, gais, transexuais, bisexuais ou queer, que desenvolveron e/ou desenvolven a súa actividade en Galicia desde a década dos sesenta do século XX.

Ler máis

O Mapa Sonoro de Galicia incorpora o “Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives”

“Cancioneiro da seitura de Manzaneda e Terras de Trives” é unha extensa compilación dos cánticos agrarios e festivos destas comarcas ourensás. Desde hoxe pódese escoitar na rede a través do Mapa Sonoro de Galicia, proxecto do Consello da Cultura Galega(CCG) que difunde e xeolocaliza coleccións sonoras. Este material está composto por preto de duascentas gravacións que Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, realizou e compilou ao longo de corenta anos.

Ler máis

Ciclo "Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19"(2/4). Neste vídeo falamos do coidado do tecido cultural do territorio.

Ciclo

Ler máis

As estratexias e ferramentas de actuación pechan o ciclo do Consello da Cultura Galega que analiza a cultura nos concellos

A principios de maio, o Consello da Cultura Galega botou a andar o ciclo “Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19” para tomarlle o pulso á cultura municipal. Era unha reflexión necesaria porque os concellos sustentan a metade do gasto en cultura. Neste tempo pasaron por este ciclo máis dunha vintena de especialistas cuxas intervencións se poden ver desde o web institucional. O ciclo, coordinado por Sergio Lago, remata esta semana coa realización da última mesa: “Estratexias e ferramentas de actuación”. Desde hoxe e ata o venres publicaremos diferentes vídeos nos que trece especialistas comentarán todos os aspectos que cómpre definir para poder retomar a actividade cultural tras o confinamento: os protocolos de seguridade, os novos formatos, a transformación dixital... A análise de hoxe céntrase en definir os protocolos, seguridade e confianza da nova normalidade.

Ler máis

No Día dos Arquivos iniciamos a serie “De arquivos, memoria e patrimonio compartido” na que xuntamos proxectos, documentos e reflexións sobre o papel deste tipo de centros. E comezamos falando da memoria desde múltiples puntos de vista.

No Día dos Arquivos iniciamos a serie “De arquivos, memoria e patrimonio compartido” na que xuntamos proxectos, documentos e reflexións sobre o papel deste tipo de centros. E comezamos falando da memoria desde múltiples puntos de vista.

Ler máis

Ciclo: Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 (1/4). Arrancamos cunha ollada ao que significa "nova normalidade.

Ciclo: Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19 (1/4). Arrancamos cunha ollada ao que significa

Ler máis

A sétima sesión dos “Diálogos confinados” pon de relevo a importancia do audiovisual para a sociedade

As películas, as series, as curtametraxes.... os produtos audiovisuais en xeral foron claves para que a sociedade puidese superar este confinamento. Esta é unha das ideas centrais que saíron da sétima sesión do ciclo “Diálogos confinados”, na que participaron dúas figuras ben coñecidas do sector audiovisual: Paula Cons e Mamen Quintas. O estado de alarma sorprendeunas en fases diferentes dos seus traballos: a Mamen en plena rodaxe da serie “Tres camiños”, e a Paula a piques de estrear a longametraxe “A illa das mentiras” en salas de cinema. Moderadas por Xermán Hermida, xornalista de Culturagalega.gal, falaron das rodaxes, da situación dos actores, dos festivais, da necesidade de desgravacións fiscais e de como esta parálise afectou a toda a cadea de produción deste sector.

Ler máis

Ofrecemos unha nova entrega do proxecto #paseniño pensando nos estudantes de grado elemental de violín. Nesta publicación hai un feixe de partituras para que poidan practicar da man do Cancioneiro Popular Galego.

Ofrecemos unha nova entrega do proxecto #paseniño pensando nos estudantes de grado elemental de violín. Nesta publicación hai un feixe de partituras para que poidan practicar da man do Cancioneiro Popular Galego.

Ler máis

Na quinta entrega de #osquixotesdaterra percorremos os 302 quilómetros que separan Ourense do Barco de Valdeorras. Podes ver o manuscrito orixinal do #roteiro proposto por Otero Pedrayo, pero tamén xeolocalizado e enriquecido con materiais contemporáneos.

Na quinta entrega de #osquixotesdaterra percorremos os 302 quilómetros que separan Ourense do Barco de Valdeorras. Podes ver o manuscrito orixinal do #roteiro proposto por Otero Pedrayo, pero tamén xeolocalizado e enriquecido con materiais contemporáneos.

Ler máis

Foi un dos piares da Xeración Nós. O arqueólogo e historiador Florentino López-Cuevilas encargouse de elaborar unha parte importante do discurso histórico desta xeración mítica

Foi un dos piares da Xeración Nós. O arqueólogo e historiador Florentino López-Cuevilas encargouse de elaborar unha parte importante do discurso histórico desta xeración mítica

Ler máis

Un centenar de nenos e nenas cantan a Rosalía nunha edición especial de “No bico un cantar”

Cada primeiro venres do mes de xuño, o Consello da Cultura Galega (CCG), a Consellería de Cultura e Turismo e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia convocan a proposta didáctica e musical “No bico un cantar”, na que un gran coro de nenos e nenas se xuntan nun concello para cantar a poesía galega. As medidas de prevención ante a pandemia provocada pola COVID-19 suspenderon esta iniciativa, que este ano estaba previsto que se celebrase este venres, 5 de xuño, en Allariz. O concerto non se poderá realizar tal e como estaba previsto, pero preparouse unha edición especial na que un centenar de alumnos e alumnas de conservatorios profesionais cantan desde as súas casas “Maio longo”, o poema de Rosalía musicado por Baldomir co que cada ano remata este concerto.

Ler máis

Cada xoves (re)pensamos. Estas semana facémolo con Carmen Pena, que constrúe unha conferencia arredor da mirada humana sobre a natureza, como concepto construído.

Cada xoves (re)pensamos. Estas semana facémolo con Carmen Pena, que constrúe unha conferencia arredor da mirada humana sobre a natureza, como concepto construído.

Ler máis