Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 1721 a 1740 de 3759

O sector da música urxe un gran pacto para facer fronte á crise derivada da COVID-19

É un sector que suma máis de 3.100 postos de traballo, que contabiliza unha produción de 274 millóns de euros e supón, segundo a Conta Satélite de Cultura do Instituto Galego de Estatística (IGE), o 12,9% da cultura. A súa actividade focalízase nos meses de primavera e verán, diríxese a públicos numerosos, en espazos que implican contacto físico e sobre a mesa contabiliza as cancelacións e adiamentos das actuacións e moitas incertezas. Esta é a situación actual do sector da música en Galicia, á que se refire o último Documento de Traballo (DT-OCG) do Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), titulado “O sector da música popular en Galicia perante a crise da COVID-19”. Para o presente máis inmediato, o sector demanda un gran pacto con conexións nacionais e internacionais, unha política cultural afastada da gratituidade, dotación de fondos para artistas, fixar protocolos de medidas preventivas que animen a poboación a volver asistir aos concertos, apostar pola cultura de base e cambios fiscais e laborais.

Ler máis

O nobelo de Mercedes Goicoa

O especial O fío de Penélope condúcenos do fío de Ariadna ao nobelo de Penélope. Once mulleres fan cadanseu periplo polos contidos do web do Consello da Cultura Galega a partir das mulleres homenaxeadas en xornadas organizadas dende o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG. Como non podía ser doutro xeito, non tiran guiadiñas dun fío establecido, senón que cuestionan o nobelo de Penélope, tal e como fixo no seu día a poeta Xohana Torres nos seus recoñecidos versos: “A que tanto nobelo e tanta historia? Eu tamén navegar”.

Ler máis

Incorporamos ao Álbum Nós a biografía de Cándido Fernández Mazas, un dos ilustradores máis anovadores de principios do século XX

Incorporamos ao Álbum Nós a biografía de Cándido Fernández Mazas, un dos ilustradores máis anovadores de principios do século XX

Ler máis

A creatividade e a planificación dos videoxogos centran a sexta entrega dos “Diálogos confinados”

A sexta entrega do ciclo “Diálogos confinados” analiza o sector dos videoxogos. O director de Culturagalega.gal, Manuel Gago, puxo a dialogar a Fernando Prieto, un dos responsables de Gato Salvaje Estudio, a empresa galega máis importante deste sector, con Carla Bolaños, estudante de mestrado e integrante de Digital Monster Collective, un colectivo multidisciplinar galego. No transcurso da conversa abordaron a situación do sector en Galicia desde o punto de vista do potencial creativo existente pero tamén desde a reivindicación da necesidade de crear estruturas para poder conectar o talento co mercado. O vídeo xa está dispoñible desde o web do Consello da Cultura Galega

Ler máis

Hoxe pensamos no estudantado de grao elemental de trompeta. Ofrecémoslles unha nova entrega do proxecto #paseniño, unha nova morea de partituras para que poidan practicar da man do Cancioneiro Popular Galego

Hoxe pensamos no estudantado de grao elemental de trompeta.  Ofrecémoslles unha nova entrega do proxecto #paseniño, unha nova morea de partituras para que poidan practicar da man do Cancioneiro Popular Galego

Ler máis

Hoxe imos de Vigo a Ourense no "Día de Pedro Madruga". É a cuarta das sete rutas por Galicia deseñadas por Otero Pedrayo e que son un itinerario xeográfico pero tamén cultural polo país.

Hoxe imos de Vigo a Ourense no

Ler máis

No ciclo "O Fío de Penélope", Rosario Sarmiento tira do nobelo de Elena Colmeiro

No ciclo

Ler máis

Como cada xoves, (re)pensamos, e hoxe facémolo da man de Joep Leerssen

Como cada xoves, (re)pensamos, e hoxe facémolo da man de Joep Leerssen

Ler máis

Profesionais avogan no Consello da Cultura Galega por manter o investimento en cultura para evitar que o sector colapse

A segunda sesión do ciclo “Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19”, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG), puxo o foco en coñecer que se estaba a facer noutros territorios do Estado e ver cales desas propostas eran trasladables á realidade galega. Nela participaban dous expertos como Mª Camino Barcenilla, da Deputación de Navarra, e Pau Raussell, responsable de Econcult, unidade de investigación moi recoñecida no campo da Economía da Cultura. Para este último “o verdadeiro risco é que a retirada de investimento posibilite o colapso do tecido cultural”. A conversa pode verse desde hoxe no web da institución.

Ler máis

Incorporamos ao Álbum Nós, do Álbum de Galicia, a entrada de Álvaro de las Casas. Foi un polémico intelectual, escritor e fundador da organización xuvenil Galeguista Ultreya.

Incorporamos ao Álbum Nós, do Álbum de Galicia, a entrada de Álvaro de las Casas. Foi un polémico intelectual, escritor e fundador da organización xuvenil Galeguista Ultreya.

Ler máis

Hoxe rescatamos da mediateca este Informe que emitimos en 1993 sobre a creación do Centro Galego de Arte Contemporána. Foi o resultado dunhas xornadas de traballo realizadas en Santiago os días 12 e 13 de marzo dese ano.

Hoxe rescatamos da mediateca este Informe que emitimos en 1993 sobre a creación do Centro Galego de Arte Contemporána. Foi o resultado dunhas xornadas de traballo realizadas en Santiago os días 12 e 13 de marzo dese ano.

Ler máis

A segunda sesión do ciclo “Xestión e políticas culturais nos concellos” busca mañá coñecer a situación doutros territorios

“Reflexións inspiradoras” é o título da segunda sesión do ciclo “Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19” co que o Consello da Cultura Galega (CCG) lle quere tomar o pulso á situación da xestión municipal da cultura. Na cita de mañá, xoves 28 de maio, participarán Marián Fernández, Mª Camino Barcenilla e Pau Rossell, que poñerán enriba da mesa a situación doutros territorios buscando perspectivas próximas e trasladables á realidade galega.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega, o Institut Ramón LLull, o Instituto Vasco Etxepare e o Instituto Cervantes asinan o seu primeiro convenio conxunto

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o director do Instituto Cervantes, Luis García Montero; a directora do Institut Ramón Llull, Iolanda Batallé, e a directora do Etxepare Euskal Institutua, Irene Larraza, asinaron esta mañá un acordo de colaboración conxunto entre estas entidades para promover a lingua e a cultura galega, española, catalá e vasca. É o primeiro que asinan as catro entidades xuntas. “Somos institucións diversas pero é moito máis o que nos une que o que nos separa” asegurou Rosario Álvarez no acto de sinatura que se realizou de maneira dixital e se emitiu a través da canle de Youtube do Instituto Cervantes.

Ler máis

O Museo das Peregrinacións e a colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela centran este martes un novo bloque dos nosos Encontros Monograficos co Patrimonio Cultural.

O Museo das Peregrinacións e a colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela centran este martes un novo bloque dos nosos Encontros Monograficos co Patrimonio Cultural.

Ler máis

Sinatura do primeiro acordo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Cervantes, o Institut Ramón Llul e o Etxepare Euskal Institutua

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o director do Instituto Cervantes, Luis García Montero; a directora do Institut Ramón Llull, Iolanda Batallé, e a directora do Etxepare Euskal Institutua, Irene Larraza, asinarán o primeiro acordo de colaboración conxunto entre estas entidades para promover a lingua e a cultura galega, española, catalá e vasca. A sinatura do convenio realizarase o vindeiro martes 26 de maio, ás 11:30 horas, de maneira dixital e por videoconferencia. Os medios de comunicación poderán seguir o acto en directo e realizar as súas preguntas a través da canle de Youtube do Instituto Cervantes.

Ler máis

Tal día coma hoxe pero de 1920, Antón Vilar Ponte pronunciou unha conferencia titulada "Dos nosos valores". Aproveitamos o centenario para incorporar a súa biografía no Álbum Nós.

Tal día coma hoxe pero de 1920, Antón Vilar Ponte pronunciou unha conferencia titulada

Ler máis

Os “Diálogos confinados” revisan esta semana a creación e xestión cultural no eido das letras

O ciclo “Diálogos confinados” pon o foco esta semana na “creación e xestión cultural no ámbito das letras”. Nesta ocasión, Dolores Vilavedra foi a encargada de dialogar con dúas autoras cunha ampla bagaxe no mundo da xestión cultural e da creación literaria como son Yolada Castaño, desde a poesía, e Eva Mejuto, desde a creación de obra destinada a público infantil. Ambas as dúas autoras fixeron fincapé na debilidade xa previa do sistema, cunha alta precariedade que se agudizou coa parálise derivada da Covid-19. A reconfiguración de eventos, a convivencia necesaria do virtual co real, a necesidade de adaptación á nova situación e evitar a inercia da gratuidade foron algúns dos asuntos sinalados.

Ler máis

Hoxe ofrecemos unha nova entrega do proxecto #paseniño, unha nova morea de partituras para que os estudantes de grao elemental de percusión poidan practicar ao tempo que coñecen o Cancioneiro Popular Galego

Hoxe ofrecemos unha nova entrega do proxecto #paseniño, unha nova morea de partituras para que os estudantes de grao elemental de percusión poidan practicar ao tempo que coñecen o Cancioneiro Popular Galego

Ler máis

De Corcubión a Vigo seguindo a figura de Castelao. É o terceiro itinerario proposto por Ramón Otero Pedrayo que podes ver no noso especial "Os Quixotes da terra"

De Corcubión a Vigo seguindo a figura de Castelao. É o terceiro itinerario proposto por Ramón Otero Pedrayo que podes ver no noso especial

Ler máis

"O Fío de Penélope" ofrece hoxe a travesía libre de Dolores Vilavedra pola traxectoria de Mabel Rivera, referente da escena e do audiovisual galegos

Ler máis