A secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, Marisol López, inaugurou esta mañá os "IX Encontros para a Normalización Lingüística" explicando ao sector as liñas de traballo do seu equipo para os vindeiros anos e as dificultades que atopará a aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística. As xornadas, organizadas polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega (CCG), constitúen o foro de referenza anual para as persoas e entidades que traballan na Comunidade na normalización do idioma.
Ler máis
Amosando noticias 3361 a 3380 de 3773


