Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 981 a 1000 de 3759

O Álbum de Galicia incorpora as entradas de Marcial del Adalid e Pucho Boedo

O Álbum de Galicia, colección bibliográfica que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG), vén de incorporar as entradas de dúas figuras destacadas para a música galega. Dunha banda, Marcial del Adalid (A Coruña, 1826- Lóngora, Oleiros, 1881) un compositor e precursor na procura do son de Galicia. Da outra, Pucho Boedo (A Coruña, 1929-1986), o crooner eterno. Laura Touriñán e Fernando Fernández Rego son os autores das entradas que xa se poden consultar.

Ler máis

O II Festival de Filosofía de Galicia renderá homenaxe ás filosofas

A banalidade do mal, frase acuñada pola filosofa Hannah Arendt, abre en Compostela o programa da segunda edición do Festival de Filosofía de Galicia. Un encontro organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) que mestura conferencias e espectáculos para convidar ao público a pensar e a facelo cun punto de vista distendido. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, xunto coa directora do encontro, Carme Adán, explicaron en rolda de prensa o programa, que este ano está dedicado ás filosofas. A cita desenvólvese en Compostela e como novidade, ábrese á cidade de Ourense onde están programados varios espectáculos.

Ler máis

A presidenta e a Comisión Executiva reúnense co presidente do Parlamento de Galicia

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), xunto coa Comisión Executiva da institución, reuníronse esta mañá co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices. A xuntanza foi solicitada polo CCG trala reelección da súa presidenta e o nomeamento da nova executiva para abordar os futuros proxectos desta institución.

Ler máis

RESOLUCIÓN PROVISIONAL para a adxudicación de dúas bolsas de estadía na Casa Velázquez en Madrid

Convocatoria Bolsas Casa Velázquez 2022

Ler máis

Reeditado o primeiro poemario de Cabanillas no marco da colección Clásicos da Emigración

No desterro é o primeiro poemario de Ramón Cabanillas. Veu a luz na Habana cun limiar de Basilio Álvarez, e consagrou o autor como poeta social por excelencia. O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Secretaría Xeral da Emigración, no marco da súa colección Clásicos da Emigración, presentaron este venres no Museo Ramón Cabanillas de Cambados a reedición da obra cun estudo crítico. No acto participaron Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do CCG e director do Arquivo da Emigración Galega; María Baleato, subdirectora de Coordinación Administrativa da Secretaría Xeral da Emigración; Miguel Cabo, autor do estudo da obra e profesor da USC; Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega; Tino Cordal, concelleiro de Cultura de Cambados; e Pitusa Vidal Cabanillas, neta do autor.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega e a Asociación Irimia poñen na rede os fondos da revista de pensamento cristiá

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e a presidenta da Asociación Irimia, Lucía Santiago, asinaron este xoves o acordo para a dixitalización e posta na rede do arquivo completo de Irimia. Semanario de Crentes Galegos desde o seu nacemento no ano 1981. A sinatura produciuse na sede do CCG na véspera da XLIV Romaxe de Crentes Galegos, que terá lugar este sábado en Culleredo.

Ler máis

A biografía do fotógrafo Ricard Terré incorpórase ao Álbum de Galicia

Catalán de nacemento (Sant Boi de Llobregat, 1928), Ricard Terré pódese considerar un galego de adopción, xa que as últimas dúas terceiras partes da súa vida transcorreron no noso país, lugar onde xerou unha extensa obra. Nela destaca unha fonda capacidade de achegamento á terra e á cultura galega desde unha ollada humanista cun estilo moi marcado e contemporáneo. O fotógrafo Vítor Vaqueiro asina a súa entrada no Álbum de Galicia.

Ler máis

O novo especial de Proxector compila vídeos que afondan na renovación da educación

Creatividade, o ensino personalizado, o talento, a diversidade...son moitas e moi variadas as miradas sobre a educación. O novo especial de Proxector, iniciativa que desenvolvemos coa USC, compila vídeos de conferencias e proxectos que apuntan a mellorar o ámbito educativo.

Ler máis

A Presidenta e a Comisión Executiva reúnense con Alfonso Rueda, presidente da Xunta

A Presidenta e a Comisión Executiva reúnense con Alfonso Rueda, presidente da Xunta

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, acompañada da nova Comisión Executiva, reuniuse esta mañá con Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia e presidente de honra do CCG. Na xuntanza falouse da situación actual do sector, da importancia da cooperación en material cultural e dos retos de futuro.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega lembra a Antolín Faraldo no bicentenario do seu nacemento

Hoxe, 2 de setembro, é o bicentenario do nacemento de Antolín Faraldo (Betanzos, 1823- Granada, 1853). Manuel Murguía dixo del que "fue el primero y el mejor". O primeiro en marcar o horizonte do autogoberno galego; o mellor porque se entregou até coa alma pola liberdade malia padecer persecución, censura, exilio e represión. A súa entrada, asinada por Xurxo Martínez, acaba de incorporarse ao Álbum de Galicia, colección biobibliográfica que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

O Consello da Cultura Galega colabora co Festiletras cun espectáculo sobre a orixe da auga salgada

O Consello da Cultura Galega (CCG) colabora un ano máis co Festiletras, festival organizado pola Fundación Eduardo Pondal na Aldea do Couto (Ponteceso). Nesta ocasión faino co espectáculo dos Quinquilláns Por que é salgada a auga do mar?. A función terá lugar este venres (2 de setembro) na eira da Praza do Quinteiro.

Ler máis

O Álbum de Galicia incorpora a entrada de Urbano Feijoo

Urbano Feijoo Sotomayor (1808-1898) foi un controvertido empresario e político galego que promoveu a creación dun plan de colonización que facilitase, en termos xurídicos, económicos, filantrópicos e prácticos a chegada a Cuba de galegos. O operativo rematou cun grande escándalo polo trato denigrante dispensado aos traballadores. O Álbum de Galicia vén de incorporar a súa biografía asinada pola escritora Elisa Vázquez de Gey, gran coñecedora da súa figura e da vida cotiá e política da vida colonial da illa de Cuba.

Ler máis

RESOLUCIÓN DEFINITIVA para a adxudicación das bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2022 (PR970B)

Ler máis

RELACIÓN DEFINITIVA de solicitudes admitidas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa Velázquez en Madrid

Convocatoria Bolsas Casa Velázquez 2022

Ler máis

RESOLUCIÓN PROVISIONAL para a adxudicación das bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2022 (PR970B)

Ler máis

RELACIÓN PROVISIONAL de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid.

Convocatoria Bolsas Casa Velázquez 2022

Ler máis

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022 pola que se nomean os membros da comisión de valoración para avaliar as solicitudes a dúas bolsas de estadía na Casa Velázquez

Convocatoria Bolsas Casa Velázquez 2022

Ler máis

O Consello da Cultura Galega e o Museo Larreta exhiben en Bos Aires un retrato completo da obra plural de Luís Seoane

Luís Seoane (Bos Aires, 1910- A Coruña, 1979) naceu coa marca gravada da emigración, impresa polos seus pais que se asentaron na capital Arxentina. Décadas máis tarde engadiu a do exilio, que o levou de Galicia á súa cidade natal, reconvertida nunha da capitais da arte contemporánea. Ese dupla ancoraxe xeográfica e cultural influíu nun Seoane viaxeiro, en permanente busca creativa e experimental sempre marcado pola teima de achegar a cultura á cidadanía. O relato completo do polifacético creador pódese ver en Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina que inaugurou este xoves a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, a directora xeral de Patrimonio, Museos y Casco histórico da Ciudad de Buenos Aires, Martina Magaldi; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora do museo Larreta, Delfina Helguera, coa presenza de Silvia Dolinko, comisaria da exposición xunto con Pablo García Martínez, máis numerosas autoridades e personalidades locais. A mostra estará aberta ata o 27 de novembro no Museo de Arte Español Enrique Larreta.

Ler máis

RELACIÓN DEFINITIVA de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2022 (PR970B)

Ler máis

O Álbum de Galicia suma a entrada do fotógrafo Jaime Pacheco

A nova entrada do Álbum de Galicia incorpora a figura de Jaime Pacheco (Freixo de Espada à Cinta, Tras os Montes-Bragança, 1878 – Vigo, 1954) a cabeza visible dun dos estudos fotográficos máis senlleiros de Galicia. Unha entradada que asina o fotógrafo Vítor Vaqueiro.

Ler máis