Tradutores emerxentes e consolidados de poesía de lingua catalá, galega e vasca a polo menos unha destas linguas. A eles está dirixido o proxecto de Residencia de tradución de poesía que convoca o Institut Ramon Llull coa colaboración do Consello da Cultura Galega (CCG) e o Etxepare Euskal Institutua. A convocatoria, que ten aberto o prazo de recepción de candidaturas ata o 15 de novembro, busca promover un intercambio entre as persoas seleccionadas ao tempo que desenvolven un proxecto de tradución individual.
Ler máis
Amosando noticias 1241 a 1260 de 3793


