O Concerto das Letras Galegas naceu como unha iniciativa do Consello da Cultura Galega (CCG) para celebrar dun xeito festivo o 17 de maio. Nesta ocasión cambia de rexistro para lembrar ao homenaxeado deste 2016: Manuel María. A cita será na Coruña, onde o grupo Milladoiro poñerá a música nun concerto en que cobrará protagonismo os textos do poeta lucense. “É unha homenaxe a Manuel María, ao Día das Letras Galegas pero tamén á importancia que ten a música na cidade da Coruña” destacou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, esta mañá na presentación do concerto. Canda el estaban o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do CCG, e Moncho García, integrante da formación.
Ler máis
Amosando noticias 2361 a 2380 de 3743


