Reflexionar sobre o papel que desenvolven os museos á hora de desafiar os retos e as necesidades do século XXI e de construír unha sociedade libre, democrática e culta. Esta é a premisa coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Fundación María José Jove (FMJJ) organizan o vindeiro 4 de febreiro a xornada “Situarnos: o poder dos museos”. O encontro pon o foco no modelo concreto do Museo Nacional Centro de Reina Sofía (MNCARS), que explicará o seu director, Manuel Borja Villel. A cita ten dúas partes: unha sesión matutina pechada a profesionais do sector e outra vespertina, aberta ao público, na que Borja Villel dialogará con Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). No web do CCG xa está aberta a inscrición para a sesión de tarde.
Ler máis
Amosando noticias 1061 a 1080 de 3200


