Seteventos
Seteventos
Un podcast que explora a relación de Galicia con outras culturas e territorios a través dos puntos comúns co noso país. Unha viaxe polos recursos dixitais do Consello da Cultura Galega a través de grandes historias.
Episodios — 7
Podcast
1
Nortada. Bretaña e as illas do Atlántico
O noso primeiro episodio atravesa o mar para coñecer as relacións de cultura coas illas do Atlántico. Acompañamos a Plácido Castro ás illas Blasket, o levantamento de Pascua en Dublín, o celtismo, Álvaro Cunqueiro, Xurxo Ayán ou a emigración dos anos 60 ao Reino Unido.
Podcast
2
Vendaval. Galicia e Portugal
Adentrámonos na cultura do país veciño a partir de figuras como Inés de Castro, o conflito da Guerra da Restauración con Rebeca Blanco-Rotea, a emigración dos galegos a Portugal con Domingo González Lopo, Valentín Paz Andrade, os cambios lingüísticos na fronteira con Rosario Álvarez e rem…
Podcast
3
Soán (Leste). Galicia e Madrid
Madrid é case unha cidade galega, e o destino frecuente non só para emigrantes, senón para individuos con talento. Que nos une con Madrid? Que pegada deixamos os galegos en Madrid? Percorremos as vidas do padre Sarmiento, Concepción Arenal, Julio Camba ou Valle Inclán.
Podcast
4
Poñente. Cuba, México, Estados Unidos e Panamá
Atravesamos ao mar en dirección a América.
Podcast
5
Nordés. Europa central
A relación de Galicia con Francia, Alemaña, Suíza e Centro Europa. Unha viaxe con figuras como Orosio ou Sofía Casanova ou Emilio Grandío para falarnos da Segunda Guerra Mundial. Unha serie de Gabri Fuentes e David Gesteira coordinada por Manuel Gago. Ilustracións de Andrea López.
Podcast
6
Levante. Mediterráneo e Asia
A relación de Galicia co Mediterráneo, Asia e Oceanía. Unha viaxe con figuras como Exeria e Martiño de Dumio. Falamos co arqueólogo José Carlos Sánchez Pardo, a Casa da Especiaría ou a Biblia Kennicott e os xudeus de Galicia con María Gloria de Antonio Rubio.
Podcast
7
Ávrego. Arxentina e Uruguai
Viaxamos á outra Galicia americana, Arxentina e Uruguai. Conmovémonos con Suárez Picallo, o Centro Galego de Bos Aires explicado por Ramón Suárez, o "Muxo", Castelao, ou en Radio Buenos Aires o programa Recordando a Galicia e Maruxa Boga, explicado por María Xosé Porteiro.
Ficha técnica
autoría
coordinación
protagonista
Álvaro Cunqueiro
Anne MacSwiney
Benito Jerónimo Feijóo y Montenegro
Bibiano Fernández Osorio-Tafall
Concepción Arenal Ponte
Domingo L. González Lopo
Emilio Grandío
Fernando Iglesias
Florencio Delgado Gurriarán
Francisco Asorey González
Frei Martiño Sarmiento
Frei Rosendo Salvado
Henrique Monteagudo
Inés de Castro
Jesús Bal y Gay
José Carlos Sánchez Pardo
Julio Camba
Luís Seoane
Manuel Dopazo
Manuel Quiroga Losada
María Gloria de Antonio
María Xosé Porteiro García
Martiño de Dumio
Maruxa Boga
Paulo Orosio
Plácido R. Castro
Ramiro Vidal Carrera
Ramón Suárez O Muxo
Ramón María, del Valle-Inclán
Rebeca Blanco Rotea
Rosario Álvarez
Sofía Casanova
Uxía Uxía
Valentín Paz-Andrade
Xosé Neira Vilas
Xosé M. Núñez Seixas
Xurxo Ayán Vila


