Un pais coa sua lingua. Foro participativo

Un país coa súa lingua. Foro participativo

Un país coa súa lingua. Foro Participativo é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega que ten como obxectivo fomentar un diálogo aberto e plural sobre o futuro do galego. O proxecto estrutúrase arredor de sete mesas de traballo nas que se tratarán os retos da lingua en ámbitos como a educación, a administración, a economía, os medios, a cultura e a sociedade. A partir deste intercambio, redactarase un documento de propostas concretas, co obxectivo de identificar medidas prioritarias para a normalización do galego no outono de 2025.

A metodoloxía combina a exposición de diversas experiencias coa apertura á participación cidadá. Cada mesa contará con persoas con traxectorias diversas que partindo da situación actual formularán propostas de acción. Todas as achegas serán documentadas e sintetizadas por un equipo técnico para garantir un proceso rigoroso e transparente.
Gabinete de comunicación