Roberto Blanco Torres
Cuntis (Pontevedra), 18/ 3/1891 - Entrimo (Ourense), 3/10/1936Autoría: Juan Luís Blanco
Xornalista, político e poeta
Roberto Blanco Torres naceu en 1891 no seo dunha familia de clase media na vila pontevedresa de Cuntis, onde o pai era secretario do Xulgado e a nai mestra nacional. Aos 16 anos emigrou a Cuba tras os pasos dos seus irmáns maiores. Na Habana entrou en íntimo contacto coa intelectualidade da colonia galega e a súa rica actividade societaria (Curros, Cabanillas, Antón Villar Ponte, Ángel Lázaro, Nan de Allariz, Xosé Fontenla Leal, Julio Sigüenza, Mercedes Vieito…) e desenvolveu unha precoz e constante actividade xornalística e literaria nos diversos medios da colonia.
Retornado a Galicia no verán de 1916, Blanco Torres intégrase de cheo no movemento que, da man principalmente de Antón Villar Ponte, está mutando o rexionalismo finisecular no nacionalismo. Pouco despois da fundación o 18 de maio de 1916 da primeira Hirmandade dos amigos da Fala Gallega, o 14 de novembro ve a luz A Nosa Terra. Boletín decenal. Idearium da Hirmandade da Fala en Galicia e nas colonias gallegas d’América e Portugal, en cuxa xestación Blanco Torres é un nome imprescindible.
Roberto sitúase inicialmente nunha órbita ideolóxica de clara defensa da identidade de Galicia cun rexistro terminolóxico que —boa mostra do carácter transicional da época e dos titubeos dun discurso que se busca a si propio— oscila aínda entre rexionalismo e nacionalismo. No número 72 d’A Nosa Terra, inmediatamente anterior á realización en Lugo da primeira xunta das Irmandades (17 e 18 de novembro de 1918), e baixo o titular Probremas. Novos. O rexonalismo [sic] galego, Roberto escribe: «O rexonalismo non sinifica unha escisión da España política, do Estado español, com'a cabeza d'unha entidade xeográfica cuios destinos n-o conxunto rixe; sinifica autonomía n-a vida das rexiós hasta n-as máis baixas zonas municipales, unha xuntanza das enerxías homoxéneas, a ordenación d'esforzos, o desenrrolo do xenio da raza n-as suas diversas manifestaciós, a intensificación e orientación das eficiencias propias». Pero xa o boletín 73-74 publica o manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo, do que Blanco Torres é un dos asinantes e que no título previo explicita que «tendo a Galicia todal-as características esenciaes de nazonalidade, nós nomeámonos, de oxe para sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todal-as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas». Consonte, pois, este sentir, o propio boletín 73-74 publica un artigo de Roberto no que se muda o rexistro terminolóxico e o discurso subxacente. Baixo o titular Nazonalismo, a colaboración exsuda unha conexión entre un contundente programa ideolóxico e certos lugares comúns case folclóricos: «O enunciado do nazonalismo galego, do noso nazonalismo, fervente nas y-almas enxebres ateigadas de forza e d'amore, debera ir diante de toda Galicia, sin distinción de cras algunha […] N-o xeográfico, filosófico y-ético somos un povo, unha nacionalidade».
Roberto asiste á II Asemblea Nacionalista, que ten lugar en Compostela (7, 8 e 9 de novembro de 1918), e á III en Vigo (16, 17 e 18 de abril de 1921); a esta última, en representación, xunto con Xaime Quintanilla, da Irmandade de Ferrol. Na IV Asemblea Nacionalista (Monforte de Lemos, 18, 19 e 20 de febreiro de 1922), á que Roberto asiste en representación da prensa de Ourense pois daquela é redactor-xefe do gran xornal auriense La Zarpa, maniféstase con toda claridade a fenda do nacionalismo, larvada xa dende a primeira asemblea das Irmandades e que alicerzaba nas intensas diferenzas operativas do nacionalismo galego entre o grupo liderado por Vicente Risco, máis purista e de longo prazo, e a Irmandade da Coruña, orientada a un posibilismo pactista que no máis breve prazo debería cristalizar no autogoberno. Unha crise que, de feito, non se vai resolver ata 1931, coa fundación do Partido Galeguista.
Da reunión de Monforte xorde a Irmandade Nazonalista Galega (ING), con Risco como «conselleiro supremo», na que non ingresa a Irmandade da Coruña. Nos meses posteriores, Roberto, que é conselleiro de Publicidade da ING, promove un achegamento desta ao agrarismo de Basilio Álvarez, a quen Roberto coñece de hai anos e admira. Na V Asemblea Nacionalista (A Coruña, 18 e 19 de marzo de 1923), recoñécense oficialmente as teses de conxunción de nacionalismo e agrarismo propugnadas por Roberto. Porén, todos estes movementos ficarán en suspenso pola chegada da ditadura de Primo de Rivera, en setembro de 1923.
Roberto residirá en Vigo entre 1924 e 1928. Casado dende 1926 con Julia Sánchez Nóvoa, trasládase por un tempo á casa familiar da muller, terras da Peroxa, cabo de Ourense, onde ultima o seu poemario Orballo da media noite (Nós, 1929). En 1930 ve a luz a antoloxía de artigos xornalísticos De esto y de lo otro.
Desenvolve unha intensa actividade política e xornalística durante a República e, tras o golpe de estado do 18 de xullo, é detido e trasladado á prisión provincial de Ourense, onde permanece todo o mes de agosto e setembro. O día 2 de outubro de 1936 ás catro da mañá, nun paseo, dúas balas tronzaron a vida de Roberto Blanco Torres. O seu corpo apareceu na mañanciña, xunto cos doutros dous, nunha gabia da estrada de Ourense a Portugal, no concello de Entrimo. Tiña 45 anos.
Como citar: Blanco, Juan Luís : Roberto Blanco Torres. Publicado o 25/4/2016 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=5044. Recuperado o 22/03/2023

DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bibliografía selecta sobre Roberto Blanco Torres
ALONSO GIRGADO, L., M. REGUEIRO TENREIRO, M.ª T. MONTEAGUDO CABALEIRO (eds.): Roberto Blanco Torres. Cronobiografía, escolma de textos, obra hemerográfica, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, Federación de Libreiros de Galicia, 1999. Edición non venal.
ALONSO MONTERO, X. (ed.): Roberto Blanco Torres. Letras Galegas 1999, A Coruña, Real Academia Galega, 1999.
BLANCO VALDÉS, J. L. (1998): Hipertensión cívica. Aproximación á vida e á obra de Roberto Blanco Torres, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1998.
BLANCO VALDÉS, J. L.: Roberto Blanco Torres, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1999.
BLANCO VALDÉS, J. L.: Roberto Blanco Torres (1891-1936): unha fotobiografía, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 1999.
DOMÍNGUEZ ALBERTE, X. C.: Roberto Blanco Torres e a loita pola supremacía ética, Santiago de Compostela, Laiovento, 1999.
DURÁN, X.: Roberto Blanco Torres. Xornalista e poeta, Vigo, Galaxia, 1999.
GONZÁLEZ PÉREZ, C.: Roberto Blanco Torres, Noia: Toxosoutos, 1998.
RODRÍGUEZ GUERRA, A. (ed.): Roberto Blanco Torres. Corrrespondencia inédita e obra xornalística non exhumada, Salamanca, Lectorado Galego de Salamanca, 1999.
SEIXO PASTOR, M.: Roberto Blanco Torres, Vigo, A Nosa Terra, 1998.
SEIXO PASTOR, M. (ed.): Blanco Torres. Xornalismo irmandiño, Vigo, A Nosa Terra, 1999.
SEIXO PASTOR, M., B. PAZOS, P. PENA: Roberto Blanco Torres. Vida, obra e pensamento, A Estrada, Edicións Fouce, 2002.
Bibliografía específica sobre Roberto Blanco Torres elaborada por Juan Luís Blanco.
Ligazóns de interese
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [Consulta: 2022-12-30]
Audios
RETRANSMISION DE UNA SESION EXTRAORDINARIA DE LA REAL ACADEMIA GALEGA CENTRADA EN LA FIGURA DE ROBERTO BLANCO TORRES

ENTREVISTA SOBRE ROBERTO BLANCO TORRES
RETRANSMISION DE UNA SESION EXTRAORDINARIA DE LA REAL ACADEMIA GALEGA CENTRADA EN LA FIGURA DE ROBERTO BLANCO TORRES
Publicacións periódicas
Correo de Galicia (1908-1945) .
Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. Es el periódico regional de mayor circulación en Sud América
Órgano de la colectividad gallega en la República Argentina. Es el periódico español de mayor circulación en la Argentina y Uruguay
Santos e Meigas (1908-) .
Revista Semanal Ilustrada
Suevia [1913] (1913-1913) .
Revista Gallega Regionalista
Suevia [1916] (1916-1916) .
Revista Gallega
Agrario, El (1917-) .
Órgano Oficial del Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda
Centro Gallego (1917-1925) .
Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay
A partir do n.º 144: Publicación mensual ilustrada
Acción Gallega (1920-1925) .
Publicación Oficial de Casa de Galicia
A partir do n.º 14: Revista Mensual de Casa de Galicia
Roladas, As (1922-) .
Folla dos rapaciños galegos
Céltiga (1924-1932) .
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs
Arazúa (1929-1930) .
Boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega
Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
Galicia [Madrid 1932-33] (1932-1933) .
Revista Mensual Ilustrada
Artigos Roberto Blanco Torres
BLANCO TORRES, R. (12/1942) Meus cabalos. Alborada. 1ª (118), 26.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
BLANCO TORRES, R. (6/1944) La fisonomía espiritual de Ourense. Acción Gallega. 2ª (10), 3.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;