COMISIóN EXECUTIVA

----
Vicepresidencia (2018 - )

Xosé M. Núñez Seixas

Consello da Cultura Galega

Doutor en Historia Contemporánea polo IUE de Florencia e catedrático da mesma materia na Universidade de Santiago de Compostela, tamén o foi na LMU de Múnic. Premio Nacional de Ensaio en 2019. Foi investigador ou profesor convidado en varias universidades europeas e americanas, como París X, City University of New York, Verona ou Stanford.

Os seus eidos principais de pescuda son os nacionalismos ibéricos e europeos nos séculos XIX e XX, así como os estudos migratorios e a historia cultural da guerra e da violencia no século XX. Fai parte dos consellos de redacción das revistas Historia Social, Studies in National Movements e Passato e Presente, ademais de ser membro do consello asesor de varias revistas ibéricas e internacionais, como European History Quarterly e Estudos Iberoamericanos.

É autor de varias monografías en galego, inglés, alemán, francés, portugués, español e catalán. Entre as últimas cóntanse The First World War and the Nationality Question in Europe (Leiden/Boston, 2020) como editor e The Sites of the Dictators (Londres, 2021, no prelo). Ten tamén publicados numerosos artigos en revistas internacionais e colabora habitualmente en diversos medios de comunicación.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato