Esta busca topográfica no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia remite ás publicacións periódicas accesibles para a súa consulta presencial en sala.
Esta busca topográfica no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia remite ao fondo bibliográfico do CDIF, accesible mediante préstamo ou consulta presencial en sala.
Proxecto iniciado en 2005 destinado á recuperación da documentación, memoria e posta á disposición pública de materiais xerados por grupos e colectivos feministas e de mulleres que desenvolveron e/ou desenvolven a súa actividade en Galicia
Proxecto iniciado a finais de 2019 destinado á recuperación da documentación, memoria e posta á disposición pública de materias xerados por grupos e colectivos de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, queer..., que desenvolveron e/ou desenvolven a súa actividade en Galicia.
Ciclo de cinema que desde 2011 ten lugar arredor da celebración do 8 de marzo. Focaliza a atención na produción de creadoras que traballan nos xéneros cinematográficos de ficción, documental e animación (curta e longametraxe), dando corpo a unha mostra significativa da creación máis actual. Desde 2013 realízase en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
Proxecto audiovisual encamiñado a recuperar en primeira persoa testemuños, imaxes e voces de mulleres que traballaron e viviron en tempos xa mudados, e que hoxe son aínda memoria viva.
Ciclo anual de cine luso-galego que ten como obxectivo promover o intercambio cultural entre Galicia e o norte de Portugal, feito en colaboración coa Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG.
Ciclo anual destinado a servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos.