Galicia e a Bretaña están marcadas, como xa viron os autores clásicos, por moitas semellanzas xeográficas e culturais. Son terras altamente romanizadas, pero con fondas pegadas celtas. Son terras de granito e con extensas orlas marítimas, de chuvias atlánticas empuxadas por «ventos mareiros», que están caracterizadas por uns trazos culturais de gran paralelismo, desde os monumentos megalíticos ata os cruceiros e calvaires, as gaitas e cornamusas, as romarías e un sentimento da terra case panteísta, alén dunha fonda relixiosidade. Por iso se considerou Galicia como unha «Bretaña española», o que, á inversa, se lle podería aplicar tamén á península bretoa, de modo que nunca houbo fronteiras que arredasen estes dous territorios, nin por terra nin por mar. Non obstante, estas semellanzas e mesmo as relacións intermitentes que desde a prehistoria se estableceron entre a península armoricana e Galicia non abondaron para superar un descoñecemento mutuo.
Co propósito de remediar esta ausencia foron pensadas as xornadas realizadas no outono de 2017, concibidas cunha perspectiva comparada e como primeiro paso para sucesivas aproximacións. Nesta publicación recóllense os relatorios daquel encontro, no que dous dos editores deste libro (Botrel e Villares) se achegan ao estado da cuestión e unha selecta nómina de investigadores e investigadoras de universidades galegas e bretoas afrontan estudos comparados no campo da historia agraria (Jarnoux e Saavedra), da política no medio rural (Cabo), do nacionalismo político (De Juana e Carney) da identidade (Núñez Seixas e Le Coadic), da xeografía (Lois e David) e da literatura (Nogueira, Rivalan, Requeixo e Lama). No campo literario, prestouse unha atención especial ao escritor Álvaro Cunqueiro, un autor que foi capaz de escribir a novela As crónicas do sochantre, de puro ambiente bretón, sen nunca estar na Bretaña, para comprobar, cando máis tarde alí viaxou, que maxín literario e realidade eran case a mesma cousa.

-
-
Limiar
Rosario Álvarez
-
Limiar
-
Parte primeira
-
Parte segunda
-
A BRETAÑA: UNHA PENÍNSULA ATLÁNTICA NA EUROPA DO ANTIGO RÉXIME (SÉCULOS XV-XIX)
Philippe Jarnoux
10.17075/gboc.2020.003 -
GALICIA E BRETAÑA: DÚAS SOCIEDADES DE ANTIGO RÉXIME
Pegerto Saavedra Fernández
10.17075/gboc.2020.004
-
A BRETAÑA: UNHA PENÍNSULA ATLÁNTICA NA EUROPA DO ANTIGO RÉXIME (SÉCULOS XV-XIX)
-
Parte terceira
-
O GALEGUISMO E O EMSAV: DOUS MOVEMENTOS REXIONALISTAS
Jesús de Juana
10.17075/gboc.2020.005 -
DA RELIXIÓN CONTRA A RAZA Á RELIXIÓN DA RAZA. OUTRA LECTURA DO NACIONALISMO BRETÓN A COMEZOS DO SÉCULO XX
Sébastien Carney
10.17075/gboc.2020.006 -
A POLÍTICA NO CAMPESIÑADO DO OESTE
Miguel Cabo Villaverde
10.17075/gboc.2020.007 -
A IDENTIDADE COLECTIVA EN GALICIA NO ESPELLO BRETÓN (SÉCULOS XIX E XX): UNHA INTERPRETACIÓN
Xosé M. Núñez Seixas
10.17075/gboc.2020.008 -
CONSTRUCIÓN DA IDENTIDADE NA BRETAÑA DE HOXE
Ronan Le Coadic
10.17075/gboc.2020.009
-
O GALEGUISMO E O EMSAV: DOUS MOVEMENTOS REXIONALISTAS
-
Parte cuarta
-
AS BRETAÑAS NO PARATEXTO DE ÁLVARO CUNQUEIRO
María Xesús Nogueira
10.17075/gboc.2020.010 -
LAS CRÓNICAS DEL SOCHANTRE. HISTORIA DUNHA «MODIFICACIÓN» GALEGA NA BRETAÑA
Christine Rivalan Guégo
10.17075/gboc.2020.011 -
AS BRETAÑAS DE CUNQUEIRO
Armando Requeixo
10.17075/gboc.2020.012 -
VIAXE POLA BRETAÑA DE CUNQUEIRO. UNHA CARTOGRAFÍA CULTURAL UBICUA
María Xesús Lama López
10.17075/gboc.2020.013
-
AS BRETAÑAS NO PARATEXTO DE ÁLVARO CUNQUEIRO
-
Parte quinta