Nun contexto marcado pola globalización, os desprazamentos e a transformación dos espazos de socialización, as linguas deixan de ser entendidas unicamente como sistemas formais para revelárense como escenarios nos que se negocian ideoloxías e identidades. Este volume propón unha reflexión sobre como se constrúen, cuestionan e reformulan as identidades lingüísticas e as ideoloxías que as acompañan, tanto no contexto galego como noutros escenarios multilingües.
Desde o humor e a performance ata os espazos educativos, familiares e dixitais, os estudos aquí recollidos abordan temas centrais da sociolingüística contemporánea: o papel das persoas neofalantes, os conflitos arredor do estándar, a intermediación lingüística, o contacto entre variedades e as dinámicas de lexitimación e exclusión que operan sobre as linguas minorizadas. Na conxunción de enfoques teóricos e metodolóxicos diversos, as autoras e autores ofrecen unha visión ampla e crítica da diversidade lingüística como práctica social situada, atravesada por tensións ideolóxicas.
Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística ponlle o ramo ao proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística, desenvolto no Instituto da Lingua Galega (2020-2024), e constitúe unha invitación a repensar o feito lingüístico desde a súa complexidade e pluralidade e mais a imaxinar comunidades lingüísticas máis xustas, inclusivas e conscientes da riqueza que supón a diversidade.

| Título | Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística |
| Edición |
Elisa Fernández Rei Estela Fidalgo-Garra Miguel Guisantes-Alonso |
| Autoría |
Noemi Basanta Luke Bishop Agurtzane Elordui Marta Estévez Grossi Ana Iglesias M. Carmen Parafita Couto Gabriela Prego Vázquez Xosé Luís Regueira Gabriel Rei-Doval María Sampedro Mella Carme Silva Domínguez Luz Zas Varela |
| Limiar |
Elisa Fernández Rei Estela Fidalgo-Garra Miguel Guisantes-Alonso |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2025 |
| Edición | 1 |
| Descrición física | 327 p. ; il. ; 24 cm |
| ISBN | 978-84-17802-74-5 |
| Depósito Legal | C 874-2025 |
| DOI | 10.17075/iipdl.2025 |
| Colección | Ensaio & Investigación |
| Evento |
Publicación. Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística. 3/11/2025. Facultade de Filoloxía. Santiago de Compostela |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|