Velaquí recollidos a modo de monografía, os textos presentados no XXIV Simposio do Instituto da Lingua Galega, Cultura impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos, título que este volume fai propio e que atende a un fenómeno rechamante, que foi agromando paseniño nestas últimas décadas. Estámonos a referir á puxante emerxencia dun campo de estudos sobre a cultura impresa que alterou de vez as convencionais confluencias epistémicas que ata entón orientaran a historia do libro para levar esta cara a un espazo heurístico máis fluído, no que respecta principalmente á diversidade dos materiais estudados, pero tamén á necesaria interdisciplinariedade metodolóxica con que materiais tan proteicos deben ser analizados.
Falamos, logo, dun ámbito de coñecemento no que a perda de centralidade do obxecto libro abre un escenario novo ou no que o estudo de revistas efémeras ou publicacións híbridas editadas artesanalmente sinala novos puntos de fuga cara a traballos pendentes, tanto nos arquivos coma nas rúas. Camiños por explorar nos que, forzosamente, a diversidade de soportes e corpus favorece unha reflexión sobre a materialidade do impreso, mesmo sobre a súa ontoloxía, axudando así ao establecemento de pontes que poñan en diálogo os estudos filolóxicos, lingüísticos e literarios con outras disciplinas como os estudos das artes visuais, os estudos culturais ou a historia social. Un diálogo no que esta monografía quere participar.

[Data da nota de prensa: setembro 2026]
| Título | Cultura impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos |
| Edición |
Iago Casas Neo Elisa Nieves Narreiro Dolores Vilavedra |
| Autoría |
David Carballal Cuña Xosé Manuel Dasilva Fernández Antonio Doñate Mañeru Daniela Ferrández Pérez José Luís Forneiro Déborah González Germán Labrador Méndez Ramón Mariño Fernández Ramón Mariño Paz Jesús A. Martínez Martín Henrique Monteagudo María Xesús Nogueira Pereira |
| Limiar |
Iago Casas Neo Elisa Nieves Narreiro Dolores Vilavedra |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Instituto da Lingua Galega, 2026 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 302 p: il., cor; 24 cm |
| ISBN | 978-84-17802-77-6 |
| Depósito Legal | C 675-2026 |
| DOI | 10.17075/cimpre.2026 |
| Colección | Ensaio & Investigación |
| Evento |
Publicación. Cultura impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos. //. Consello da Cultura Galega. Consellodacultura.gal |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
Unha monografía afonda en novas formas de estudar a cultura impresa [Data da nota: 18/9/2026].