Fernando López Acuña e a zanfona / Texto. Presentación/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Caligrafías musicais

Material

Caligrafías musicais

Fernando López Acuña e a zanfona

Detalle


En 1977, organizada pola Asociación Musical Andrés Gaos e a Aula de Cultura Lume, o musicólogo Fernando López-Acuña (Lugo, 1949) pronuncia na Coruña esta erudita conferencia dedicada a un dos instrumentos galegos máis senlleiros: a zanfona. Na súa disertación fala primeiramente do organistrum e sinala as diferenzas entre os dous instrumentos. Deseguido destaca o uso xeneralizado da zanfona e analiza os distintos tipos (diatónica, cromática…). O conferenciante axúdase de diapositivas de obras artísticas, que o guían para facer amplas descricións iconográficas das partes e da evolución da zanfona. Para completar as súas palabras, intercala distintas interpretacións musicais deste instrumento. Enxalza a Faustino Santalices como figura indiscutible na recuperación da zanfona na primeira metade do século XX en Galicia. A pesar de que o son non ten boa calidade, mantéñense os fragmentos musicais como apoio das palabras do conferenciante. Esta gravación pertence ao fondo Ramiro Cartelle da Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.



Escoita a conferencia:



Datos do fondo:
Sinaturas: CART_0127_001.
Duración: 53:58 min.
Fondo Ramiro Cartelle. Arquivo Sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega



Ligazóns de interese no CCG:



Ligazóns de interese na Colección de Lousas do Arquivo Sonoro de Galicia:

Descrición
Unha erudita conferencia sobre a zanfona, a súa evolución histórica e o seu principal divulgador, Faustino Santalices Pérez.
Metadatos