Xornada - Sociedades da vixilancia. 2 de xuño de 2026

Sociedades da vixilancia

Xornada

Sociedades da vixilancia

A cultura como refuxio

2 de xuño de 2026
Santiago de Compostela
Xornada

Sociedades da vixilancia

A cultura como refuxio

2 de xuño de 2026 Santiago de Compostela
O ciclo de pensamento e cultura “A cultura como refuxio” nace coa vontade de abrir un espazo de reflexión compartida arredor do papel que desempeña a cultura nun contexto contemporáneo marcado pola incerteza, a aceleración tecnolóxica e a crecente sensación de exposición permanente.

Nun mundo atravesado por dinámicas de control, monitorización e extracción de datos, a cultura emerxe non só como lugar de creación e encontro, senón tamén como un territorio de resistencia, abrigo e pensamento crítico.

Esta xornada propón afondar nas transformacións sociais derivadas da implantación masiva de tecnoloxías de control e na súa incidencia sobre a vida cotiá, a liberdade individual e as prácticas culturais. A través do diálogo coa xornalista e investigadora Marta Peirano —referente na análise das relacións entre tecnoloxía, poder e sociedade—, abrirase unha conversa que nos convida a cuestionar os límites entre seguridade e vixilancia, entre innovación e dominación.

A sesión complétase cun conxunto de relatorios que exploran, desde distintas disciplinas, como a palabra, as artes e o pensamento poden actuar a modo de refuxio fronte ás lóxicas de control. A intervención de Roberto Pascual propón unha ollada sobre o teatro como espazo de resistencia e de construción de alternativas simbólicas e no caso de Marina García Canedo sobre Body monitoring: panóptico e corpo feminino.

Nun tempo de exposición constante, pensar en conxunto convértese, máis que nunca, nun acto de coidado e de liberdade.
Ficha técnica 
Xornada
Sociedades da vixilancia
A cultura como refuxio
Cando
2 de xuño de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Uxía Caride Blanco
Ricardo Fandiño Pascual
Relator/a
Uxía Caride Blanco
Marina García Canedo
Roberto Pascual Rodríguez
Marta Peirano
Modera
Uxía Caride Blanco
Ricardo Fandiño Pascual
Presenta
Paula Cabaleiro Comesaña
Uxía Caride Blanco
Ricardo Fandiño Pascual
Celia Pereira Porto
Organiza
Comisión técnica de xestión e políticas culturais
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)