Xornada - Os Centros de Estudos Galegos a debate . 17 de xullo de 2026

Os Centros de Estudos Galegos a debate

Xornada

Os Centros de Estudos Galegos a debate

17 de xullo de 2026
Santiago de Compostela
Xornada

Os Centros de Estudos Galegos a debate

17 de xullo de 2026 Santiago de Compostela
A principios dos anos noventa, a Xunta de Galicia puxo en marcha os primeiros lectorados en universidades de fóra do ámbito lingüístico. Desde entón, a Rede de Centros de Estudos Galegos foi medrando ao longo de máis de tres décadas ata estenderse por 40 universidades, sobre todo de Europa e América, 29 delas con persoal lector propio. Neles impártese lingua e literatura, faise investigación e difúndese a cultura en contextos tan distintos como o portugués, o polaco ou o croata.

Manter esta rede de difusión exterior da lingua e a cultura é pouco habitual nas linguas minorizadas. Aínda así, estas máis de tres décadas de traxectoria son tamén unha oportunidade para repensar o modelo e fixarnos naquilo que non funciona. Esta xornada propón facer esa reflexión desde dentro, pero tamén cun ollo posto nas experiencias do catalán e do éuscaro da man do Institut Ramon Llull e do Etxepare Euskal Institutua.