01/12/1981 Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1981 / <!--Epistolario singular VPA--> Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1981

01/12/1981
Florencio Delgado GurriaránValentín Paz-Andrade
Compartir en

Madrid, 1 Nadal 1981



Benquerido amigo Valentín:

En Madrid, derradeira etapa desta nosa viaxe que tanto arrequentou as nosas máis gratas vivencias, quero darche as gracias pola tan grande pola tan grande parte que ti tiveche nilas e, de parte da miña muller e da miña desexar-vos a ti e aos teus boandanza e saúde para o ano 1982 e para sempre.

Cordiais apertas da miña dona e miñas para Celdita e para ti.


Florencio Celia


De Sargadelos enviaron-che copia dos meus poemas de O soño do Guieiro, de sátira e loita, e a petición dunhas cuartelas de prólogo. Uno-me a esta e rógoche a túa opinión encol da calidade e oportunidade dos mesmos e da súa publicación. Decidinme a da-los á lus, a pesar de que cicáis conviñera o esquecer as cousas da guerra, o feito de que os da España moura seguen lembrando-a e arelando a volta da tiranía.

Novamente unha aperta

FICHA DOCUMENTAL