Valentín Paz-Andrade
Lérez, Pontevedra, 23/ 4/1898 - Vigo, 19/5/1987Autoría: Xosé Gregorio Ferreiro Fente
Galicia, unha tarefa por facer
o sortilexio das letras e a paixón por Galicia. Despois de cursar a educación primaria e mais a secundaria na cidade natal, comeza a carreira de dereito, en Santiago de Compostela, en 1917. Un ano antes dérase a coñecer como publicista en Gaceta de Galicia. Diario de Santiago e o mesmo 1917, no semanario Alma Galaica e no xornal La Correspondencia Gallega, ambos de Pontevedra. Alumno brillante e de espírito bulideiro, durante o período universitario iníciase no exercicio da política, angueira cara á que se sentirá inclinado toda a vida e na que chegará a representar papeis de notable entidade e liderado, durante as décadas de 1920 e 1930, dentro sempre dos vértices ideolóxicos do nacionalismo, o autonomismo e o republicanismo democrático.
En maio de 1921 remata a carreira e en xullo recrútano para ir á guerra do Rif. Desde África enviará artigos que publica en El Noroeste, da Coruña. Eximido das obrigas militares en febreiro de 1922, aséntase en Vigo, onde será un dos principais artífices da saída ás rúas, o 25 de xullo, de Galicia. Diario de Vigo, considerado un dos grandes fitos na historia do xornalismo galego. Como director, daría cabida nas páxinas do novo xornal a colaboracións de personalidades da cultura e da política galeguistas, así como propias, coas que pretendeu tanto difundir tal ideario entre a sociedade, como influír na súa conformación teórica e estratéxica. Desde a instauración da ditadura de Primo de Rivera en setembro de 1923, o xornal veríase sometido a un vivo proceso de acoso, que desembocaría na súa desaparición en setembro de 1926.
A partir da clausura do diario, dedicarase ao exercicio da avogacía, actividade que non abandonará ata practicamente o momento do seu pasamento. En 1927, asumirá a asesoría en asuntos fiscais e xurídicos da sociedade de armadores de Bouzas La Marítima, un feito de gran transcendencia na súa biografía, pois suporalle o ingreso nun sector estratéxico da economía e a industria de Galicia, do que acabaría sendo un gran coñecedor, ademais dun reputado especialista en certas materias, como a do dereito marítimo internacional. Tamén desta época son as súas primeiras colaboracións na revista, propiedade de José Barreras Massó, Industrias Pesqueras. En paralelo, despregará unha actividade política que adquire especial intensidade durante os derradeiros estertores da ditadura e os esperanzadores primeiros anos da Segunda República. Dan fe da entidade que alcanza como figura política durante aquel período o feito de que, entre 1929 e 1932, vai ser actor protagonista, a carón case sempre de Afonso R. Castelao, a quen comezara a tratar en 1919, nas principais citas do republicanismo galego, pero moi especialmente do nacionalismo, como foi a fundación do Partido Galeguista en 1931, formación á que representará, en dúas convocatorias electorais, en postos de cabeza nas listas ás eleccións ás Cortes. Finalmente, vivirá un progresivo distanciamento do partido liderado por Castelao, que culminará cando se presenta, nas eleccións de febreiro de 1936, como candidato do Partido de Centro Democrático, de M. Portela Valladares.
A sublevación militar de xullo de 1936 sorpréndeo en Vigo, onde vive os primeiros días con ánimo intranquilo. Con todo, participará nas manobras de salvación dos compañeiros galeguistas R. Martínez López e X. Núñez Búa, que grazas a el conseguen eludir unha represión certa e exiliarse. En setembro recibe unha orde de desterro que cumprirá en Verín, a Serra de Queixa, Castro Caldelas e Pobra de Trives, ata que, en decembro de 1937, se lle permite regresar a Vigo. Sufrirá un novo desterro, nesta ocasión en Villanueva de la Serena, Badaxoz, desde agosto a decembro de 1939.
Obrigado a renunciar a toda forma de realización e proxección pública, vivirá a década de 1940 nun exilio interior, que racha cun prólogo, asinado co seu nome, para a edición de 1948 de Estampas compostelanas, de Ksado; e co artigo «Castelao: el hombre y el artista» que,
a peito descuberto, segundo propio aserto, publica, o 14 de xaneiro de 1950, no frontispicio do suplemento literario do xornal compostelán La Noche.
A de 1950 constituirá a década da súa volta a unha actividade consonte ao seu natural espírito creativo e inquedo. En 1950 viaxa á Arxentina para participar nas Xornadas patrióticas galegas do Centro Galego de Bos Aires, viaxe na que contactará cos exiliados radicados no país. A relación con esta comunidade do alén mar intensificarase a partir do seu ingreso, en 1951, na FAO como asesor en materia de explotación de recursos pesqueiros, grazas a Bibiano F. Osorio Tafall. Esta ocupación levarao a viaxar a múltiples países, en especial de América, durante os seguintes tres lustros. Regresará a Bos Aires en 1957 ‒logo de pasar un mes no cárcere pola publicación dunha nota en Industrias Pesqueras, do que era director desde 1942‒ para disertar nunha nova edición das Xornadas patrióticas. Os materiais daquelas conferencias serviranlle de base para a redacción de Galicia como tarea (1959), un ensaio onde reflexiona sobre a sociedade, a economía e a cultura de Galicia desde perspectivas daquela orixinais, entre elas a apelación á condición de activo económico da lingua galega de resultas da súa pertenza á lusofonía. A este ensaio seguiríanlle outros, algúns tan aplaudidos como La anunciación de Valle-Inclán (1967), La marginación de Galicia (1970), A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978) ‒o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega‒, ou a biografía Castelao na luz e na sombra (1982).
Foi tamén poeta, parcela na que se deu a coñecer serodiamente coa elexía pola morte de Castelao Pranto matricial (1955). Posteriormente, dará a lume Sementeira do vento (1968) e Cen chaves de sombra (1979). No entanto, en 2012, ano en que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas, exhumaríase unha copiosa obra inédita da súa autoría, entre a que sobresae a que escribira durante o confinamento na Serra de Queixa, xa que se trata do maior corpus individual coñecido ata a data de poesía en galego dese período. Dos libros de poemas rescatados en 2012 destacan tamén aqueles cuxo tema recorrente é a emigración.
A súa personalidade polifacética quedaría plasmada igualmente nos ámbitos empresarial e industrial, nos que son ben coñecidos varios emprendementos nos que participa, algúns de tanto éxito como a creación de Pescanova S.A. en 1960.
Na década de 1970 retomará a actividade política: forma parte da Xunta Democrática de Galicia, representa a Galicia na Comisión Negociadora da Oposición Democrática, é elixido senador e, cunha alocución moi aplaudida, pecha a multitudinaria manifestación celebrada, en Vigo, o 4 de decembro de 1977 baixo o slogan
Galicia pola Autonomía.
Morre o 19 de maio de 1987. Os seus restos descansan na freguesía natal de Lérez, Pontevedra.
Bibliografía primaria
Ensaio
«A nosa definición autonomista», Nós. Boletín mensual da cultura galega, 80 (15 de agosto de 1930), 159-164. Accesible en: https://revistanos.galiciana.gal/recurso/ano-xii-número-80---15-agosto-1930/39cecb4d-dba1-4030-b82c-7e51bc18f211?pagina=11
Galicia como tarea. Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, 1959. [Edición ao coidado de Luís Seoane]
A galecidade na obra de Guimarães Rosa. Sada: Ediciós do Castro, 1978. [Introdución de Paulo Rónai e epílogo de Álvaro Cunqueiro; existe edición en portugués (tradución de Paulo Rónai), São Paulo: Difel, 1983]
Libro de viaxes
Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955. Santiago de Compostela: Alvarellos Editora, 2013. [Edición, introdución e notas de Emilia García López; prólogo de Ramón Villares]
Epistolarios Poesía Biografía secundaria Associaçom Galega da Lingua (1997): Agália. Revista Internacional da Associaçom Galega da Língua, 51. [Monográfico dedicado a Valentín Paz-Andrade]. Accesible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/ejemplar?codigo=305766&info=open_link_ejemplar
Epistolario. Sada: Ediciós do Castro, 1997. [Edición de Charo Portela Yáñez e Isaac Díaz Pardo]
Lume de vidas. Valentín Paz-Andrade - Ramón Otero Pedrayo, un diálogo epistolar (1925-1976). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade, 2012. [Edición de Henrique Monteagudo e Denís Vicente]
Pranto matriarcal. Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego, 1955. [Existen edicións posteriores de 1968, 1975 (edición pentalingüe), 1992 e 2012 (edición facsímile e CD no que se recolle a gravación do recitado do autor realizado en 1957 nos estudios San Martín de Bos Aires)]
Sementeira do vento. Vigo: Galaxia, Colección Salnés de Poesía Galega, 1968. [Con ilustracións de Laxeiro e carta-prefacio de Guilherme de Almeida]
Cen chaves de sombra. Sada: Ediciós do Castro, 1979. [Con cuberta de L. Seoane, ilustracións de Laxeiro e mais prólogo e epílogo (poético) de Lorenzo Varela]
Poesía completa. Vigo: Xerais, 2012. [Edición, limiar e notas de Gregorio Ferreiro Fente]
Callón, C.; Filgueiras, P. (2015): Cicatrices de ferro nas palabras. A obra poética e o programa cultural de Valentín Paz-Andrade. A Coruña: Figurandorecuerdo(s)edicions.
Calvo, T. (1998): Valentín Paz-Andrade, a memoria do século. Sada: Ediciós do Castro.
Carballa, X. (2012): Biografía de Valentín Paz Andrade. Vigo: Galaxia.
Portela Yáñez, R. (2012): Valentín Paz Andrade. Vida e obra. Vigo: Xerais.
Real Academia Galega (2012): Valentín Paz-Andrade. Boleltín da Real Academia Galega, 373. [Monográfico sobre Valentín Paz-Andrade]. Accesible en: http://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/issue/view/37
Como citar: Ferreiro Fente, Xosé Gregorio : Valentín Paz-Andrade. Publicado o 26/4/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2950. Recuperado o 14/05/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Valentín Paz-Andrade.
Valentín Paz-Andrade harmoniza boa parte dos saberes e das actividades humanas. Político nun galeguismo posibilista; xornalista sempre activo na prensa galega; xurista tamén na defensa de intelectuais galegos na posguerra; empresario especializado na pesca; escritor en lingua galega; intelectual e coñecedor da nosa historia; economista prestixioso e de lúcido e visionario alcance. A continuación, os tres últimos sinais da súa vizosa personalidade móstranse nestes tres audios históricos.
Poetas de Galicia
No ano 1968, RNE na Coruña emite o programa radiofónico Poetas de Galicia. Todos os venres, ás 8.25 da tarde, os oíntes teñen a posibilidade de coñecer os poetas galegos actuais máis destacados. O programa que ofrecemos está dedicado a Valentín Paz-Andrade. Dun xeito conciso, o prolífico intelectual de Lérez ofrece as claves da súa poesía mentres os locutores intercalan recitados dalgúns dos seus poemas (“Os ollos do río”, “O pescador de Pondal”...). “Triadas do vento no mar” e “Boas-vindas, mariñeiros” escóitanse na súa voz.
Duración: 25'31''
Sinatura: ACRN00010_01
Fondo:Fondo RNE. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Francisco Añón
Valentín Paz-Andrade é o convidado de honra nas Xornadas Patrióticas Galegas realizadas en 1966 en Bos Aires. Ese mesmo ano, Francisco Añón é o homenaxeado no Día das Letras Galegas; motivo polo que a súa primeira conferencia, pronunciada no Salón Castelao do Centro Galego, está dedicada ao cantor de Boel. Nun galego exquisito, amosa os seus coñecementos da literatura galega e introduce novos conceptos na análise da obra de Añón, como cando fala da súa topofilia poética.
Duración: 58'.42''
Sinatura: COBA-CON/67 .
Fondo: Colección Centro Galego de Bos Aires. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
A emigración
En 1957, Paz-Andrade diserta sobre un tema doloroso para a nosa terra: a emigración. Baseándose en datos precisos e actualizados, argumenta as causas económicas do éxodo da poboación galega e incide nas consecuencias nefastas para o desenvolvemento económico presente e futuro de Galicia. A triloxía da prosperidade fórmaa o eixe home-natureza-capital, alterado polo movemento emigratorio. Esta erudita conferencia pronúnciaa en Bos Aires, no marco das Xornadas Patrióticas Galegas.
Duración: 48'33''
Sinatura: COBA-CON/37
Fondo:Colección Centro Galego de Bos Aires. Arquivo Sonoro de Galicia. CCG
Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro. Ver Documento. Epístola
Neira Vilas, Xosé (2012): Cadernos Ramón Piñeiro (XXII). Correspondencia de Xosé Neira Vilas con Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
http://www.cirp.es/pub/docs/crp/crp22.pdf [2022-12-30]
Discurso de ingreso de Valentín Paz-Andrade na Academia Galega das Ciencias. Ver Documento. Conferencia
Intervención escrita, co título «O home dentro do sabio. Pedro Joseph de Bermés» (1770-1824), e resposta de Enrique Vidal Abascal.
Fonte: Legado Paz-Andrade http://www.valentinpazandrade.es/media/upload/discurso-agc.pdf [Consulta: 2022-02-28]
Artigo de Paz Andrade sobre G. de Almeida, “Príncipe dos poetas”. Ver Documento
Mecanoscrito do artigo titulado «Con Guilherme de Almeida. “Príncipe dos poetas” del Brasil» publicado por Valentín Paz-Andrade o 5 de xaneiro de 1960 na sección «Arte y Literatura» do Faro de Vigo.
Edición do Pranto matricial de Paz-Andrade, versión portuguesa de G. de Almeida. Ver Documento. Extracto de libro
Este PDF contén as páxinas 29 a 40 da edición impresa, precedidas por un breve limiar do propio G. de Almeida e seguidas por unha ilustración a páxina completa de Souto. A sinatura do traballo indica Galiza, 1954.
Mecanoscrito do Pranto matricial de Paz-Andrade, versión portuguesa de G. de Almeida. Ver Documento
Escaneado de cinco follas escritas a máquina por unha soa cara, autografadas so a indicación Galiza, 1954 e coa simboloxía manuscrita dunha cruz acompañada de S P 4 VIII A D 19 56
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bibliografía de Valentín Paz-Andrade. Ver Documento
Fonte: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG)
Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. Ver Documento
Lei 1/2014, do 24 de marzo, á que se lle deu o nome de Valentín Paz-Andrade en recoñecemento á súa traxectoria na demanda dun fortalecemento dos vínculos de Galicia coa lusofonía.
Fonte: http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90243_2.pdf [Consulta: 2022-02-28]
Catálogo da exposición Valentín Paz-Andrade. Uma antena galega no Brasil. Ver Documento. Catálogo de exposición
A exposición Valentín Paz-Andrade. Uma antena galega no Brasil foi organizada polo Consello da Cultura Galega no ano 2012, no marco das actividades conmemorativas de celebración do Día das Letras Galegas adicadas ese ano ao autor.
Boletín da Real Academia Galega dedicado a Valentín Paz-Andrade. Ver Documento
VV. AA. (2012): «Valentín Paz-Andrade», Boletín da Real Academia Galega, 373.
Fonte: Real Academia Galega https://doi.org/10.32766/brag.373 [2022-02-28]
Especial da Revista «Agália» dedicado a Valentín Paz-Andrade. Ver Documento
VV. AA. (1997): «Valentim. 1898-1987», Agália, 51.
Fonte: Associaçom Galega da Língua https://a.gal/Agalia/051.pdf [2022-02-28]
Artigo «Algo se lee. Libros de Galicia en 1955». Ver Documento. Artigo
Artigo escrito por Aquilino Iglesia Alvariño, apareceu a páxina completa o 6 de xaneiro de 1956 en La Noche. Vai ilustrado con oito retratos de autores galegos, a maioría fotografías, outros debuxados ou pintados.
Fonte: La Noche vía Galiciana
Ligazóns de interese
Especial Letras Galegas 2012 da Televisión de Galicia
Contidos emitidos na Televisión de Galicia sobre Valentín Paz- Andrade con motivo das Letras Galegas 2012.
Fonte: https://www.crtvg.es/cultural/especiais/etiqueta/letras-galegas-2012 [Consulta: 2022-02-28]
Un embaixador da lingua portuguesa en Galicia: Valentín Paz-Andrade
Especial elaborado polo Consello da Cultura Galega en 2020 con motivo do Día Internacional da Lingua Portuguesa.
Fonte: http://consellodacultura.gal/especiais/Un-embaixador-da-lingua-portuguesa-Valentin-Paz-Andrade/ [Consulta: 2022-02-28]
Proxecto Epístola: Valentín Paz-Andrade
Fonte: http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/epistolarios/persoas.php?p=2950 [Consulta: 2022-02-28]
Legado Valentín Paz-Andrade
Sitio web oficial de Valentín Paz-Andrade. Ofrece estudos, documentación e unha galería multimedia con fotografías, audios e vídeos.
Fonte: http://www.valentinpazandrade.es/gl [Consulta: 2022-02-28]
51 páxinas das nosas Letras
Catálogo da exposición organizada polo Parlamento de Galicia en 2013 para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas
Fonte: Parlamento de Galicia
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/Publicacions/51%20paxinas%20das%20nosas%20letras.pdf [consulta: 2022-12-30]
Zigzag Diario Especial Paz-Andrade
Programa que percorre a traxectoria vital e intelectual de Valentín Paz-Andrade coa colaboración de persoeiros que o coñeceron e estudaron.
Fonte: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario-especial-paz-andrade [2022-02-28]
Paz-Andrade: Galicia como tarefa
Edición especial do programa "Galegos de Honra" na que Paz-Andrade pon voz a un percorrido pola súa vida e a influencia que nela tivo Castelao.
Fonte: http://www.crtvg.es/cultural/especiais/paz-andrade-galicia-como-tarefa-en-galegos-de-honra-2002 [2022-02-28]
Valentín Paz Andrade en “Galegos”
Entrevista realizada a Valentín Paz-Andrade en 1985, ao comezo das emisións da Televisión de Galicia.
Fonte: https://www.crtvg.es/cultural/especiais/valentin-paz-andrade-en-galegos-1985 [2022-02-28]
Valentín Paz-Andrade na web da Real Academia Galega
Fonte: https://academia.gal/letras-galegas/2012/valentin-paz-andrade [Consulta: 2022-02-28]
Valentín Paz-Andrade na USC. Letras Galegas 2012
Referencias bibliográficas da obra de Valentín Paz-Andrade Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.
Fonte: http://www.usc.es/estaticos/biblioteca/Letras_Galegas_2012/index.htm [Consulta: 2022-02-28]
Congreso Valentín Paz-Andrade
Pontevedra, decembro de 2012
Fonte: https://academia.gal/-/videos-do-congreso-paz-andrade?redirect=%2Fletras-galegas%2F2012%2Fvalentin-paz-andrade [Consulta: 2022-02-28]
Valentín Paz-Andrade no Centro de Documentación da AELG
Fonte: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/valentin-pazandrade [Consulta: 2022-02-28]
Sección do Portal da Lingua Galega dedicada a Valentín Paz-Andrade
Información biográfica e materiais didácticos de centros educativos sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012.
Fonte: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/iniciativa/letras-galegas/contido_0050.html [Consulta: 2022-02-28]
Valentín Paz-Andrade na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Valent%C3%ADn_Paz-Andrade [Consulta: 2022-02-28]
Epístolas de
Carta de Paz Andrade a Seoane. Sen data
Carta de Paz Andrade a Carballo Calero. 1932
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1950)
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1951
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1951)
Carta de Valentín Paz-Andrade a Alfonso Fidalgo Pereira (1951)
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1952
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1954
Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1954
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1954
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1954
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1955)
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1955
Carta de Paz Andrade a Delgado Gurriarán. 1955
Carta de Paz Andrade a Bal Gay. 1955
Carta de Valentín Paz-Andrade a Clemencia Pereira (1956)
Carta de Valentín Paz-Andrade a Clemencia Pereira (1957)
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1957
Carta de Valentín Paz-Andrade a Clemencia Pereira (1957)
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1957
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1958)
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1958
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1959
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1960
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1961
Carta de Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1962
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1963
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1963
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1964
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1964
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1964
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1964
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1965
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1965
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1965
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1966)
Carta de Valentín Paz-Andrade a José Ortega Spottorno (1967)
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1967)
Carta de Valentín Paz-Andrade a José Ortega Spottorno (1967)
Carta de Valentín Paz-Andrade a Virxinia Pereira (1967)
Carta de Paz Andrade a Guilherme Almeida. 1968
Carta de Rodríguez de Prada e Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1968
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1968
Carta de Valentín Paz-Andrade a Ernesto Guerra da Cal (1969)
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1969
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1970
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1970
Carta de Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1970
Carta de Paz Andrade e Rodríguez de Prada a Luís e Maruxa Seoane. 1972
Carta de Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1972
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1973
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1973
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1973
Carta de Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1973
Carta de Paz Andrade a Filgueira Valverde. 1974
Carta de Valentín Paz-Andrade a Lois Tobío Fernández, 1975.
Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1978
Carta de Paz Andrade a Filgueira Valverde. 1978
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1978
Carta de Paz Andrade a Delgado Gurriarán. 1981
Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1986
Videos
Deconstruíndo a Valentín Paz-Andrade
Poemas audiovisuais de Valentín Paz-Andrade
Audiovisual que reúne as seis pezas poéticas elaboradas pola TVG e a Xunta de Galicia a partir de versos significativos de Valentín Paz-Andrade.
Audios
Gravación do discurso de Valentín Paz-Andrade co gallo da constitución da FEGAPE
Pranto matricial na voz do seu autor
Publicacións periódicas
Centro Gallego (1917-1925) .
Órgano de la Colectividad Gallega en Uruguay
Galicia [Bs As 1926] (1926-) .
Revista del Centro Gallego de Buenos Aires. Mutualidad - Cultura - Beneficencia
Boletín Oficial de la Sociedad Nueva Casa de Galicia (1929-) .
Fouce, A (1930-1936) .
Periódico galego
Lar (1934-) .
Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad
Revista del Hospital Gallego
Lareira (1951-) .
Publicación de Lar Gallego de Valencia
Mundo Gallego [1951-52] (1951-1952) .
Revista de Galicia en América
Ilustración Gallega (1954-) .
Revista de Galicia para España y América
Vieiros (1959-1968) .
Revista do Padroado da Cultura Galega de México
Heraldo de Galicia (1959-) .
Órgano de "Juventud de Galicia"
Lérez (1962-) .
Revista do Centro Pontevedrés de Buenos Aires
Orientación Gallega (1962-1965) .
Galicia en Mar del Plata (1963-) .
Órgano oficial del Centro Gallego de Mar del Plata
Ecuador 0º, 0', 0 (1965-1965) .
Revista de poesía universal
Pátria Galega (1982-) .
Artigos Valentín Paz-Andrade
PAZ-ANDRADE, V. (5/1944) Paisaje Gallego | Acción Gallega. 2ª (8), 8.
CARBALLO CALERO, R. PAZ-ANDRADE, V. PIñEIRO, R. ARAúXO IGLESIAS, M. GARCíA PICHER, J. (1/1977) Opinións : Adiante a cooficialidade | Teima. (6), 11.
Libros do ccg sobre Valentín Paz-Andrade
Caderno de bitácora de Valentín Paz-Andrade.
2012 | Juan Durán Alonso, Música. Composición. Valentín Paz-Andrade, Autoría.
Cantata breve para recitador, coro e orquestra sobre textos de Valentín Paz-Andrade
Canto do pobo disperso.
2012 | Valentín Paz-Andrade, Autoría.
Pranto matricial na voz do seu autor.
2012 | Valentín Paz-Andrade, Autoría. Afonso Vázquez-Monxardín, Estudo introdutorio. Ramón Villares, Presentación.