25/10/1959 Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1959 / <!--Epistolario singular VPA--> Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1959

25/10/1959
Antonio Baltar DomínguezIsaac Díaz PardoValentín Paz-Andrade
Compartir en

Magdalena 25.10.59


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

No seu día recibín unhas liñas dende Madrid por un amigo de Villamarín nas que anunciabas o pronto envío do proxeuto do Instituto Galego de Economía, pol’o que Baltar segue agardando.
Boeno. A instalación de Celtia tocou fondo e agora queda coidar e amamantar á empresa pra que medre. Eu tomareime un descansiño por ahí, pra voltar axiña de novo sobor Magdalena até findar de darlle un definitivo pulo.
O 22 de Nadal chegarei a Vigo no Salta. Se queredes d’eiquí algunha cousa e me é factible levala, me tes á túa disposizón, eu saio d’eiquí o 5.
Teu libro entusiasmou a quenes o leron. Non podería ser d’outro xeito. E lástima que non poidera circular con intensidade por Galiza, pro xa me decato que non será sinxela a cousa. Non hai ren sinxelo, todo é dificilísimo.
Boeno. A profecía dos ríos non se cumpriu: nen o Teixo nen o outro desbordáronse. O noso destino xa se olla perto de Libia ou Kenia.
E nada máis; agardando apertarvos axiña, vai unha aperta cordial pra ti, pra Pilar e pra Alfonsiño de voso sempre amigo.

Isaac

FICHA DOCUMENTAL