Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal

----

Revista de Economía de Galicia
Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal

Promovida pola editorial Galaxia, publicouse entre xaneiro do ano 1958 e decembro do ano 1968 grazas á iniciativa de Xaime Isla Couto. Da súa intendencia ocupouse só o director, Xaime Isla, coa colaboración de Ramón Piñeiro e de Francisco Fernández del Riego, grupo ao que se incorpora no ano 1963 como subdirector Xosé Manuel Beiras Torrado.
Temos 1 epístola/s relacionada/s con Revista de Economía de Galicia en Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1959-05-20
Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1959
Magdalena (Arxentina) - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1959 en 20/05/1959

Magdalena 20.5.1959



Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Onte recibín as tuas do 11 e 12 cte. e non quero deixar pasar un día sen contestalas.
Conforme con todo. Sen reserva algunha. O citar o nome de Otero mixturado n’unha das miñas cartas tiña un senso distinto ó que entendiche ti (mea culpa). Hai que non deixar gañar concencia literaria ós esforzos e a presenza de don Ramón eiquí pode ser moi ben contrarrestada co proieuto do Instituto e incruso verse obrigado a ter de facerlle unha bendizón.
Agora cómpre que ti envíes o que teñas feito. Non contes con que o teu libro saia denantes do 25 de Xullo. Teñen coma cousa sistemática, está visto, botar os libros á rúa n’ista data. Mais elo non importa porque o do Instituto vai ter unha presencia púbrica distante. O nome do Instituto, e até a súa capacidade de encuadrar cousas, tampouco ten maor importancia, e será a posta en marcha da idea a que vaia alumeando o vieiro máis ou menos definitivo que deba tomar o proieuto. Conforme con que debe ser ahí onde iso ten de desenrolarse prenamente, pro se o pulo orixinal vén o traveso de América terá un sentido distinto á vida do Instituto e o podrá manter na liña que verdadeiramente intresa. As cousas que se fan ahí sen istas prevenzóns son, si positivas, ausorbidas rapidamente por filtros ponzoñados que deixan só un residuo útil, menos cheirentos. Non hai mais que comprobalo coa revista de economía de Galaxia; por moi boa intenzón (que non’a hubo) que tivesen seus redautores de faguer algo por Galicia, hoxe quedouse n’un boletín que non di máis que calquer pubricación periódica de unha banca das que están feitas xustamente coa intenzón de non dicir ren.
Tomo nota de canto me dis pra Citania o cal transmitirei dentro de tres días que penso cear con iles. Mimina embarca o domingo 24 e se hai que levarte algo xa o levará.
Inda non está perdido todo; queda un cabo solto de boa freba que agarrándoo fortemente pode descubrirse un gran mundo pendurado d’il. Mais ise úneco cabo pode perderse ou pudrirse, o que sucederá inexorablemente se non se nada cos pes lixeiros e con ganas de deixar moitas cousas pra agarrar o cabo ise.

Tensas apertas e lembranzas de voso sempre amigo.

Isaac