Entidade: Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra

Entidade: Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1959-04-10
Carta de Seoane a García Sabell. 1959
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1959 en 10/04/1959

Buenos Aires, 10 de avril (sic) de 1959

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela.

Meu querido Domingo:

Recibín a tua carta do 28 de marzo, e agradézoche moito as lembranzas do meu album Doce cabezas. Continúo traballando moito. Traballo sempre. Fixen nistes derradeiros anos diversos muraes con téinicas diversas: vitraes, ferro e bronce, relieves, pintura, etc., pero xa falaremos disto.

Citania acordou o seu aviso dunha páxina pra ise número de Insula. Dieste prometeu a sua colaboración i eu enviareiche o que me pides denantes do remate de avril. E posíbel que a fin de ano vaia a Europa, concretamente a Suiza, onde me invitan a facer duas esposiciós nos museos de Basilea e Berna. Tamén teño propostas de galerías de Milán e Roma, mais non sei si poderei facer ren nistas cibdades, pois teño moito que facer eiquí e non moitos folgos pra viaxar. Fixen cousas novas, afondando o que podo os meus recursos eispresivos. Iste ano diseñei tamén algús mobles e alfombras. Dos muraes uns pintores mozos fixeron un pequeno documental en 16 mms. do que che enviarei unha copia pra que a pasedes nisa e vexades algo do que fixen niste senso. Dinlles un disco da Polifónica de Pontevedra pro acompañamento musical. Isto é todo. ¿Por qué non me escribes unha longa carta falándome dos teus proieitos? ¿Qué é da biografía de Valle Inclán que tiñas en estudo?.

Recibín o teu ensaio sobor Américo Castro que me pareceu moi bon, e que che agradezco. Escríbeme. Eu enviareiche o material de Insula con tempo.

Saudos moi garimosos pra Elena e tí de Maruxa e meus, e tí recibe unha forte aperta de:
Seoane.


1959-07-18
Carta de Seoane a García Sabell. 1959
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1959 en 18/07/1959

Buenos Aires, 18 de xulio de 1959

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela.

Querido Domingo:

Recibín a tua carta onde me das noticia de ter recibido o artigo de Dieste, as fotos de obras miñas e material de Citania pra Insula. Todos eiquí desexamos ver o número e gostaríame que tan pronto saíse me remitises un exemprar por correio aéreo si non é pra tí moita molestia. Por Carmen, a dona de Díaz Pardo, envieiche un corto metraxe sobor dos muraes meus. A película ten ademáis de moitos defeutos, –foi feito por rapaces moi novos que están iniciándose na filmación– o moi notorio de non ter sido feita en coor, que penso é con seguranza o mais importante das miñas obras diste xénero e non abarcar ningún muro na sua totalidade. Mais de calquer xeito, pode ofrescer unha ideia aproximada do que fago. Fíxenlles reproducir un disco da Polifónica pra xunguir dalgún modo o que fago coa terra. Quixera coñecer a tua opinión e a dos amigos sobor do que se pode ver si xa a tedes pasado. Istes días envíoche un novo libro de dibuxos, Figurando recuerdos que está a sair do prelo. E posíbel que tamén a final do ano saia unha peza de teatro que teño entregada a un editor de eiquí feita sobor dun acontecido compostelán do século XVII.

¿Por qué non me escribes unha carta longa sobor dos teus proieitos? Gostaríame moito editar algunha cousa tua en Citania, ¿por qué nonos (sic) envías algún orixinal teu? Agora sal unha monografía de Del Riego. Tamén quixera coñecer os comentarios que tiveches da tua monografía sobor da miña obra. Eiquí gustou moitismo mais non sei ren do que pasou nesa. Ficamos illados de todos. Soios. Pol-a miña parte xa penso se non serei enfermo ao non tratar de esquecerme de todo o que se refire a Galiza, adicándolle tempo e loitando co seu nome nun mundo alleo. Ao remate do ano vamos a Suiza onde teño duas exposiciós, non sei si xa cho escribín, en Basilea e Berna. Estou contento de voltar a Europa, mais tamén sinto deixar de traballar nas miñas cousas durante algún tempo. Isto é todo. Escríbeme.
Un saúdo garimoso de Maruja e meu pra Elena e a aperta fonda pra tí de

Seoane.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoOtero Pedrayo, RamónCarballo Calero, RicardoDíaz Pardo, IsaacDieste, RafaelGarcía-Sabell, DomingoVarela, LorenzoPiñeiro, RamónPaz-Andrade, ValentínHervella, EvelinaCela, Camilo JoséMaside, CarlosCunqueiro, ÁlvaroCastelao, Cuadrado, ArturoFerreiro, Celso EmilioColmeiro, ManuelLaxeiro, Fole, ÁnxelMurguía, ManuelCabanillas, RamónLedo, XohánBlanco Amor, EduardoLapa, Manuel RodriguesMartínez López, RamónBouza Brey, FermínIglesia Alvariño, AquilinoMagariños Negreira, XuliánDelgado Gurriarán, FlorencioValle-Inclán, Ramón MaríaPicasso, PabloArias “Mimina”, CarmenCastro, Rosalía deCabana, Darío XohánPrada, RodolfoÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaRei, LuísNeira Vilas, XoséPorteiro García, María XoséValcárcel, MarcosCampos, Xesús “Chichi”Scheimberg, SimónNúñez Búa, XoséFariña Cobián, HerminiaRónai Pal, PauloPondal, EduardoMuñoz Manzano, CarmenDónega, Marino Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. Álbum de Galiciaartes visuaisasuntos particularesmigraciónsemigraciónautores/asmedios de comunicaciónhistoriapolítica Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero prensa escritaespazos artísticosMulleresFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Celaexilio galegoColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoaneaxentes culturaislinguaA nova Sargadelospoesía Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalFondos de Radio Nacional de España en GaliciaÁlbum Nósexilioradio“cartografías” do Álbum de mulleresdereitoLingua. LiteraturanacionalismoMulleres no Álbum de GaliciaColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeensinoHistoria da Literatura Galega ContemporáneamúsicapremiosColección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón PiñeiroetnografíaFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolLibro de TapasFardel d’eisiladosociedadeGalería Boninoteatroartes escénicasentrevistanovelapatrimonioviolencia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0