Persoa: Eduardo Moreiras

Persoa: Eduardo Moreiras [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-02-23
Carta de García Sabell a Seoane. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 592116/SANTIAGO

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1978 en 23/02/1978



23-II-1978
Sr. D.
Luis Seoane
BOS AIRES

Querido Luis:

Recibín a tua carta. Sinto o da gripe, pero é cousa que hoxe resulta inevitabel. Coidate sempre. Tí eres forte –xa o teñes demostrado– e non me preocupan isas pequenas doenzas, sin maior transcendencia.
Vexo que sigues a traballar dun xeito sistemático, contínuo e fecundo. Non te esquezas de remesarme, cando saian, os teus novos libros de grabados. Interésanme moito.
Sinto que non espoñas en Milán, aínda que comprendo o teu cansacio. A mín, no meu eido, acontéceme o mesmo. Son escesivas as obrigas que cangan sobor de ún. En fin, non nos laiemos.
Eu ando metido nunha actividade cáseque frenética. O Senado, as Comisións que me visitan e piden a miña intervención, –hoxe mesmo viñeron uns paisáns das Encrobas a pedir que eu os apoie, pois o resto dos parlamentarios non fan ren, e axiña lles dixen que estaba disposto a loitar polos seus dereitos onde fora e cómo fora–. Imos preparar, xa que logo, unha estratexia axeitada a ver si acadamos que non rouben o que é deles. Xa che terei ao tanto diste choio.
As conferencias –niste mes levo dadas sete, cinco en Galicia e duas en Madrid–. E, derradeiramente, o oficio de curador, que pide moito. En suma, un trafego contínuo. Agora estou tan esgotado que marcho á Coruña a descansar tres días seguidos. A leer e a escoitar música.
Os López de Gomara –apelido de conquistador español– aínda non apareceron por eiquí. Cando veñan, atendereinos con todo agarimo.
Por correo aparte envieiche a reseña periodística dunha intervención parlamentaria da Totora. Verás por ela que a miña calificación de conducta circense estaba plenamente xustificada. ¡Cánto dano fai ista muller ao bó nome de Galicia!
Xa saberás que ardeu gran parte do Pazo de Meirás. O incendio foi provocado. Por fortuna, salvóuse a biblioteca da Pardo Bazán. O resto, polo que nos contan, era morralla, bisutería, mala pintura e obxetos de valor arqueolóxico froito da rapiña disa curuxa que é a viuda do dictador. ¡Coarenta anos roubando, amasando millóns, e nin tan siquera un cadro de firma importante! Un mal gusto de militar español.
Pasado mañán ingresará na Academia Galega Mariñas del Valle. Denantes xa o fixeron Eduardo Moreiras e Valentín. Nún mes, tres numerarios novos. Coido que a cousa non vai mal. Tamén salvei un atranco económico. E o domingo celebraremos a primeira sesión ordinaria na nova casa. Polo de agora soio é unha ocupación provisional. A inauguración oficial terá lugar cando rematemos algúns detalles de instalación para os que precisamos cartos que eu ando a pedir por todas partes.
Unha apreta ecumenica de Elena e miña para Maruxa e para tí. Sempre voso,

Domingo


1978-03-07
Carta de Dónega a Luís e Maruxa Seoane. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Dónega a Luís e Maruxa Seoane. 1978 en 07/03/1978

A Coruña, 7.III.1978

Maruxa e Luis
Buenos Aires

Queridísimos amigos:

Ao fin, soupemos de vós. Tiñámos noticias indirectas, via Paris, verbo dunha perturbación na saúde de Luis. E preocupámonos. Logo enterámonos de que a cousa non fora seria. E tranquilizámonos. Despois xa nada nos extrañóu a vosa tardanza porque sabíamos do mes que precisades pra vos readapar á vida porteña.

Nós, coma sempre. Fernanda, a todo gas, correndo, bulindo, ordenando, mandando, conducindo, traballando, xestionando e aconsellando sin acougo. Agora quéixase dunhas sístoles e diástoles camiñando ao par dela velozmente, atoladamente, axeitadamente, intermitentemente. Eu non séi que vai ser da miña Fernanda con tanto trafego. O Fernando, cabaleiro namorado, clásico e fillo, neto e bizneto de burgueses, prestando os seus servicios profesionáis a un sindicato obreiro, correa de transmisión –como agora se dí– dun partido político á esquerda do PC. Cousas da vida. E eu, atufado polo bufete e máis polo García Sabell na Academia sin esquecer aos acreedores da Corporación, que andan atrás miña, como tesoureiro, para cobrar.

Falando da Academia, ingresaron nela coa lectura dos seus discursos Eduardo Moreiras (poesía e realidade), Valentin Paz Andrade (o idioma galego no Brasil) e Xenaro Mariñas del Valle (público e teatro). Contestamos, respectivamente, del Riego, Cunqueiro e máis eu. Foron uns belidos discursos, aínda que o Valentin dóunos a murga cunha mala lectura, debida, sin dúbida, polos seus atrancos visuais.
Da nosa preautonomía, nada. O Goberno pisou o freno, paróu o choio e semella virar á dereita. Con todo, vénse observando nestes ultimos dias unha tímida actividade nos partidos políticos galegos, e unha lixeira presión dos parlamentarios sobre o Goberno. Veremos. A min o tema xa me ten aburrido.

O Isaac, como de costume. Quérese decir, argallando. Sigue ás voltas co xornal, coa apertura da tenda de Sargadelos en Santiago, e coas obras do edificio que ha albergar provisionalmente ao Museo. E coa teima iglesiascorrialán. O Rafael Dieste, estupendo. Perfecta, intelixentemente adaptado á súa perda visual, está máis falangueiro que nunca e xeneroso na comunicación dos seus saberes aos demáis. Eu xa lle digo que vou levar un magnetófono disimulado candia min para cando el morra editar libros co meu nome e as súas ideas. Ríse e dí que non estaría mal.

Estou arranxando as miñas cousas para unha viaxata a Salamanca, onde o del Riego, o Baliñas e mais eu estamos invitados –días 16, 17, 18 e 19– a un coloquio sobor La convivencia de culturas en la península Ibérica. Asistirán intelectuáis portugueses, cataláns, vascos e casteláns.
Levamos un inverno bravo. Frio e auga a esgalla. E vós, tan ricamente, coas vosas idas e vidas, vivindo nun perpétuo vran. Así calquera.
Cinguidísimas apertas de nós os catro pra vós os dous.

Dónega


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacVarela, LorenzoArias “Mimina”, CarmenDieste, RafaelPicasso, PabloScheimberg, SimónDíaz, XoséDónega, MarinoGarcía-Sabell, DomingoGil Varela, ÁlvaroLaxeiro, Falcini, LuísPaz-Andrade, ValentínGerstein, MarikaZegrí, ArmandoRey Romero, JoséFernández del Riego, FranciscoCuadrado, ArturoSofovich, BernardoMiró, JoanLifschitz, RafaelCastelao, Blanco Amor, EduardoDíaz Arias de Castro, CamiloPayró, JulioGerstein, NoemíAlberti, RafaelBurd, LipaVázquez Freire, José LuísWhitelow, GuillermoGoya, Francisco deBaudizzone, LuísDíaz Dorado, DiegoNegri, Tomás AlvaMaside, CarlosNegri, NélidaBurd, EstherNogueira, FedericoPalmás, RicardoPiñeiro, RamónMuñoz Manzano, CarmenLifschitz, EmmaIglesias Corral, ManuelTorrallardona, CarlosPerón, Juan DomingoDíaz Arias de Castro, RosendoFernández-Albalat Lois, AndrésAzcoaga, Enrique Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artes visuaisautores/asasuntos particularesColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneliteraturaA nova SargadelosGalería Boninopolíticamigraciónsmedios de comunicaciónemigraciónprensa escritahistoriaartes escénicaspremiosExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Galería Sargadelos de BarcelonacineExposición de Luís Seoane. Münster. 1967Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967radioMartín FierroExposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967Fábrica de Porcelanas La MagdalenaExposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery InternationalPadroado do Museo Carlos MasideFondo Nacional de las ArtesExposición de Luis Seoane. Madrid. 1970Premio PalanzaGalería Sargadelos de MadridBestiario, de A. GirriExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973Seminario de Estudos GalegosPedrón de OuroEdiciós do CastroMetropolitan Museum of ArtmúsicaBienal de VeneciaAcademia Nacional de Bellas Artes [Arxentina]BauhausExposición de Luís Seoane. Bonn. 1968Galería Biosca (Madrid)exilioArt NouveauperonismoLas Meninas, de PicassoExposición de Luís Seoane. Madrid. 1975Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0