Persoa: Carmen Polo

Persoa: Carmen Polo [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-02-23
Carta de García Sabell a Seoane. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e membrete:] DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 592116/SANTIAGO

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1978 en 23/02/1978



23-II-1978
Sr. D.
Luis Seoane
BOS AIRES

Querido Luis:

Recibín a tua carta. Sinto o da gripe, pero é cousa que hoxe resulta inevitabel. Coidate sempre. Tí eres forte –xa o teñes demostrado– e non me preocupan isas pequenas doenzas, sin maior transcendencia.
Vexo que sigues a traballar dun xeito sistemático, contínuo e fecundo. Non te esquezas de remesarme, cando saian, os teus novos libros de grabados. Interésanme moito.
Sinto que non espoñas en Milán, aínda que comprendo o teu cansacio. A mín, no meu eido, acontéceme o mesmo. Son escesivas as obrigas que cangan sobor de ún. En fin, non nos laiemos.
Eu ando metido nunha actividade cáseque frenética. O Senado, as Comisións que me visitan e piden a miña intervención, –hoxe mesmo viñeron uns paisáns das Encrobas a pedir que eu os apoie, pois o resto dos parlamentarios non fan ren, e axiña lles dixen que estaba disposto a loitar polos seus dereitos onde fora e cómo fora–. Imos preparar, xa que logo, unha estratexia axeitada a ver si acadamos que non rouben o que é deles. Xa che terei ao tanto diste choio.
As conferencias –niste mes levo dadas sete, cinco en Galicia e duas en Madrid–. E, derradeiramente, o oficio de curador, que pide moito. En suma, un trafego contínuo. Agora estou tan esgotado que marcho á Coruña a descansar tres días seguidos. A leer e a escoitar música.
Os López de Gomara –apelido de conquistador español– aínda non apareceron por eiquí. Cando veñan, atendereinos con todo agarimo.
Por correo aparte envieiche a reseña periodística dunha intervención parlamentaria da Totora. Verás por ela que a miña calificación de conducta circense estaba plenamente xustificada. ¡Cánto dano fai ista muller ao bó nome de Galicia!
Xa saberás que ardeu gran parte do Pazo de Meirás. O incendio foi provocado. Por fortuna, salvóuse a biblioteca da Pardo Bazán. O resto, polo que nos contan, era morralla, bisutería, mala pintura e obxetos de valor arqueolóxico froito da rapiña disa curuxa que é a viuda do dictador. ¡Coarenta anos roubando, amasando millóns, e nin tan siquera un cadro de firma importante! Un mal gusto de militar español.
Pasado mañán ingresará na Academia Galega Mariñas del Valle. Denantes xa o fixeron Eduardo Moreiras e Valentín. Nún mes, tres numerarios novos. Coido que a cousa non vai mal. Tamén salvei un atranco económico. E o domingo celebraremos a primeira sesión ordinaria na nova casa. Polo de agora soio é unha ocupación provisional. A inauguración oficial terá lugar cando rematemos algúns detalles de instalación para os que precisamos cartos que eu ando a pedir por todas partes.
Unha apreta ecumenica de Elena e miña para Maruxa e para tí. Sempre voso,

Domingo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Agra Romero, María Xosé;  Cabanas, Constantino;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández Albor, Gerardo;  Barreiro Rivas, Xosé Luís;  Castelao, ;  Fraga Iribarne, Manuel;  García-Sabell, Domingo;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Cañas, Pilar;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Perón, Juan Domingo;  Scheimberg, Simón;  Paz-Andrade, Valentín;  Rosón, Antonio;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Piñeiro López, Ramón;  Fernández Lores, Miguel Anxo;  Sofovich, Bernardo;  Murguía, Manuel;  Picasso, Pablo;  Falcini, Luís;  Pita, Luis;  González Laxe, Fernando;  Montero Díaz, Santiago;  Dónega, Marino;  Peña, Marina de la;  Fernández del Riego, Francisco;  Rajoy, Mariano;  Laxeiro, ;  Cabeza de León, Salvador;  Arias “Mimina”, Carmen;  Quiroga Suárez, José;  Gerstein, Marika;  Alberti, Rafael;  Tobío Fernández, Lois;  Lifschitz, Rafael;  Rama, Carlos M.;  Shand, William;  Lanusse, Alejandro Agustín;  Cuiña, Xose;  Beiras, Xosé Manuel;  González Mariñas, Pablo;  Gómez Román, Manuel;  Díaz Dorado, Diego;  Faraldo, Antolín;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  entrevista;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  xustiza;  ensino;  feminismo;  filosofía;  Mulleres;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  nacionalismo;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  historia;  acción política;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  prensa escrita;  autores/as;  migracións;  economía;  emigración;  organizacións;  medios de comunicación;  Parlamento de Galicia;  Procesos electorais;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  nacionalismo galego;  educación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  galeguismo;  industria;  eleccións;  exilio;  A nova Sargadelos;  ensaio;  peronismo;  arquitectura;  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  cultura;  sindicalismo;  Transición;  Eleccións ao Parlamento de Galicia. 1981;  socioloxía;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  cine;  reconversión naval;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0